Os comezos

O cinco de febreiro do de 1987, despois de cantar a misa en loanza de Santa Ádega, un grupo de veciños encabezados por Anselmo Iglesias e animados polo ambiente participativo que había en Seixalbo, deciden fundar unha coral que dera continuidade á tradición musical que había no lugar e que estivera, até había poucos anos, representada por José Sánchez, músico e animador cultural, e outros grupos do lugar.
Este novo grupo preséntase ó público en Seixalbo no marco da Igrexa na primeira Semana Lúdico-Cultural que organiza a puxante Asociación de Veciños San Breixo, e así comenza a súa andaina musical a CORAL AGROMADAS.


Os primeiros ensaios

A agrupación comenza os ensaios na Casa reitoral. Alí, baixo a dirección de Anselmo Iglesias, prepárase un repertorio de cantigas sinxelas, algunhas a dúas voces e outras tradicionais.
Dende o primeiro momento o director, persoa cunha formación musical sólida, tenta que o grupo acade formación técnica. Así, introduce exercicios de vocalización, de afinación, emisión da voz e respiración. Era algo novo, descoñecido para os coristas.

As primeiras actuacións

As primeiras actuacións foron en Seixalbo, na cidade e por diversas vilas da provincia.
Sendo presidente Baldomero Pazos Valdés a Coral Agromadas participa do convenio que a Deputación Provincial ten para as entidades culturais da provincia.
Dende esa data fanse moitos intercambios con outras corais, como Solpor de Celanova e no 1988 organízase un Festival de Panxoliñas no que participa a Coral Capela Madrigalista e Albor.

O nome de Agromadas










































Anselmo Iglesias sempre tivo unha inquedanza por escribir música. Nestas datas, musicou un texto titulado As Agromadas escrito por unha corista, para cantalo a dúas voces. Desa cantiga, As Agromadas, escolleuse o nome. Pasado un tempo, ó nome retiróuselle o artigo, quedando AGROMADAS como nome definitivo.

AS AGROMADAS


Xa chegan as agromadas,
xa puxan as follas novas,
xa se escoitan alboradas,
no noso fermoso chan.
Xa cantan os paxariños
sempre tan ceibes e ledos,
a caron dos bos galegos
dispostos a sementar.
Xa volta a vida con forza,
e de novo nace a espranza,
xa chega a boa tempanza
é tempo de sementar.

Na procura dunha persoalidade propia

Conxunto de instantáneas que reflexan co

paso do tempo as diferentes e variedades

actividades que ven a desenvolver a

Agrupación Cultural Agromadas.

Anselmo entende que o Coro ten que ter unha función artística, e aspirar a medirse coas corais da cidade e da provincia, ademais de perseguir o obxectivo de irrumpir no mundo coral galego. Para iso é necesario dotalo de persoalidade propia, e iso implica buscar unha liña que abranga tamén a elección dun repertorio que non sexa coincidente co que cantan as demais agrupacións corais coñecidas. Desta maneira Agromadas empeza a incorporar no seu repertorio composicións do director e doutros compositores galegos contemporáneos, trantando de facerse un oco no mundo musical galego.

Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadass@gmail.com
alzia.net