Volume 6 Número 1 Ano 2007
Autor:M. Herminio Iglesias Vázquez
FRIVOLIDADES CO HIMNO GALEGO
Autor: M. Herminio Iglesias Vázquez
Galego
Nun acto solemne celebrado no Parlamento galego, por mor do vintecinco aniversario do seu nacemento, interpretouse nunha versión guitarrística aflamencada o himno oficial de Galicia, interpretación que eu califico como fóra de lugar e, polo tanto, frívola e desafortunada. E non o digo polo intérprete ao que non lle hai que poñer reparo. Eu fago esta afirmación en base ao seguinte argumento.

Experimentar na música e mezclar estilos sempre foi interesante. Das mesturanzas rítmicas e da mezcla de melodías e timbres sonoros naceron músicas que deron lugar a novos estilos. A música non é unha arte pechada. Máis ben é todo o contrario. É algo aberto e permeable que sempre se está refacendo. Non obstante, todo o que afirmei anteriormente, non debe ser posto en práctica nos actos institucionais. E menos cando se interpreta unha partitura, neste caso un himno, que representa a unha colectividade. A razón é que se poden ferir sensibilidades, pois non estamos nun lugar aberto á interpretación libre nin á mesturanza de músicas alleas á nosa idiosincrasia e cultura, e menos á improvisación sin máis.

Queda claro que todo o que digo é sumamente discutible, pero parece que, nestes actos solemnes, non é recomendable.

Sen pretender azuzar máis no asunto, e entendendo que todos os instrumentos, sempre que as súas capacidades técnicas llo permitan, son dignos para interpretar un himno. Pero sempre recollendo o seu sentir, polo tanto seguindo o espíritu da partitura oficial. O demais é saír fóra do establecido e córrese o risco de caer en convertir algo serio nunha interpretación chafalleira que despersonaliza e pode mancar a máis dunha persoa.

Tratando de aportar algo positivo para que noutras ocasións se poida tocar o noso himno, humildemente fixen un arranxo para guitarra Clásica da fermosa música de Pascual Veiga, para que, todos aqueles que o desexen, o poidan interpretar. Neste senso, aínda que simplificando, tratei de ser o máis fidel posible á música orixinal.

Xa para rematar, direi que empreguei a tonalidade de Re Maior, pois para a voz e a guitarra é moi axeitada. A partitura orixinal de Pascual Veiga está en Fa Maior.

Fai click para agrandar...
Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadass@gmail.com
alzia.net