Actividades programadas.
Xornada Única
Data: 11/09/2018 00:00
Lugar: Seixalbo
As nais e pais do colexio público de Seixalbo reivindican a xornada única.
Celebración do 1º centenerio do reloxo da igrexa
Data: 17/03/2018 00:00
Lugar: Seixalbo
O día 17 de marzo deste ano, Agromadas vai organizar unha serie de actos para recordar a posta en funcionamento, hai 100 anos, do reloxo da igrexa. Con tal motivo, e coa colavoración da A.V. San Breixo, ente outros actos, colocarase unha placa no adro da igrexa que recordrá tal efemérides, como tamen o grupo "Seixo" ofrecerá, a continuación, un concerto na igrexa.
A finais do ano 1917, exercendo de párroco de Seixalbo D. Luciano Evaristo Vaamonde, e acabándose de
construir a nova torre da igrexa, despois de caer a vella, proponlle os veciños da parroquia comprar un reloxo pa devandita torre e para servizo de toda a parroquia,
dado que na contorna non había nengún. Os veciños, coa xenerosidade e solidaridade que sempre demostraron para obras
do común, aproban a proposta. E é asi como nos primeiros meses do
1918, D. Evaristo comeza os contactos coas mellores fábricas de reloxos do momento, a nivel nacional, e pide presuposto a Hijos de Ignacio Murúa, de Victoria por ser
esta casa a que colocou o da catedral de
Ourense.
Despois de intercambiar prezos e condicións
de montaxe, (D. Evaristo esixe que sexa o mesmo montador que montou o da catedral), acordan:“comprar el reloj
del Nº
8 de nuestro catálogo de 420 m/ms. la rueda de sonería
con repitición de horas, sistema horizontal y ocho días de cuerda, el
precio de hoy sin accesorios, son pesetas:
1430,00.
Esfera de chapa
galvanizada de 80 c/ms de dámetro: 150.00
Poleas de trasmisión,
poleas con gancho, engranes de ángulo, martillo, escuadras, para su colocación:
150,00.
Pesas de hierro fundido
en peso suficiente con
sus correspondientes
cables de acero galvani-
zado 300,00.
Total son
PESETAS………………….2030,00
Los gastos de colocación
será de cuenta de Vds.
consistentes en el abono
de los viajes de ida y vuelta en 2ª clase,
manutención durante la estancia para la
colocación y 7,50 pesetas diarias de jornal para el montador que se designe
para dicho montage”. (sic)
Logo dunha carta de D. Evaristo pedíndolle unha rebaixa nas condicións económicas da posta en marcha, e ofrecéndolle a súa propia casa para comer
e durmir o montador, a fábrica Murúa proponlle as condicóns definitivas para a montaxe:
…en atencion principalmente a Vd y por las simpatias que ya tenemos adquiridas en Galicia por nuestras obras colocadas, acogemos con sumo agrado su ofrecimiento,
pudiendo entonces con la mayor confianza permanecer un hijo de la casa quien
será quien iria a efectuar la colocación.
No se le cobrará ni jornal ni viajes de ida y
vuelta. Si para más rapidez y prontitud quisieran que se facture en gran
velocidad dicho porte se pagaría a mitad. En pequeña velocidad puede tardar un
mes como puede tardar tres. (sic)
E así o 14 de febreiro, recíbese o talón para recoller o reloxo que fora remetido por gran velocidade.
O transporte dende a estación do ferrocaril ata Seixalbo, efectuouse en carro de bois, pois suponse que sería o mais económico.
Un ano
antes comprárase a campá para este reloxo, que se colocara uns meses antes, tamén polo mesmo sistema, e que D.
Evaristo mais a comisión de veciños contratan a un fundidor do contorno de Celanova, chamado D. Juan Ruiz
del Mazo, veciño de Celanova, co que acordan o seguinte compromiso:
En Sejalvo a veintiseis de Marzo de 1917 comparecen de mi parte D. Juan Ruiz del
Mazo, vecino de Celanova, soltero, mayor de edad, fundidor y de la otra la Comisión,
compuesta delos señores: D. José Pereira, D.
Manuel Iglesias, D. Eugenio González, D. Manuel
Freire González, D. José Cid, D. Manuel Vázquez,
D. Antonio Rodriguez, D. Victorio Quintana, D.
Cándido Iglesias, D. Herminio Iglesias, D.
Antonio Freire, D. Manuel Rivo, D. Manuel Pavon, D. Gerardo Sequeiros,
D. Cándido González, D. José Iglesias Freire, todos vecinos de Sejalvo, termino municipal de
Ourense, mayores de edad, de profesión labradores, convinieron:
en que el primero
hiciese y colocase una campana para servicio de la parroquia en la torre de la
iglesia con su correspondiente yugo y peso de veinte y dos arrobas por el
precio de mil doscientas pesetas, incluyendo el badajo, teniendo presente la
aleación de cobre y estaño, forma y pureza, cual lo esijen las reglas del arte, a
razón de cincuenta pesetas arroba. Realizado lo expuesto se le entrega a cuenta
la cantidad de quinientas veinte y tres pesetas, quedando por lo tanto
adeudando al señor Ruiz la suma de seiscientas setenta y siete pesetas que se le
haran efectivas en todo el
mes de Agosto próximo. Asi se conformaran todos en el dia de la fecha, no firma
el José Cid por expresar no saber, haciéndolo a su ruego el vecino José
Iglesias
Recibi todo
Juan Ruiz del Mazo. Siguen las firmas de los vecinos antes citados. (sic)
Escursión a Vila Real e Amarante (Portugal)
Data: 25/06/2017 00:00
Lugar: Norte de Portugal
Escursión a Vila Real e Amarante (Portugal)
Agromadas organiza a escursión cultural a Vila Real e Amarante, e que será o próximo dia 9 de xullo.
