Revista dixital 'A Solaina'
TORREVELLA
M. Herminio Iglesias Vázquez
VOLVE O TORREVELLA Manuel Herminio Iglesias No medio de novas cargadas de incertidume sobre o que acontece no mundo, e dentro del en Venezuela, co desexo de que  haxa eleccións libres e......
[Ler máis]
Arredor dunha bica
Lectura de "El corazón helado"
Data: 13/04/2019 01:00
Lugar: Seixalbo


Apuntes sobre a autora

Almudena Grandes naceu en Madrid en 1960. Deuse a coñecer en 1989 coas Idades de Lulú, XI Premio La sonrisa vertical.

 Desde entón o aplauso dos lectores e a crítica non deixou de acompañala. As súas novelas Te llamaré viernes, Malena es un nombre de tango, Atlas de geografía humana, Los aires difíciles e Castillos de cartón, xunto cos volumes de contos Modelos de mujer e Estación de paso e o recompilatorio de artigos Mercado de Barceló, convertérona nun dos nomes máis consolidados e de maior proxección internacional da literatura española contemporanea. Con Corazón helado, escrita cun ritmo absorvente e unha intelixente dosificación das emocións, Almudena Grandes entréganos sen dúbida a súa novela máis ambiciosa, na que, valéndose dunha arquitectura complexa e cegadora, traza un panorama vigoroso da historia recente do noso pais.

Comentarios

Un libro moi denso, que costa ler. Que mistura situacións de guerra cos avatares das familias e que ven a evidenciar as trampas e os roubos e tropelías de todo tipo que se cometen cando non hai xustiza nin autoridade senón só imposición.

        É unha novela sobre a historia, non unha novela histórica, que se desenrola durante a guerra civil e a 2ª guerra mundial.

Algunhas anécdotas xa as lin en outros sitios, como “Franco está a 4,50 pesetas de taxi del centro de Madrid”, referíndose o cerca que estaban as tropas franquistas.

Para min son tres historias contadas en un mesmo libro, unidas por lazos de amizade ou mesmo familiares que por culpa das “inútiles guerras”, ( e volvemos coas guerras), conflúen nun final inesperado.

Ten algunhas pequenas historias, dentro do libro, que me conmoven, a relación de Anita e Ignacio, algunha referencia, inda que sexa moi de pasada, os campos de refuxiados nas plaias do sur de Francia.

E ten algunhas frases para recordar, “El todo es la suma de las partes, cando las partes se ignoran”, “Una emerxencia es lo que ocorre cando el todo es mas que la suma de las partes”.

Álvaro un home dividido entre dous pais, o que coñeceu e o que vai descubrindo, entre dúas mulleres, a que coñece e a que é en realidade.

En resumo, historias de pasións e miserias humanas máis que de feitos políticos.

- Libro cunha historia interesante e real. Ás veces intrigante e ás veces pesado. Sobre a autora, considéroa unha boa escritora.

-Libro para lectores moi reflexivos e analíticos. Entusiasmoume o debate en torno a el.

- Libro denso e espeso que non recomendaría para un grupo coma o noso. Agradecerlle á escritora  o seu afán por escribir sobre a guerra civil que parece, aínda hoxe, un tema tabú.

- A través de Álvaro, a autora danos a súa visión do complexa que é unha sociedade. A partir de dúas fórmulas da física, suma das partes e a dos aneis un deles caótico, vai contándonos como ve ELA a cada personaxe. Eu tiven que ir anotando o nome de cada un.


Lectura de "Por amor a ti, meu fillo"
Data: 13/04/2019 00:00
Lugar: Seixalbo


Notas biográficas

Autora: María José Rodriguez

Axente de Publicidade titulada, Técnica en Márketing, Diplomada en Relacións Públicas e Protocolo, e Máster en Dirección Comercial e Márketing, pola Escola superior de Negocios Caixanova.

A súa ampla traxectoria profesional divídese, por unha banda, en traballos como formadora de cursos da súa área de espelización en Cámaras de Comercio, Asociacións de Empresarios, Concellos, IFES, institutos universitarios, etc.

