Volume 3 Número 1 Ano 2006
Autor:Jesús Bande Cid
ENERXÍA E MEDIO AMBIENTE
Autor: Jesús Bande Cid
Galego
Ata que punto estas palabras son compatibles é algo difícil de dicir. Poderiamos atopar argumentos a favor e en contra, pero antes de lanzarnos por un camiño ou outro fago as seguintes reflexións.

Dende sempre a enerxía foi necesaria para o desenrolo normal de calquera sociedade,pero o incremento do consumo é algo que medrou de xeito exponencial dende os tempos da revolución industrial, que poderiamos fixar como a data ou época que marcan un antes e un despois no consumo enerxético.

O que debemos de aceptar e que o consumo enerxético está ligado ó desenvolvemento industrial. E con este crecemento desmesurado comezan os problemas. A todos nos gusta gozar dos grandes beneficios que nos aporta a tecnoloxía como a luz eléctrica, o uso de todo tipo de aparellos electrodomésticos, viaxar, mercar utensilios a baixo custo...Pero para acadar isto hoxe estamos pagando un prezo de consecuencias non controladas.

Hoxe, para disfrutar destas vantaxes, os recursos enerxéticos dispoñibles son o carbón, o petróleo,gas, enerxía nuclear e con un porcentaxe moi baixo, enerxías das chamadas limpas (hidráulica, eólica, solar, biomasa...) O uso indiscriminado dos recursos está causando como pouco unha grande contaminación, cambios climáticos, esgotamento de recursos con consecuencias impredecibles de crises, etc.

Parece claro que debemos controlar o consumo e preocuparnos un pouco polo chamado “Crecemento sostible” que nos permita o desenvolvemento sen causar a destrución do planeta. Desgraciadamente as chamadas enerxías limpas non son a solución, anque o problema poden mitigalo.

Se nos fixamos na enerxía hidráulica non todo son vantaxes, posto que a construcción de encoros non permite o normal crecemento das especies que de sempre estiveron nos nosos ríos. As fluctuacións de épocas de choivas a épocas secas fai que os leitos nalgúns ríos non sobrepasen o caudal ecolóxico ca fatal consecuencia de morte para as especies. Ademais a cantidade de enerxía que podemos aproveitar dos ríos supón unha baixa porcentaxe da demanda.

A enerxía eólica está sendo hoxe moi aproveitada, esupón unha axuda importante a alta demanda enerxética, aínda que o impacto visual sexa discutible e a cantidade aproveitada pequena con respecto o total necesario.

A enerxía fotovoltaica,segue a ser algo simbólico en canto á cantidade producida pero é o claro referente das enerxías limpas. E tanto é así que as compañías petroleiras utilízana como estandarte para limpar a mala conciencia, sendo elas as fabricantes de paneis solares como é o caso de BP ou Shell das que por unha banda o seu verdadeiro negocio á o petróleo pero promoven como factor propagandístico e de imaxe o uso da enerxía solar.

Está claro a necesidade do uso racional da enerxía, e tanto é así que a nivel mundialxa se ven iniciativas como o establecido no “protocolo de Kioto” que pretende que todos os países se comprometan e participen na consecución dos obxectivos propostos de reducción de contaminación.

Despois disto xa vemos o problema. Necesitamos a enerxía pero con certos condicionantes:

Non contaminante, e compatible co medio ambiente
Abundante
Barata
Pero de todas as coñecidas ningunha cumpre os tres requisitos. A que é limpa é cara e pouco abundante; a que é barata e abundante é contaminante. E o obxectivo é non contaminar. ¿Que facer?

Pois a solución non é doada, xa que os recursos abundantes e “baratos” como son o petróleo e a enerxía nuclear non son moi compatibles coa baixa contaminación, ademais, engadir que aínda que tecnoloxicamente aparecese unha alternativa viable que cumprise os tres requisitos ¿Que posición sería a destes monstros multinacionais que controlan o mercado do petróleo?

Se se está disposto a matar, como sucedeu nas últimas guerras coa intención máis ou menos velada do control deste recurso enerxético, parece que o futuro da hipotética alternativa viable non resulta tan sinxela de implantar como cabería esperar.

¿E que podemos facer de forma individual?

Pois podemos facer moito. Empezando pola educación e pasando a unha implantación de cultura enerxética baseada no consumo moderado. Porque a enerxía que menos contamina é a que non se consume.
Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadass@gmail.com
alzia.net