Andaina a zona de a Limia
Data: 25/05/2017 00:00
Lugar: Arredores de Xinzo
O dia catro de xuño, faremos unha andaina cultural por as terras de Xinzo, visitando varios lugares de interese, xuntando etnografía, historia, natureza, e pasaremos un día de lecer por a zona de a Limia.
Tal como explicamos no programa, visitaremos : "as areiras", na zona que foi a lagoa de antela, o Museo Etnográfico da Limia, en Vilar de Santos, a casa de Carlos Casares,visitaremos os "Pradairos de casca amarela" dos que fala Casares no seu derradeiro libro "O Sol de Verán", visitaremos o"Barrio de abaixo" en Xinzo, cerne e corazón do entroido limiao, e logo por a tarde visitaremos o monte "Da Uceira" onde se atopa a fermosa capela de "San Bieito da Uceira".
Temos que por de manifesto o agradecemento a asociación Amig@s das Árbores da Limia, por a súa colaboración e planificación de esta andaina cultural, e particularmente a Xosé Santos, gran amigo de Seixalbo e da natureza en xeral.
Día das Letras Galegas
Data: 17/05/2017 00:00
Lugar: Seixalbo
O día 17 de Maio,
"día das letras galegas", os alumnos do CEIP de Seixalbo, xunto cos seus mestres, e coordinados por Mela González, celebramos no pobo e no local de Agromadas, a festa das letras galegas, que este ano estaba adicada a
Carlos Casares,
mestre, xornalista e escritor galego nado en Ourense e prematuramente morto cando se encontraba na súa etapa máis frutífera da súa labor literaria.
O pobo foi o escenario perfecto para que a rapazada do colexio do carqueixal, xunto cos seus pais e titores, festexara esa data con carteis colocados nas rúas e con unha pequena escenificación na casa de Agrmadas,
Teatro Obradoiro de Teatro do Concello de Castrelo de Miño
Data: 14/05/2017 00:00
Lugar: Seixalbo
O Obradoiro de teatro Municipal de teatro do Concello de Castrelo de Miño, representou a obra "Os pintores non teñen recordos", no auditorio de "Penouzos", e que foi seguida por un numeroso público, que aplaudiu a boa labor dos actores que a interpretaron.
Misa na honra do Rvdo.Sr.D.LUIS ALVAREZ TEJADA
Data: 13/05/2017 00:00
Lugar: SEIXALBO
O día Sábado, 13 de Maio ás 20 horas, celebrouse na igrexa de Seixalbo, unha misa na honra do Rvdo. Sr. D. LUIS ALVAREZ TEJADA , párraco que foi desta vila de Seixalbo, e que foi cantada por o grupo Cantigas de Seixo, a que asistiu cantidade de seixalbeses e mesmo moita xente de fora de Seixalbo.
Cantando en Castrelo de Miño
Data: 07/05/2017 00:00
Lugar: Castrelo de Miño
O grupo de canto Cantigas de Seixo, ofreceulle en Castrelo de Miño un concerto, os veciños no auditorio do propio concello, o que poideron asistir ata completar o aforo do mesmo. O trato recibido foi fenomenal.
Foros 2016
Data: 29/06/2016 20:00
Lugar: Seixalbo
XI
FESTA DOS FOROS
SEIXALBO
1 e 2 de xullo de 2016
En 1859, a primeiros
de xullo, os veciños de Seixalbo celebraron unha gran festa: Despois de vinte
anos de preitos en Ourense, na Audiencia da Coruña e en Madrid, a xustiza viña
de darlles a razón.
Durante todo este
proceso, o Bispo de Ourense e o Cabido Catedralicio non foron quen de lexitimar
a propiedade de terras e casas do Couto e Vila de Seixalbo, quedando abolidas
as rendas forais que levaban cobrando dende tempos inmemoriais.
Os seixalbeses demostraron
que, co esforzo, a unión e o tesón de todos, pódense acadar metas que, de
antemán, parecen imposibles: Seixalbo pasou á historia pola loita veciñal, ao
converterse no único lugar en Galiza en quedar exento de pagar o foro a quen,
deica ese momento e dende os tempos da Alta Idade Media, se proclamaba dono e
Señor. Moitos outros lugares tiveron que esperar aos derradeiros anos do
franquismo para poder mercar a fin dese trasnoitado imposto.
A Asociación Cultural
Agromadas ven animando á veciñanza, dende hai once anos, a rememorar este feito
que marcou a nosa historia e que foi un fito na loita veciñal. E que mellor
para a celebración que o viño, produto encol do que nace Seixalbo, e os
pementos, ou “polos” que tanta sona lle deron ao lugar.
Os protagonistas
indiscutibles desta festa son os veciños, que abren as súas adegas para
convidar co seu viño a todos os que se achegan ao lugar; que se visten de época
e decoran as rúas e balcóns; que participan activamente para que sexa a festa
de todos. Sen o seu bo facer, a Festa dos Foros non sería posible.
Mais Agromadas quere
tamén pór de relevo a figura de Freire Carril, quen liderou a seus veciños
durante os vinte anos que durou a difícil loita. Con este fin, estableceu en
2009 o Premio Freire Carril, de convocatoria pública, que recoñece o traballo
desinteresado polo común e a cultura.
Dende entón recibiron este galardón:
Maximino Cid Ferro,
2009
Pablo Rodríguez
“Oitabén”, 2010
Xosé Lois Gozález
“Carrabouxo”, 2011
Carme Avendaño, 2012
Carlos Varela, 2013
Adolfo Zon, 2014
Amigos da Terra, 2015
José
Antonio Rivera Pereira, 2016
Foro Enrique Peinador-José González,- 2017
Rvdo. Miguel González Grande.- 2018
Luz Fandiño. Poetisa. - 2019
PROGRAMA
VERNRES DÍA 1 DE
XULLO, AUDITORIO DE PENOUZOS, 23 HORAS
Posta en escena da
obra “Virán tempos mellores”.