Ademais de traballar no Departamento de Publicidade de Radio Pontevedra, foi locutora dun programa deportivo en Antena 3 Radio na devandita localidade, e Directira da Axencia de Publicidade Trazos en Pontevedra, desenvolvendo campañas importantes en toda Galicia para empresas importantes.

         Aparecen citas da súa actividade profesional en “Quen é quen na Galicia do 2000”, no Correo Galego, na revista de xaneiro, Economía Galega, 1991, entrevista no apartado “Quen é quen” a Voz de Galicia, 1990.

         Neste momento, desenvolve actividades comerciais e publica a súa primeira novela curta Por Amor a Ti, Meu Fillo.

 POR AMOR A TI, MEU FILLO

 Pequeno comentario a esta historia ambientada nun pobo mariñeiro de Pontevedra.  Bueu

 Relata unha historia bastante real e algo triste que lle sucede a moitas mulleres , pódese dicir que hoxe está de rabiosa actualidade.

 A historia está ben narrada entrando pronto a resaltar  os problemas que a muller María  padeceu ó longo da súa vida.

 Violencia machista , sexual  , psicolóxica, infidelidade separación , divorcio.

 Estos  problemas sufridos interiormente en soidade, sen compartir . O fillo entérase gracias ó diario que ela gardaba con moito coidado. Decubrindo que era tanto o amor que lle tiña que sufriu toda a sua vida en silencio , de aí o título .

  POR AMOR A TI MEU FILLO

 Tamén saen a relucir certos roles que aínda hoxe padecen moitas mulleres, como ese mito do príncipe azul, O patriarcado , a sumisión da muller o home e facer todo por amor,  pensando que ese amor  vai facer cambiar o marido  e por riba sen verse correspondido.

 Unha historia agradable na súa lectura curta ,pero con moitas ensinanzas no día a día da nosa sociedade. A familia e nese contexto a  relación de parexa .

 Seixalbo  10 de marzo do 2019 

 Por Amor A Ti, Meu Fillo.

Opinións

         Non me gustou, tal e como está contada esta historia. Ten moitos detalles que describen os pormenores, e que fan que entres facilmente en situación para entender a problemática de hoxe, con respecto a esta cuestión, dá discriminación que sofren as mulleres en comparación cos homes.

         Outra cousa é a historia en si. Por desgraza é unha historia que por repetida resulta moi monótona, e que poderíamos atopar en calquera telexornal ou periódico do país, con outros nomes e noutros lugares, pero co mesmo final. Está contada dunha forma plana e polo tanto non me emociona, puidera ser a crónica dun corresponsal dá Voz de Galicia ou doutro periódico, que manda á súa redacción, como a crónica dun partido de fútbol do que xa coñeces o resultado.

Resumo: Unha historia corrente, monótona, demasiado coñecida, regularmente contada, pero que non me chega a emocionar, quitando por suposto o dramatismo dá propia historia.

COMENTARIO DO LIBRO:

É un libro moi fácil de ler, feito cun estilo moi utilizado nas redes sociais: mensaxes curtas e concisas.
Percíbese a sua finalidade didáctica e de concienciación; e tamén o empeño por chegar a todos os públicos. Nisto último nótase a formación e experiencia profesional da autora. E explica o seu éxito de vendas.

No aspecto literario, ten carencias propias da inexperiencia da autora. Como novela, non vexo a historia dunha muller (única), está chea de tópicos (literarios). Nárranse as situación máis frecuentes e imaxinables dunha muller maltratada. É todo demasiado telegráfico, pouco artellado. Non hai espazo para o análise das personaxes ou do argumento.


Lectura de "La nieta del señor Linh"
Data: 09/04/2019 00:00
Lugar: Seixalbo


Notas sobre o autor


As súas obras foron galardonadas con premios como o "Goncourt", e o "Renaudot".

A  súa película " Il y a longtemps que je t ´aime." conseguiu o premio "César" á mellor ópera prima no ano 2.008.

