Volume 8 Número 3 Ano 2007
Autor:Amparo González Manso
POR QUE NON NOS ATOPAMOS BEN NO MUNDO COTIÁ?
Autor: Amparo González Manso
Galego
O gran problema que temos hoxe en día é o baldeiro que nos deixa todo o que facemos. Intentamos enchelo con cousas ( música forte, bebidas de todo tipo, conversacións sen sentido...); non nos damos conta de que temos poucos anos para vivir e que deberiamos aproveitalos ata o último segundo.

Cada vez que o péndulo dun reloxo vai e vén, xa ese tempo pasou e endexamais volverá. Todo ten un límete, e ese límite non o marcamos nosoutros, senón que nolo marcan dende fóra. Se nos paramos a pensar no reloxo, dariámonos conta do efémera que é a nosa vida. Ese ditoso reloxo non se detén, segue e segue marcando todos os instantes da nosa vida, independentemente de que a vivamos ben ou mal. Por iso, fagamos as cousas o mellor que poidamos antes de que nos pechen o paso.

Para poder atoparnos mellor no día a día, mirémonos dende dentro, como se mira un mosteiro ou unha catedral; tratemos de atopar todas as pezas do noso crebacabezas ( as nosas envexas, fracasos, angustias). Dende aí, vexámonos tal e como somos, e intentemos ser legais cos que nos rodean.

Cando temos un xeonllo inflamado, vémolo, sentímolo e imos ó médico. Pero cando sentimos dor porque a outro lle toca a lotería ou lle vai ben na vida, que pasa? Non nos damos conta da inflamación interior que padecemos e que non nos deixa ser felices?

É importante ter empatía cos que nos rodean para poder entender a nosa propia realidade!

Resumindo, se valoramos cada instante da nosa vida, aproveitaremos mellor o tempo que teñamos cada un de nós, valoraremos o tempo dos demais e seremos máis felices porque faranos ver que servimos para algo.

Eu non sei se isto serve para algo, pero é un pensamento que me parece, debería ser un acicate para controlar mellor o tempo en todas as accións da nosa vida.

Vivamos e axudemos a vivir ós demais, iso faranos moito máis felices.
Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadass@gmail.com
alzia.net