Actuación dramática e
musical a cargo dos veciños. A obra, coma cada ano, estará ambientada na época
da loita veciñal contra o Bispo de Ourense.
Ao remate, queimada e
bica.
SÁBADO DÍA 2 DE
XULLO, CENTRO HISTÓRICO
Pola tarde
ambientación, postos e xogos na Praza do Cabildo.
Ás 20.30 HORAS
entrega do Premio Freire Carril no Local Central da A. de Veciños San Breixo a
JOSÉ ANTONIO RIVERA PEREIRA
ÁS 21 HORAS: Ruada
polas adegas do lugar. Percorrido polos recantos de Seixalbo deica á Praza do
Cabildo para seguir a festa coa música do Cuarteto de “Linho de Cuco”
Concerto de Aninovo
Data: 03/01/2016 19:00
Lugar: Igrexa Parroquial de San Breixo Seixalbo
Concerto de Aninovo
Cantigas de seixo
Vellos Amigos
CANTIGAS
DE SEIXO
Seguindo os pasos
e a memoria de Coral Agromadas e outros grupos musicais que naceron en
Seixalbo, un grupo de amigos decidiron xuntarse e cantar co ánimo de manter
unha tradición e rendir unha homenaxe a todos os nosos veciños que formaron
parte dos diversos grupos culturais desta vila. E despois de presentar o
primeiro de outono unha misa na honra de san Breixo, queren seguir a cantar
coa única pretensión de achegarse á todas as músicas, especialmente a aquelas
que teñan raígame galega.
Programa:
-Ábreme a porta Rosiña, Tradicional.
-Os teus ollos, José Castro Suaréz “Chané” Manuel Curros Enríquez.
-Iste cantar miniñeiro, Anónimo.
VELLOS
AMIGOS DE MANUEL DE DIOS
Nace
esta agrupación musical da man do finado poeta e músico Manuel de Dios no ano
de 1990.Ten como obxectivo fundamental cultivar a música a amizade. Dende o seu
inicio dedicouse a divulgar e poñer en valor a música popular e tradicional de
raíz galega, facendo especial fincapé na que compuxo o seu fundador. Ten no seu
haber cantidade de concertos así como a edición de dous Cds.
Diríxea: Juan Feijoo
Soto.
Parrafeo e cantos de Nadal
Data: 26/12/2015 20:30
Lugar: Local Social de Agromadas: Seixalbo
Parrafeo tradicional
A cargo de Xosé Carballido Presas
Cantigas Tradicionais de Nadal
Interpretan os veciños de Seixalbo
26 de Decembro ás 20:30
Local de Agromadas
Asemblea Xeral Anual
Data: 28/11/2015 20:00
Lugar: Local Social de Agromadas: Seixalbo
Convócase os socios e socias de Agromadas á Asemblea Xeral Anual que se celebrará no Local de Agromadas o 28 de novembro de 2015 ás 20 horas,coa seguinte
orde do día:
- Lectura e aprobación, se procede da acta da anterior asemblea.
- Proxectos para o vindeiro ano
Coma sempre, xogamos dou décimos de
Lotería do Nadal.
Nº
25.392
Magosto 2015
Data: 08/11/2015 13:00
Lugar: Area recreativa de Penouzos, Seixalbo
Coma todos os anos Agromadas invita a todos os socios e, por suposto, a todos os que queira participar, a celebrar o xa tradicional magosto.
Se o tempo non axuda, comeremos dentro do local polo que se pide colaboración: mesas e cadeiras para cada grupo.
Prégase que se contacte antes con Nieves González, que estará no Local de Agromadas, coma sempre, en horario habitual; de non poder, con calquera da directiva.
Restauración da "Memoria lingüística"
Data: 01/11/2015 12:30
Lugar: Cemiterio da Parroquia San Breixo
A Asociación de Vecinos San Breixo e a Asociación Agromadas de Seixalbo
levamos anos defendendo a cultura a lingua propias da Galiza.
Seguindo
nesta línea querémosvos convidar ao acto que se levará a cabo o
Domingo día 1 de Novembro no cemiterio de Seixalbo ás 12:30 da mañá con motivo da Restauración da Memoria Lingüística.
Contaremos
coa presenza de D.Celso Sánchez, da Asociación de Funcionarios pola
Normalización da Lingua Galega. Dirán unhas palabras os presidentes das
dúas Asociacións organizadoras e D. Manuel Vázquez, párroco de
Seixalbo.
Tras a lectura dun poema de Rosalía de Castro e da
interpretación da canción Libérame polo coro de homes de Seixalbo,
procederase colocación dunha placa conmemorativa na entrada do
cemiterio.
Exposición "Alixo de esperanza" de Esperanza González Doniz
Data: 20/10/2015 00:00
Lugar: Local Social de Agromadas: Seixalbo
Continúa aberta ao público a exposición que comezou coa Semana Cultural da A. VV. San Breixo.
Trátese da orixinal obra de Esperanza Glez. Doniz na que a autora consegue, sobre todo con materiais de refugallo, transmitir unha luz de esperanza. Dadas as dimensións das obras, non so ocupan o local de Agromadas; ademais podemos admirar algunha obra máis na Asociación de Veciños.
Xornada de covivencia
Data: 10/10/2015 21:00
Lugar: Local Social de AGROMADAS
Agromadas quere celebrar unha xuntanza de convivencia con as persoas que se implican e traballan na festa dos foros, invitándoas a un viño e petiscos o día 10 de outubro as 21 h, no local da asociación, para compartir uns momentos de ledicia e confraternidade entre todos.