La nieta del señor Lingh é unha fermosa e sinxela historia que consegue conmover e dar esperanza ó lector.

La mañana siempre vuelve,

siempre vuelve con su luz.

Siempre hay un nuevo día...

Y un día serás madre tú. 

Comentarios

Ø  A esperanza é a que fai que o señor Lingh e o sr. Lark un día coincidan nun banco e ó final non estean sós ningún dos dous.

Ø  Me gustó mucho.

Ø  A emigración, a loita por sobrevivir , o amor á familia.

Ø  Profundo. Unha reflexión sobre o desarraigo, a soïdade, a importancia de encontrar con quen compartir en etapas tan tremendas.

Ø  Enriquecedor o debate.

Ø  Me gustó mucho, pero es muy triste.

Ø  Me ha gustado por la realidad que describe el autor sobre la verdad del ser humano y sobre la existencia.

Ø  Tenro e delicado, trata moitos temas, pero para min o máis salientable é a importancia de ter un amigo.

Ø  Hai que aferrarse a algo, a un banco, a unha boneca...É o único que nos pode manter en pé nas loitas da vida, nas adversidades.


Lectura do libro "El baile"
Data: 08/04/2019 00:00
Lugar: Seixalbo


Algo sobre a autora

Irène Némirovsky (Kiev, 1903-Auschwitz, 1942)

Recibió una educación exquisita, aunque tuvo una infancia infeliz y solitaria. Tras huir de la revolución bolchevique, su familia se estableció en Paris en 1919, donde Irène obtuvo la licenciatura de Letras en la Sorbona.

En 1929 envió su primera novela, David Golder, a la editorial Grasset, dando comienzo a una brillante carrera literaria que la consagraría como una de las escritoras de mayor prestigio de Francia. pero la Segunda Guerra Mundial marcaría trágicamente su destino.

Deportada a Auschwitz, donde será asesinada igual que su marido, Michel Epstein, dejó a sus dos hijas una maleta que éstos conservaron durante decenios. En ella se encontraba el manuscrito de Suite francesa, cuya publicación  2n 2004 desencadenó un fenómeno editorial y cultural sin precedentes: la novela se tradujo a treinta y nueve idiomas, obtuvo numerosos premios –entre ellos el Premio Renaudot, otorgado por primera vez a un autor fallecido—y fue uo de los libros más leídos en los países donde se publicó, con más de un millón de ejemplars vendidos en todo el mundo.

En España fue galardonado con el Premio del Gremio de Libreros de Madrid y también cosechó un sorprendente éxito comercial.

El Baile, de Irene Némirovsky, foi editada en Francia en 1930 e traducida ao castelán o en 1986. Instalados nun  luxoso piso de París, os Kampf posúen todo o que o diñeiro pode comprar, excepto o máis difícil: o recoñecemento da  alta sociedade francesa.

Co propósito de obtelo, preparan un grande baile para douscentos invitados, un magno acontecemento social que para o señor e a señora Kampf suporá, respectivamente, unha excelente inversión e a soñada apoteose mundana. Némirovsky condensa en poucas páxinas unha historia onde a difícil relación nai-filla e a ansia de recoñecemento social fúndense coa paixón pola vida e a busca da felicidade.

En definitivaunha novela que se le dun tirón, que regala unha parodia dos novos ricos e que logra entreter e ao mesmo tempo facer reflexionar acerca dese odioso mundo das aparencias. 


El Baile, de Irene Némirovsky, foi editada en Francia en 1930 e traducida ao castelán o en 1986. Instalados nun  luxoso piso de París, os Kampf posúen todo o que o diñeiro pode comprar, excepto o máis difícil: o recoñecemento da  alta sociedade francesa. Co propósito de obtelo, preparan un grande baile para douscentos invitados, un magno acontecemento social que para o señor e a señora Kampf suporá, respectivamente, unha excelente inversión e a soñada apoteose mundana. Némirovsky condensa en poucas páxinas unha historia onde a difícil relación nai-filla e a ansia de recoñecemento social fúndense coa paixón pola vida e a busca da felicidade.

