PARRAFEO 2018.- 1ª Parte
Autor:Amelia González Iglesias
PARRAFEO 2018.- "CANTO PEOR, MELLOR".- 1ª Parte
Autor: Amelia González Iglesias
Galego

Antonio, Hixinio e Héctor, lendo o parrafeo 2018


PARRAFEO 2018 :  “Canto peor, mellor”

1ª Parte

 

Ola veciños, veciñas!
Con alegría e nostalxia
nos reunimos aquí, para despedir o ano.
Ano con luces e sombras,
con moita door e tamén con alegrÍas.
Intentaremos contar as novas de este ano
con esperanza e ilusión, dándolle un toque de humor,
mirando sempre o futuro
para ser dignos herdeiros dos que nos precederon.
Por eles e para eles!


Non manteremos a orde das noticias no tempo,
moitas delas culebróns
que inda non tiveron fin.
Sobresaltos se producen cada día.
Todo cambia nun momento.
O presente e o pasado se confunden.
Xa nin hai, primavera nin outono.
Igual se celebra o Entroido no verán,
que as rebaixas de Xaneiro,
en Novembro se celebran.
Con tanta globalización,

as noticias, en todo o mundo, eco teñen.


Co problema que ahora hai,
secuestrando a liberdade de expresión
por eses que medo a verdade teñen,
nos temos medo a pasarnos.
É por eso que quizais nos quedemos curtos,

na dureza da expresión.

 

A piques de rematar o ano dazasete,

Carmen Franco nos deixou

e como nova Duquesa,

Carmencita xa quedou.

Parte da herdanza de Franco,

de dudosa adquisición,

dígase Pazo de Meirás,

en venda pronto o puxeron.

Reclamado é por o pobo,

quen sabe que pasará…

Atado está, ben atado!

 

En Febreiro, Marta Sánchez co himno nos alegrou

e animados catro Ministros,

o mes seguinte, en Sevilla,

moi apasionadamente cantaron

o Himno da Lexión.

Mal pensaron que os poucos meses,

sen posto ían quedar.

E Cospedal unha deles, debeu de desafinar.

Villarejo foi gravando este e outros desafinos

e co rabo entre as pernas, se tivo que marchar.

 

A verdade é, que o “caso Villarejo”

é digno de reflexión.

Que mente mais retorcida!!!

Quen se salva de non ter algo

de que avergonzarse?

Cantos Villarejos hai?

 

Foi este, ano moi movido!

A primeira foi Cifuentes

co seu máster e as cremas,

a que deu pe o movemento.

A duda entrou sobre a Universidade.

O prestixio da Juan Carlos,

por o chan se quedou,

perxudicando ós de honrada actuación.

Canta merda!

 

A “casiña” de Pablo Iglesias,

moito nos diu que falar,

porque pequena non é,

pero é para dous mellizos tamén…, nada menos!

Tanto escándalo se armou,

que en Podemos forzaron unha votación,

para ver se Pablo e Irene, seguían ou non…

 

Por sorpresa a finales de Maio,

a corrupción, como un ciclón,

deixa a Rajoy derrotado.

Quen o diría, tan seguro como estaban,

cos presupostos xa aprobados.

O Goberno con gran poderío

e grande seguridade estaba.

 

O mesmo día que Rajoy derrotado saía

de aquel restaurante, no que estivo refuxiado,

outra noticia nos medios hai:

“Un lince desaparecido dende facía dous anos en Portugal,

en Barcelona apareceu”.

Quizás Rajoy, que é un “lince”,

arrepentido, nese momento pensara en desaparecer,

sentindo ir tamén, a por paz en Barcelona.

Pero non, foise de REXISTRADOR.

 

Rajoy deixou o PP moi tocado.

Enseguida moi repostos, empezaron a moverse,

dentro e fora do partido.

E como animal ferido, o partido

busca como meter o dedo no ollo

do que agora é goberno.

 

Sánchez envalentonado, co título de Presidente,

rodéase de Ministros e Ministras

de demostrado prestixio, case todos.

E empezaron a darlle a saco.

Dimisións, tocados varios ministros…,

ata as cores fixeron sair na cara do Presidente

por a súa tese, que seica moi brillante non era.

Con moito medo, o Goberno da “un pasito adelante, un pasito para atrás”

en temas comprometidos…

 

A esquerda ten pes de barro,

e a dereita pes de plomo.

O baile mellor lle sae a dereita,

están mais acompasados.

 

E aí está VOX, con man firme,

caza e toros.

Percorrendo toda España, a toda velocidade,

a Ourense xa chegaron o 14 de Decembro.

Defensores da familia, queren  mulleres sumisas,

a poder ser na casa.

Hai que conservar a familia numerosa e unida.

Que medo da!!!

 

A xente está descontenta

e farta quere gritar.

Foi ano dos XUBILADOS na calle.

Expertos sufridores, acostumados a loita.

Descontento manifestan en Sanidade, na Enseñanza,

en Xustiza e os Bombeiros.

ALDECOA en peligro por o peche está.

Os productores de MEL, con voz firme e coidada,

denuncian a invasión fraudulenta de outras meles,

que por o seu baixo precio se apoderan do mercado. Suma e sigue…

 

No outro lado da fronteira,

os franceses, revolucionarios de pro,

con chalecos amarelos, piden xustiza e a Macrón que se vaia…

Os ingleses que se queren ir de Europa, e non se acaban de ir.

E Xibaltrar por o medio,

pendente de cómo o Brexit o deixará.

O que nos faltaba: Mérkel vaise,

a única respetada,

que parecía conter ós ultras do seu país,

dialogante, anque firme, na Unión

e que man esquerda co ruso, tiña tamén.

 

O problema catalán e difícil de arreglar.