Invitarase individualmente as diferentes persoas que comparten con nos os traballos da organización e realización da Festa dos Foros
Viaxe cultural: "Galicia infinita"
Data: 05/07/2015 08:30
Lugar: Saída Seixalbo, Os Barreiros
08:30 h. Saída Seixalbo -
Padrón
10:00 h Visita Casa Museo
Rosalía de Castro
Nacoñecida
como Casa da Matanza, Rosalía viviu os derradeiros anos da súa vida. Proponse
un percorrido polos acontecementos que marcaron a vida e a obra de Rosalía.
Na
planta baixa, denominada “O perfil dunha sombra”, o visitante pode apreciar a
verdadeira dimensión desta emblemática figura da cultura galega e universal: a
súa vida, o entorno que a rodeou e a relación do pobo galego coa figura da
escritora.
Na
primeira planta, denominada “O seu”, proponse unha recreación da casa rural da
época, entre labrega e fidalga.
11:30 h Visita Feira de
Padrón
Padrón é
unha vila de 9.000 habitantes ás beiras do río Sar. Co paso
do tempo, o domingo converteuse no día por excelencia do mercado. Así, a
xornada dominical de Padrón estase transformando nun dos grandes mercados
galegos realizados semanalmente. Nos máis
de 600 postos dispostos nunha gran extensión, pódense atopar ricas hortalizas e
froitas, saborosos pescados e mariscos, exquisitas carnes, plantas, roupa,
complementos, unha ampla variedade de utensilios…
13:30 h Visita Torres do Oeste de Catoira
Baixo un
moderno viaduto que atravesa o río Ulla, atópanse as ruínas da antiga
fortaleza: "Castellum Honesti". Foron levantadas no s. XII por orde
do arcebispo Gelmírez, coa misión de pechar o paso ás expedicións escandinavas
e sarracenas que se dirixían a Compostela. Durante o
s. XVIII as murallas aínda se mantiñan en pé e serviron para defenderse dos
ataques ingleses. Posteriormente caeron no abandono. Declaradas Monumento
Nacional.
14:30 h Xantar en Catoira
Un frugal refrixerio en Catoira,
unha pequena vila pontevedresa de 3.500 habitantes.
16:30 h Descanso
Opción Aire Libre: Paseo
e chapuzón na Ría de Arousa, naspraias da Concha e Compostela, unidas nunha soa
praia, que resultan seguras e, sobre todo, cómodas, amplas e limpas.
Opción Aire Urbano: Paseo
e terrazas polas rúas de Vilagarcía,
pequena cidade costeira pontevedresa de 38.000 habitantes que pertence á
comarca do Salnés.
Opción Colesterol:
Tanto para quen escolla praia como cidade, pode rematar cunha fermosa andaina
polo paseo marítimo xunto ó areal, de
máis de dous quilómetros de lonxitude, que une o centro da cidade coa
tradicional e popular vila mariñeira de Carril.
18:30 h Descanso
Sairá
o autobús do porto de Carril, para recoller camiñantes. Fará
unha parada no porto deportivo de Vilagarcía, onde recollerá ao resto da
expedición, rumbo á Cambados.
19:00 h Visita Cambados
Cambados debe ser
percorrido a pé para degustalo.
Con algo máis de 13.000
habitantes, ostenta o título de Muy Noble
Villa.
Esa nobreza pode apreciarse
no seu patrimonio monumental, como por exemplo nas ruínas de Santa Mariña, do
século XVI, ou na praza de Fefiñáns, flanqueada polo pazo dos Figueroa e a
Igrexa de San Bieito, do século XVI. Outros pazos de interese
son os de Montesacro e Bazán, actual Parador Nacional, e tamén os pazos dos
Condes de Maceda, construción medieval reformada no século XVII, e dos
Chariño-Sotomayor.
20:00 h Regreso
21:30 h Chegada a Seixalbo
Xª Festa dos Foros: 26 e 27 de xuño
Data: 27/06/2015 19:00
Lugar: Seixalbo
Exposición de pintura de Galeche: "Mi tiempo en color"
Data: 20/06/2015 20:30
Lugar: Local social de Agromadas, Rúa Barreiros
Exposición de pintura: Salomé Fernández Senra
Data: 17/05/2015 20:00
Lugar: Local Social Agromadas
Letras Galegas
Data: 17/05/2015 20:00
Lugar: Local Social Agromadas
Queda suspendida a presentación de heráldica por motivos alleos a Agromadas.
II CERTAME DE FOTOGRAFÍA DIXITAL PARA NENOS (2015)
Data: 17/05/2015 19:00
Lugar: Local de Agromadas: Rúa A. Arce, Seixalbo
II CERTAME DE FOTOGRAFÍA
DIXITAL PARA NENOS (2015)
Lema
Auga,
onde vas?
Prazo
de entrega: antes do 15 de MAIO
Dirixida
a: NENOS/AS de 6 a 12 ANOS.
Está
aberta a fotografías dixitais que teñan como tema de fondo ou
relación evidente con SEIXALBO e a AUGA: FONTES, RÍOS E
REGATOS, POZOS, LAGAS, SUMIDOIROS...(Unha ollada crítica de neno ao
entorno e ao uso e importancia da auga nel: Auga, onde vas?).
Hai dúas
modalidades en función do enfoque positivo (A) ou negativo (B):
Existen tres
categorías en función das idades dos participantes:
1.- MINI: 6 e 7
anos.
2.- MEDIUM: 8, 9 e
10 anos.
3.- MAXI: 11 y 12
anos.
Cada
participante poderá presentar un máximo de tres fotografías
dixitais en cada unha das dúas categorías A ou B, segundo o enfoque
positivo ou negativo. Deben enviarse ao enderezo electrónico:
agromadas@seixalbo.com expresando I CERTAME DE FOTOGRAFÍA DIXITAL
PARA NENOS e a categoría na que participa: mini, medium ou maxi. Se
o desexa con cada fotografía presentada pode adxuntar o título e a
modalidade na que participa (A ou B). Búscase a orixinalidade da
ollada máis que a calidade técnica!!
Os
formatos aceptados son JPG, JPEG; GIF y PNG.