En definitiva, unha novela que se le dun tirón, que regala unha parodia dos novos ricos e que logra entreter e ao mesmo tempo facer reflexionar acerca dese odioso mundo das aparencias

"El baile" ( algúns comentarios)

Ø  Pareceume moi interesante o que produciu ó final da xuntanza, coas diferentes opinións dos reunidos.

Ø  Con respecto ó libro quero dicir que dan pena todos os protagonistas, poro tamén hai que poñerse no tempo e lugar no que se escribe o mesmo.

Ø  Un detalle que non se falou e que en realidade explica certos comportamentos, é cando a nena se dá conta de que entre as tarxetas está a do tapiceiro

Ø  No me gustó.

Ø  Un libro dunha época marabillosa e dramática á vez. Non atopei personaxes negativos. Negada era a súa vida, asomando unha nova época, deixando atrás outro tempo.

Ø  Gustoume polo feito de que me facilitou a súa lectura rápida. Os personaxes ó meu pensar, son o reflexo dunha época . A falta de afectividade é manifesta na familia. A nena é un personaxe marcado polo ambiente, a súa carencia non xustifica os seus actos, pero impacta.

Ø  Reflexo dunha sociedade hipócrita, gris, pero refrexo de moitas vidas.

Ø  O libro gustoume bastante. Vin a miña xuventude refrexada, o que nos oprimían, non de cariño, non tiñamos liberdade, pero eramos felices. Dáme pena a nena. A nai debía darse conta de que a filla era unha nena...

Ø  Sen ser unha gran obra literaria, cumpriu o seu cometido: o debate, a tertulia, a conversa arredor dunha bica.

Foi magnífica a lectura entreliñas que fixemos as participantes , aplicando a historia ás nosas propias experiencias. Magnífico!!

Logo do club
Data: 07/04/2019 00:00
Lugar: Seixalbo
Grazas Mito!!. Na historia do Club de Lectura "Ao redor dunha bica", quedará para sempre a túa pegada. Grazas en nome de todos os membros do club.
Grazas Nito!!!

Autor: Mito Carro






Sobre a lectura dun libro.
Data: 01/04/2019 00:00
Lugar: Seixalbo

Ao redor dunha bica

Reflexións sobre a lectura

         Partindo da premisa de que eu expreso a niña opinión, e solo iso, quixera expresar o que na última xuntanza non puiden por falta de tempo, e por non extenderme máis sobre o que xa se había dito.

         1º.- Eu, non me sinto coa capacidade e a preparación suficiente para, xulgar ou cualificar o autor do libro, non sei si o libro está escrito coas frases exactas ou non, si visto desde un punto académico, esta ben escrito ou non, entre outras cousas, porque si o soubera, tamén sería capaz de escribilo eu mesmo, e non é o caso. Do que si me sinto capaz e estou preparado para elo é, si me gusta ou non a forma en que está contada esa historia, ou tamén si me gusta ou non a propia historia que se conta en ese libro.

         Polo tanto, dado que eu considero que o meu nivel académico é máis ou menos o do resto dos amigos deste club, eu creo que o xuízo sobre os autores podemos deixarllo os académicos ou eruditos que entenden en esas materias e os xurados dos grandes premios de literatura.

         No noso club, que é un club sen grandes aspiracións, creo eu, deberíamos aprender a ler un libro, e debater, charlar, opinar, parrafear sobre a historia que se conta en él, ou mesmamente, si nos gusta ou non a forma en que se conta.

Meterse a xulgar o autor, si o escribiu coas frases perfectas ou non, paréceme un tanto, como mínimo, atrevido, porque ¿quen me asegura a min que o autor elixiu esta frase ou palabra e non outra, para describir una situación por un motivo determinado?, ou simplemente, sen rebuscar no seu intelecto puxo o que se lle ocorreu no momento?.

