REQUEIXADA: Grupo Teatro Adultos
O grupo de teatro de adultos REQUEIXADA nace en Seixalbo no ano de 2004, para recoller as inquedanzas dos veciños de Seixalbo da man de Amelia González Iglesias tratando de enlazar coas actividades escénicas que anos atrás había neste lugar do concello de Ourense.
Os obxectivos deste grupo afecionado son fundamentalmente lúdicos. Pero sen renunciar a superación permanente como meta. E camiñando na percura da recuperación dun ambiente veciñal participativo, ameno e divulgativo, e das costumes, vivencias e tradicións pretende facerse un oco no mundo teatral dos adultos.
Dado o éxito obtido nas suas primeras representacións estuda a preparación de novos proxectos.
Obras representadas.
As tres Raiñas MagasAutor/a: Gloria Fuertes (Adaptación: Amelia González)
Estrea: 2 de Xaneiro de 2005 (Local de Penouzos, Seixalbo)
Don Quijote, El enamorado CaballeroAutor/a: Miguel de Cervantes (Adaptación de Amelia González dalguns pasaxes de Don Quijote de la Mancha)
Estrea: 15 de xaneiro de 2005 (Local de Penouzos, Seixalbo)
Outras representacións: 8 de setembro de 2006 (Praza do Cabildo, Seixalbo)
Representación dunha peza sobre o Xuizo dos ForosAutor/a: Amelia González Iglesias
Estrea: 1 de xullo de 2006 (Praza do Cabildo, Seixalbo - 1ª Festa de eximición dos Foros)
A Ratiña Presumida. Os Tres Cerdiños. O Conto da LeiteiraAutor/a: HC Andersen. HC Andersen. FM. Samaniego
Estrea: 7 de xaneiro de 2007 (Local de Penouzos, Seixalbo)
Representación dunha peza sobre o Xuizo dos ForosAutor/a: Amelia González Iglesias
Estrea: 1 de xullo de 2007 (Praza do Cabildo, Seixalbo - 2 ª Festa de eximición dos Foros)