Ademais
da vía correo electrónico, pódense presentar en CD ou DVD no buzón
de Agromadas, Rúa A. Arce nº 25, 32970 SEIXALBO (Ourense) antes do
15 de maio.
O
domingo 17 de maio pola tarde as fotografías serán expostas no
local social de Agromadas e de entre elas elixiráse aquela que
pareza máis significativa para ser o cartel do vindeiro certame.
Asociación
Cultural Agromadas de Seixalbo
Seixalbo,
a 13 de abril de 2014.
O
Presidente, M. H. Iglesias
Andaina polos arredores de Trandeiras
Data: 26/04/2015 09:00
Lugar: Saída dende o Campo da Infesta
Saída do Campo da Infesta ás 9 horas.
Levamos coches deica o inicio da andaina.
Os interesados poden contactar cos membros da directiva para optimizar vehículos.
Cada quen levará o seu xantar.
O percorrido será de tres horas, de baixa dificultade.
Boas Festas
Data: 23/12/2014 22:00
Lugar: Seixalbo
Durante este mes de decembro están ao cobro os recibos no Local Social de Agromadas.
Boas Festas a todos e todas.
Asemblea Xeral Ordinaria
Data: 29/11/2014 19:00
Lugar: Local de Agromadas, Seixalbo
O sábado 29 de novembro celebrouse a Asemblea xeral ordinaria da Asociación Cultural Agromadas.
Logo de aprobar a acta da Asemblea anterior fíxose unha recapitulación das actividades realizadas no ano que remata: doce actividades culturais que foron valoradas positivamente; dentro deste apartado informouse das altas e baixas de socios, que actualizadas suman un total de 129 socios e socias.
Presentáronse as contas: o balance foi positivo, quedando saldadas as débedas contraídas en anos anteriores.
Pasouse logo a presentar as posibles actividades para o vindeiro ano, que serán as fixas e habituais, ademais de presentar algún novo proxecto que se tentará levar a cabo como o intercambio coa Asociación cultural de Carballiño "Pepa a Loba".
Na quenda de intervencións debatiuse de vagar dunha poisble reestruturación da Festa dos Foros, chegando á conclusión de que era mellor deixala como se vén facendo ata o de agora, pois, aínda que hai aspectos mellorables, pénsase que as solucións poisbles desvirtuaríana.
Lembrouse para rematar que a partires do martes 2 Nieves González abrirá o local en horario de mañá para que os socios pasen a aboar as cotas.
Magosto 2014
Data: 09/11/2014 12:00
Lugar: Aira de Penouzos
Foros 2014
Data: 05/07/2014 17:00
Lugar: Seixalbo
Baralláns teatro en Penozos
Data: 27/06/2014 21:30
Lugar: Auditorio de Penouzos
O grupo de Teatro do IES Blanco Amor porá en escena dúas obras: Praza do Bispado será a peza central, texto creado polo director de escena Miguel Alonso partindo de personaxes e pasaxes da obra de Blanco Amor.
O viño: Rías Baixas
Data: 07/06/2014 21:00
Lugar: Local Agromadas: A. Arce,25. Seixalbo, 32970
Continuando coas charlas sobre o viño e a súa cultura, Xosé Carballido Presas pronunciará unha conferencia/charla sobre o viño nas Rías Baixas. A continuación, como fixemos nas charlas anteriores sobre o tema, haberá unha cata de viños das Rías Baixas Galegas.
A actividade rematará cunha saída cultural ao Rosal na que teremos oportunidade de ver viñas e adegas desta denominación de orixe. A saída terá lugar o 15 de xuño. Os interesados deberán comunicalo aos membros da xunta directiva.
I Certame de fotografía dixital para nenos 2014
Data: 17/05/2014 20:00
Lugar: Local Agromadas: A. Arce,25. Seixalbo, 32970
I CERTAME DE FOTOGRAFÍA DIXITAL PARA NENOS (2014)
Lema: (Seixalbo): Quen vive eiquí?
Prazo de entrega: antes do
15 de MAIO
Dirixida
a: NENOS/AS de 6 a 12 ANOS.
Está aberta a fotografías dixitais que teñan como tema
de fondo ou relación evidente con SEIXALBO: lugar, arredores, parroquia, as
súas paisaxes naturais e humanizadas e as súas xentes, á vida (UNHA OLLADA DE NENO AO ENTORNO: Quen vive eiquí?).
Hai dúas modalidades en
función do enfoque positivo ou negativo:
A.- QUEN VIVE
EIQUÍ? :)
B.- QUEN VIVE EIQUÍ!!!
Existen tres categorías
en función das idades dos participantes:
1.- MINI: 6 e 7 anos.
2.- MEDIUM: 8, 9 e 10 anos.
3.- MAXI: 11 y 12 anos.
Cada
participante
poderá presentar un máximo de tres
fotografías dixitais en cada unha das dúas categorías A ou B, segundo o
enfoque positivo ou negativo. Deben enviarse ao enderezo electrónico: agromadas@seixalbo.com expresando I CERTAME DE
FOTOGRAFÍA DIXITAL PARA NENOS e a categoría na que participa: mini,
medium ou maxi. Enviarase NUN ARQUIVO o cuestionario cuberto, que
será publicado na web da Asociación, xunto coas fotografías (un so cuestionario
por participante). Se o desexa con cada fotografía presentada pode adxuntar o
título e a modalidade na que participa (A ou B). Búscase a orixinalidade da ollada máis que a calidade técnica!!
Os formatos aceptados son JPG, JPEG;
GIF y PNG.
Ademais da vía correo electrónico, pódense presentar en
CD ou DVD no buzón de Agromadas, Rúa A. Arce nº 25, 32970 SEIXALBO (Ourense) acompañadas
dos datos e autorización descargados da web, antes do 15 de maio.