Este tipo de afirmacións, ten una líña moi fina, moi sutil, que se pode traspasar facilmente, e é, o pasar do coñecemento a pedantería sen apenas darnos conta, moitas veces pensando demostrar que nós, no noso coñecemento, vemos cousas máis alá do que a maioría non ve.

A este respecto vou contar una anédota que me contaba un mestre de literatura, hai xa anos, que é a seguinte: En una exposición de pintura dun pintor xa de certo renome, un crítico de arte que se tiña por moi entendido, preguntáballe ao artista, como se había inspirado para facer aquel cadro, que a xuizo do crítico tiña tanta expresibidade “con aquelas líñas rectas que partindo do centro se dirixían o infinito, marcando a enormidade do cosmos, con aquela forza que impresionaba os ollos do visitante…”. E o autor do cadro, en un acto de humildade e sinceridade que o honra, díxolle: este cadro concretamente había surxido o caerlle o bote da pintura encima do lenzo, e que xa o deixou como estaba, co cal o artista contestoulle, non sen certa retranca, a todas ás dúbidas que tiña o sabiondo crítico.

É un atrevemento, para o meu entender, xulgar o autor por unha simple líña na que expresa a quen lle dedica o libro, facendo notar a expresividade da frase ou a forza que teñen as dúas líñas da que se compón a citada dedicatoria, sen caer nun certo autobombo de coñecemento da intención do autor, cando posiblemente o autor non quería poñer máis que o que puxo, “dedico este libro a…”.

Creo eu que, tanto un libro como un cadro, deberíamos lelo ou velo, un pouco co corazón, e dicir: si nos gusta ou non como está contada, ou si che gusta ou non a historia que se conta no mesmo.

2º.- Con respecto o libro que limos: La nieta del Sr. Linch, a niña opinión é a seguinte: creo que o señor Linch, debido o acontecemento que, por desgracia, lle tocou vivir, a caída dunha bomba na súa aldea, dunha guerra que el posiblemente nin sabería que existía, e que destruiu a súa aldea matando a toda a súa familia, sofre un episodio de trastorno mental que o leva a pensar que a moneca é a súa neta, e que de agora en adiante vai vivir solo para coidar da súa “moneca” neta.

Dende ese momento a súa voluntade queda totalmente anulada, e solo fai o que lle mandan, sube a un barco, xunto coa multitude que o rodea, sen saber para onde, chegando a pensar que e posible que os maten a todos, e na súa loucura non se preocupa nada máis de que a súa moneca-neta, que nunca chora, que nunca ten fame, que nunca ten sono, estea ben, pasando a depender totalmente das persoas que o rodean, pois por non saber, non sabe, nin a onde vai nin por que, nin para que, tendo solo un acto, no período que conta a historia, da súa propia vontade, que é cando se escapa do psiquiátrico onde outras persoas o meteron, para visitar o seu amigo.

Tamén ten un anaco de lucidez, pero curiosamente en soños, cando durante un soño, leva o seu amigo a visitar a súa aldea e lle explica polo miúdo como era a súa casa, a súa familia, os arredores coa famosa fonte, etc, pero que xustamente ao despertar volve a súa loucura e xa non é capaz de recordar o que soñou.

Dicir que é un acto de “amor”…bueno… Hai uns anos vivía en Ourense un señor que sempre levaba gorra de prato e unha gran rama de carballo, na que penduraba unha serie de bombillas vellas, e outros adornos, a quen lle chamaban “O capitán bombillas”, e desa guisa paseábase por toda a cidade non permitindo que naide lle tocara a súa “moneca”-rama de carballo. Non creo eu que fora un acto de amor o seu carballo, si non que, como o Sr. Linch, na súa loucura ou desarreglo emocional, como diría seguramente hoxe un entendido, perderon a razón ou por o menos en parte e esa perda levounos a comportarse de esa maneira, que para eles era a correcta.

Febreiro, 2019

José Manuel Álvarez 

Membro de club "Ao redor dunha bica"

Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadas@seixalbo.com
alzia.net