Revista dixital 'A Solaina'
Personalidades que recibiron o premio Freire Carril
José Manuel Álvarez
Personalidades que recibiron o premio Freire CarrilPersonas e entidades que recibiron o premio Freire Carril dende a súa fundación. Maximino Cid Ferro, 2009 Pablo Rodríguez......
[Ler máis]

Bemposta, Nación de Muchachos. Historia

Bemposta.- Cidade dos Muchachos


Fundada no ano 1956 a partires dunha idea do Padre Silva, Benposta ubícase no extremo sur do concello de Ourense, ó pé das cimas do Cumial, e nos arrabaldos do pobo de Seixalbo; máis concretamente, nas proximidades da Capela de Santa Ádega. Benposta foi sempre, unha cidade ó carón e ó mesmo tempo dentro doutra cidade.

A poboación de Benposta nunca foi constante; sen embargo, poderiamos dicir que en termos xerais estaba formada por un total de 150 persoas de carácter fixo, maioritariamente mozos e mozas, entre os que abundaban un grande número de nenos. Por outra banda, este número de persoas aumentaba considerablemente pola xente que a cotío pasa por aquí, debido ó movemento formativo dos cursos de actividades docentes que se impartíen, así coma ás visitas a súa canle de televisión.

Dez anos despois da súa fundación en 1966, chegou o circo, froito da Escola que se creou en 1964; primeira en España e segunda no mundo. Máis adiante, viñeron as cidades alá por onde se puido, e despois as embaixadas. Na actualidade, hai tres cidades en Colombia: Bogotá, Villavicencio e Montería; as de La Guaira y Caracas en Venezuela; e en Bolivia Cachabamba; e ademáis hai seis embaixadas que son extensións de Benposta que aínda acadan a categoría de cidades en La Guajira en Colombia, Kobe en Tokio (Japón), New Jersey en EE.UU. e as duas restantes en Nicaragua e Mozambique. Todas elas son exemplos da proxección daquela idea que empezou a formarse en Ourense a metade do século XX e que, tristemente,  xa non ten continuidade nesta cidade que foi o seu núcleo durante décadas.

Conxunto de imaxes que nos permiten ver as instalacións deste

importante proxecto de vida e convivencia.

Poliedro onde se representaban as actuacións circenses e

que servía para ensaio dos membros do circo


Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadass@gmail.com
alzia.net