O sábado 17 de
maio pola tarde as fotografías serán expostas no local social de Agromadas e de entre elas elixiráse
aquela que pareza máis significativa para ser o cartel do vindeiro concurso.
Asociación Cultural Agromadas de
SeixalboSeixalbo, a 7 de abril de 2014.
O Presidente, M. H. Iglesias.
DECLARACIÓN
RESPONSABLE
DON/DONA
_________________________________________________________
pai/nai/titor legal do NENO/-A
___________________________________________
AUTORIZA este/-a a participar no
I CERTAME DE FOTAGRAFÍA DIXITAL para NENOS
convocado pola Asociación Cultural Agromadas
de Seixalbo,
E DECLARA
1. Que o neno/-a é o autor material da obra que envía, que é
orixinal e non a plaxiou ou usurpou a terceiros.
2. Que as fotografías foron sacadas co
consentimento de todas as personas que aparecen nelas, que esas persoas son
maiores de idade.;
3. Que, no caso de enviar fotografías nas que
aparezcan menores de idade, contan co consentimiento de ambos pais ou titores
legais do menor.
Andaina e visita ao Conxunto arqueolóxico de Santa Mariña das Augas Santas
Data: 11/05/2014 08:30
Lugar: Saída do Campo da Infesta
Patrimonio cultural, normas e sociedade polo profesor Fariña Busto
Data: 29/03/2014 20:30
Lugar: Sede da Asociación Cultural Agromadas, rúa A. Arce, Seixalbo
Exposición de pinturas de Leandro Sánchez, Comunicación ó pensamento.
Data: 15/03/2014 20:00
Lugar: Local Social de Agromadas, Seixalbo
Inauguración da exposición o sábado 15 de Marzo.
Horarios de apertura: sábados de 19.30 a 21 horas. Domingos de 11.30 a 13.30 e de 19.30 a 21 horas.
Ata o 30 de marzo
1º Certame de fotografía dixital para nenos: QUEN VIVE EIQUÍ?
Data: 07/03/2014 00:00
Lugar: SEIXALBO
Parrafeo e cantos de Nadal
Data: 28/12/2013 20:30
Lugar: Local de Agromadas, Seixalbo
Asemblea anual e cobro de recibos
Data: 14/12/2013 20:30
Lugar: Local de Agromadas, Seixalbo
Os socios de Agromadas están convocados á Asemblea Xeral Ordinaria que se celebrará o sábado día 14 do mes de Nadal no Local Social da Rúa dos Barreiros.
Coma todos os anos a convocatoria recolle a lectura e aprobación da acta da última Asemblea Xeral, a valoración de actividades así como o proxecto das vindeiras actividades a celbrar e a xestión de contas, que este ano dan un saldo negativo de máis de mil euros.
Anunciarase tamén o cobro de recibos que a partires desa data se poderán facer efectivos.
500 moios de viño: Outono fotográfico
Data: 16/11/2013 20:30
Lugar: Local Social de Agromadas, Rúa A. Arce
Sábado 16/11/2013 ás 20,30h:
Proxección do audiovisual "500 moios de viño"
Exposición Fotográfica “500 moios de viño”- Domingo 17 de nov de 11,00 a 13, 30 e de 19, 00 a 21 00.
- Sábado 23 de nov de 19,00 a 21 00.
- Domingo 24 de nov de 11,00 a 13, 30 e de 19, 00 a 21 00.
Magosto
Data: 03/11/2013 13:00
Todos os socios e amigos que queiran participar no magosto organizado por Agromadas xa poden retirar as invitación na libraría "A Solaina", ou falar con alguén da directiva.
Concerto do Grupo Herbens Consort
Data: 05/10/2013 21:00
Lugar: Igrexa de San Breixo, Seixalbo
Ribeira Sacra: día de convivencia
Data: 07/07/2013 10:00
Lugar: Saída dos Barreiros
Festa dos foros
Data: 29/06/2013 17:00
O viño en Galicia: charla e cata
Data: 27/04/2013 21:00
Lugar: Local Social de Agromadas, Seixalbo
Carballido Presas dará unha nova charla sobre o viño en Galicia, esta vez centrándose xa nas características dos caldos e non tanto na historia do cultivo do viño coma na anterior. Ó rematar haberá unha cata.
Coma sempre, no local de Agromadas. A entrada é libre.
Ciclo de charlas sobre o viño
Data: 09/03/2013 20:00
Lugar: Local Social de Agromadas, Rúa A. Arce
ELOQVENTIA, ensemble de música medieval: o Pórtico do Paraíso en Seixalbo
Data: 18/02/2013 20:30
Lugar: Igrexa de San Breixo
Á venda os últimos calendarios de Agromadas
Data: 01/01/2013 01:00
Lugar: Libraría "A Solaina", Praza Maior, Seixalbo
Unha fermosa vista da Santa Ádega para colocar onde se poida ver.
Feliz ano.
Parrafeo tradicional de fin de Ano e Cantigas de Nadal
Data: 29/12/2012 21:00
Lugar: Local Social de Agromadas
Labras heráldicas: Xosé Ricardo Rodríguez Pérez
Data: 15/12/2012 20:00
Lugar: Local Social de Agromadas, Rúa A. Arce
Agromadas invita a todos os interesados a participar na conferencia que Xosé Ricardo Rodíguez Pérez pronunciará o vindeiro día 15 sobre os escudos de Seixalbo, un tema polo que reiteradas veces os veciños teñen mostrado interese e que está na liña de traballo desta Asociciación.
Á venda calendario
Data: 11/12/2012 12:00
Lugar: Libraría "A Solaina", Praza Maior, Seixalbo
COTAS DE SOCIOS
Data: 13/11/2012 12:00
Lugar: Libraría "A Solaina", Praza Maior, Seixalbo
Están ó cobro as cotas de socios na Solaina. Son 10 euros.