Vai de largo, porque algúns sempre se quixeron ir,

pero ahora o número en aumento vai.

Este asunto moi triste é.

Radicalismo por unha e outra parte,

farsas de folgas de fame,

falsedades e mentiras,

fomentan odio e rencor.

Un asunto ó que a gracia costa ver.

 

Con tanta globalización, xa nada está no seu sitio.

Os cartos e os mercados mandan.

Os políticos reúnense unha e outra vez,

pero non resolven nada.

Sufre a Terra, destrúese a Natureza,

sufre a xente… Que mais da.

O importante é a pela!

 

Juan Carlos está triste.

Os amores perigosos con Corina,

na cárcel Urdangarín, seu xenro amado,

as fotos imprudentes co Príncipe Saudí…

Todo esto, factura lle pasará!.

Admirable o aplomo e bo estar de Sofía,

a súa beira no Congreso, cas que lle fixo pasar…

Incluso se a vía cariñosa! Claro que lle vai no soldo…

 

Están todos a temblar na Casa Real,

porque sen privilexios temen quedar…

 

Pobre Urdangarín.

Está só e con ganas de falar.

Seica pediu ós funcionarios conversación.

Síntese fora de sitio.

Quen llo ía a decir?

 

Rato tamén está na cárcel,

o entrar pediu perdón.

Él non, non quere ver a outros presos do PP.

É “rato” de biblioteca, fala cos libros.

Tampouco pensou entrar, onde ahora está.

 

No mes de Xuño tamén,

terremoto hubo no fútbol en España.

Cesamento do entrenador da selección,

ás portas do Mundial!

Lopetegui acusado de traición por irse o Real Madrid.

Mal lle saíu a xogada! O pobre pouco durou!

 

Ríos de tinta correron,

DOUS DIMITIDOS a un tempo!.

Non sei cal interesou mais en España,

o cese do Presidente ou o do entrenador?

Seguro que en Arxentina, ganaría o entrenador.

 

Unha mención especial

a Selección Femenina de Fútbol

CAMPEONAS do MUNDO,

símbolo de igualdade e normalidade.

Porque igualdade é o que queren as mulleres para todo,

estar en primeiro plano tamén cos homes,

o lado non sempre detrás.

Poder facer, vestir, sair como e cuando elas queiran.

Ser libres para vivir, na casa e tamén na calle.

Non ir con medo ás “MANADAS”.

 

Porque iguais si que somos

e anque sempre se pensara que non, según un estudio científico,

tamén a idade dos homes,

influe para ter fillos… De nada vale presumir!

 

NOTICIAS deste ano hai que dar, de forma moi especial:

 

-IDA VITALE, muller urugualla de 95, Premio Cervantes.

Todo un exemplo

-Arabia Saudí AUTORIZA conducir ás mulleres.

Xa era hora!

-ETA pide perdón.

Menos mal, non é sen tempo.

-Abrazo dos dous dirixentes coreanos!

Que ben! Que ese abrazo dure.

-India SUPRIME a lei que prohibía a homosexualidade.

Dereito humán, normalidade!

-ELEXIDA a película Campeones como candidata os OSCAR.

É un canto á igualdade.

-DESCÚBRESE auga en Marte.

Supoñemos sen contaminar.

-PRODÚXOSE un eclipse total de LUA, o mais largo deste siglo.

Sorte os que o poideron ver…

-Devólvese a sanidade universal en España mediante decreto.

Un dereito.

-Temos DESFIBRILADOR en SEIXALBO.

Os primeiros do entorno, todo un luxo.

ACLARACIÓN. Unha noite cando ía para a casa, preguntoume unha persoa:

A quen hai que pedir o vibrador?

-Sexamos serios…Que eso non é un xoguete.

O desfibrilador protexe, o outro provoca.

 

Música, teatro e fútbol,

son esencia de Seixalbo,

con moi alta tradicción.

 

O coro parroquial, axúdanos a rezar.

O grupo de homes “Cantigas de Seixo”, animan as celebracións,

(sobre todo si hai pinchos).

Teñen voces en común,

os dous comparten espacios

gozan de fama tamén, fora das nosas fronteiras.

O fútbol ten ó pobo entusiasmado,

a afición sigue ó equipo animando e aplaudindo.

O equipo os alegra con bon xogo e moitos éxitos.

 

O teatro é un reclamo de risa e fantasía.

Que entusiasmo en actores e en público.

Sempre se espera algo mais.

Está alcanzando un nivel moi alto,

onde a creatividade, o traballo

e o estímulo do éxito, non teñen límite.

 

Seixalbo é un pobo vivo,

así o demostran os feitos,

que seguimos a contar.

 

O día de Reis en Penouzos é unha cita obligada,

O TEATRO non faltou, “Caperuchiña medrou”.

Foi unha homenaxe as árbores castigadas polo lume.

Entrega de agasallos para os nenos pintores de tarxetas de Nadal.

E tamén houbo saudos e conversa entre os veciños asistentes.

 

Logo chegou o Entroido con Paquita e Nicanor e tamén o Vicentiño.

Canta xente traballou para que a honra a estes MECOS,

nin a choiva, nin o frío lle quitasen esplendor!

O programa se cumpriu!

 

Ata os nenos do colexio de Seixalbo,

tal como estaba previsto, se achegaron,

enchendo de vida e colorido as rúas do noso pobo.

 

Dado o entusiasmo da xente,

o esforzo da comisión

e os milagros de QUINTELA que a todo da solución,

carpa, escenario, o bar e boa organización,

produxeron nesta festa tremenda satisfacción.

 

CENTENARIO do RELOXO, unha festa extraordinaria

que promove Agromadas, ca participación da Parroquia e a Asociación Veciñal.

Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadas@seixalbo.com
alzia.net