Charla coloquio co Profesor Carratalá
Data: 11/11/2012 18:30
Lugar: Local de Agromadas, Seixalbo
Supervivente non so do penal do "Fuerte San Cristóbal" sinón tamén dos de Burgos, Illa de San Simón, Astorga y Cárcel Modelo de Barcelona, como ben relata el na súa publicación “Memorias de un piojo republicano” (Editorial Pamiela 2007).
Magosto e Asemblea Xeral ordinaria
Data: 04/11/2012 13:00
Lugar: Aira de Penouzos, Seixalbo
Visita Cultural a Castrelo de Miño
Data: 29/07/2012 10:30
Lugar: Saída dos Barreiros, Seixalbo
Domingo 29 de xullo (“feira”)
Visita ó interior de Sta. María
Paseo pola feira tradicional
Xantar tradicional na feira.
(Cada un pode mercar polbo, carne á grella, ó
caldeiro ou levar a comida da casa. Hai unha área recreativa a carón do río e
da feira. Hai río, piscinas, mesas e bancos)
Paseo en catamarán polo Miño.
Visita á Adega Pousadoiro.
Recibiranos e fará de guía nas visitas Don Alfredo Rodríguez.
Vintecinco anos de actividades
Data: 22/05/2012 21:00
Lugar: Penouzos, Seixalbo
No que levamos de ano Agromadas vén celebrando
o seu traballo ao longo de 25 anos con distintos actos. O día 22 celebrará en
Penouzos o acto central: lembrará as etapas pasadas e as persoas que foron
membros e que co seu traballo fixeron posible o presente e o futuro desta
Asociación Cultural, e que mellor maneira que facelo coa música que
interpretaron. Colabrora e participa tamén a coral “Vellos amigos”.
Será en Penouzos o día 22 ás 10.30 da noite. Todo o mundo está
convidado a participar.
http://www.laregion.es/noticia.php?id=214086
Viaxe á Cidade da Cultura no tren de alta velocidade
Data: 15/05/2012 09:00
Lugar: Santiago de Compostela
A Asociación Agromadas organiza unha visita
cultural á Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela tanto para socios coma
non socios para o vindeiro 15 de maio.
O prezo, 35 euros, incúe a viaxe no tren de
Alta Velocidade e a visita guiada á Cidade da Cultura, así coma o xantar.
Cómpre apuntarse na Libraría Solaina antes do
sábado 5 de maio.
Acto de homenaxe aos Sres. Armenteros
Data: 31/03/2012 21:30
Lugar: Local social de Agromadas, Seixalbo
Todos os socios, amigos e veciños de Seixalbo están convidados á pequena homenaxe que se vai levar a cabo para agradecer a César Norberto e Señora en representación dos demais herdeiros de César Iglesias, grazas ós cales Agromadas ten local social.
Mª Elena Glez. Iglesias: Coidadores e sandores no Seixalbo da posguerra
Data: 31/03/2012 08:30
Lugar: Local de Agromadas, Seixalbo
Obradoiro/charla de Corona Paz
Data: 25/02/2012 20:45
Lugar: Local de Agromadas, Seixalbo
A continuación da presentación de Moisés
Quintas, un pouco de música: Corona Paz, un referente da música tradicional
viva, compartirá dun xeito práctico co público o seu coñecemento sobre cantigas
populares do noso folclore.
Presentación da obra de Moisés Quintas sobre instrumentos tradicionais
Data: 25/02/2012 20:00
Lugar: Local de Agromadas, Seixalbo
O músico e estudoso do folclore Moisés Quintas
presenta en Seixalbo a súa recente obra: Guía didáctica de instrumentos
galegos, unha contribución imprescindible á conservación do noso patrimonio,
que vén de publicar a editorial Ouvirmos. En palabras do mestre artesán Antón
Corral, quen asina o prólogo do libro, esta obra supón "un legado de
coñecementos históricos e actuais, a piques de desaparecer sobre os
instrumentos populares e tradicionais galegos. Unha base para que os rapaces e
rapazas sintan curiosidade polo pasado, presente, e sexan así mesmo, posibles
continuadores e enriquecedores de futuro".
Exposición sobre o Entroido
Data: 12/02/2012 12:30
Lugar: Local de Agromadas, Seixalbo
Dende o domingo 12 ata o 22 de febreiro.
Unha homenaxe de Agromadas á nosa festa
grande, o Entroido:
Traxes, fotografías, coplas… e moi
especialmente á Comparsa da Aguillada quen dende principios dos anos 90 poñen
todo o seu empeño en confeccionar os seus traxes e coplas dando continuidade á
tradición popular. Colaboran nesta exposición ademais das Comparsas de Seixalbo
o Centro Xaquín Lorenzo.
Festival de Nadal
Data: 18/12/2011 18:00
Lugar: Igrexa Parroquial de Seixalbo
Concerto do Coro Universitario do Campus de Ourense e o tenor Baldomero Pavón
http://youtu.be/_bzkekE-GWI
Presentación da obra de Mónica Fernándeez: Que los niños se vayan al campo
Data: 26/11/2011 20:30
Lugar: Local de Agromadas, Seixalbo
Música grega en vivo
Data: 26/11/2011 20:00
Lugar: Local social de Agromadas, Seixalbo
Presentación do libro de Mónica Fernández Pintos:Que los niños se vayan al campo.Logo música de Grecia en vivo:colaboran un importante número de persoas para recrear o ambiente grego: guitarra (Manuel Herminio e Beppe, mandolina (Isidoro Borrajo), buzuki (Miguel Bande), armónica… e os intérpretes: Sula Repani, Marisa Nóvoa, Andrés Glez. Seara, Chus Pazo, Raquel Zon, Luís Borrajo, Chus Pazo, Amelia e Emilio González…
Ó cobro as aportacións anuais
Data: 13/11/2011 10:00
Lugar: Libraría "A Solaina", Praza Maior, Seixalbo
Xa están ó cobro os recibos para todos aqueles que colaboran con Agromadas na Librería Solaina. Son 10 euros.
Presentación da obra de Miguel Karballo: Socioeconomía humanizada
Data: 29/10/2011 20:30
Lugar: Local de Agromadas, Seixalbo
Miguel Karballo, polifacético pintor e escritor
ourensano presentaranos a súa novidosa proposta: Socioeconomía humanizada, que
vén de ser publicada.
“… Novos e mellores modelos organizativos son necesarios e posibles...”
Daniel Iglesias Losada e Leonarno en Concerto
Data: 29/10/2011 20:00
Lugar: Local social de Agromadas, Seixalbo
Despois da presentación da obra de Miguel Karballo Daniel Iglesias Losada, guitarra e Leonardo Blanco, violín interpreterán unhas pezas. Coma sempre, e como remate, algo de dóces e licores.
Viaxe Cultural pola Comarca do Ribeiro
Data: 16/07/2011 10:00
Lugar: Seixalbo
VI Festa dos Foros
Data: 02/07/2011 17:00
Lugar: Seixalbo
Inauguración do Local Social de Agromadas
Data: 04/05/2011 18:00
Co esforzo de todos a Asociación Agromadas levou a cabo a rehabilitación da casa natal de César Iglesias, doada polos seus netos da República Dominicana.
A inauguración foron invitados autoridades do Concello así como representantes das Asociacións Cívico-culturais de Ourense.
A Secretaria e o Presidente tiveron palabras de agradecemento a todos os que fixeran posible este proxecto, lembrando tamén a moitos dos coristas da Asociación que co seu traballo e esforzo contribuíron á realización desta empresa, algúns xa falecidos.
O Local abriuse cunha exposición dos pintores de Seixalbo Ana Belén Novoa e Guillermo Carro.
Solo voces
Data: 27/03/2011 18:00
Lugar: Igrexa de Seixalbo
Actos de Nadal 2010
Data: 26/12/2010 18:00
Lugar: Local central da Asociación de Veciños
Visita ao Campamento romano de Aquae Querquennae
Data: 11/07/2010 10:00
Lugar: Porto Quintela (Bande) e Muíños
Agromadas organiza unha visita cultural ao
Campamento romano de Aquae Querquennae Porto Quintela (Bande) e un xantar en Muíños.
Prezo: 20 euros (25 non socios). Autocar incluído.
Menú:
- Petiscos e empanadas
- polbo á feira
- cordeiro con ensalada
- xeado
- bebidas/chupitos
(Consultar prezos nenos)
Prazas limitadas!!!!
Apuntarse na Solaina antes do 4 de xullo
Conferencia: GALICIA, UNHA TERRA DE FOROS
Data: 06/06/2010 20:00
Conferencia: GALICIA, UNHA TERRA DE FOROS
a cargo de:
RAMÓN VILLARES
Presidente do Consello da Cultura Galega
Catedrático de Historia Contemporánea
(Universidade de Santiago de Compostela)
V Festa dos foros
Data: 03/06/2010 10:00
Lugar: Seixalbo
Actividades:
- Despois de xantar:
Artesanía, petiscos, xogos, música, viños
- 21:30 horas:
Procesión festiva polas rúas
- 22:30 horas:
Entrega II Premio Freire Carril
Teatro musicado na Praza do Cabildo
- 24::00 horas:
"Os Guezos" en concerto na Praza Maior
AGROMADAS RECIBE UNHA CASA EN DOACIÓN
Data: 01/03/2010 10:00
Representación teatral de Nadal
Data: 06/01/2010 18:30
18:30H: Representación teatral "Cartas ós Reis Magos"
Concerto de Nadal
Data: 20/12/2009 18:30
Lugar: Igrexa de San Breixo (Seixalbo)
18:30H: Coro de voces brancas do Orfeón Unión Ourensana-Fundación Caixa Galicia
Calendario de Agromadas para o ano 2010
Data: 01/12/2009 10:00
Lugar: Librería
Calendario de Agromadas para o ano 2010. A disposición na Librería
"Solaina". Os socios poderán recollelo gratis xunto ó co recibo da cuota
de socio e unha participación da lotería de Nadal.
Magosto. Domingo 8 de Novembro
Data: 08/11/2009 12:30
12:30H: ASAMBLEA XERAL
13:30H: MAGOSTO
Visita cultural a Oseira e comida do Socio. Domingo 5 de Xullo.
Data: 05/07/2009 10:00
Visita cultural a Oseira e comida do Socio.
Festa dos Foros. Sabado 4 de Xullo.
Data: 04/07/2009 10:00
Festa en honra á Eximición dos Foros en Seixalbo
Celebración do Día das Letras Galegas
Data: 16/05/2009 20:30
20:30H: ACTO LITERARIO MUSICAL
Presentación do libro: Seixalbo, anacos do pasado
Data: 28/02/2008 20:00
Lugar: Local da Asociación de Veciños San Breixo
A noite dos carrilanos
Data: 15/09/2005 21:00
Lugar: Saída desde Seixalbo ata a Estación de San Francisco
Carrilanos
Data: 23/04/2005 18:00
Lugar: Penouzos
A historia da construción do ferrocarril é a historia das xentes que nel traballaron. Seixalbo está especialmente ligado a esta obra e os protagonistas serán eles, para eles será a nosa homenaxe.
O Grupo vogal Foula cerrará o acto.
Fariña: As froitas que curan
Data: 09/04/2005 19:00
Lugar: Local de Foula
Charla de Javier Fariña sobre as propiedades beneficiosas das froitas.
A continuación un pequeno recital por manuel Herminio Iglesias, Cus Pazo e Nila Caballero
Visita guiada a San Cibrán de Las
Data: 13/03/2005 15:30
Lugar: Saída dende os Barreiros
Andainas polos arredores
Data: 06/03/2005 21:00
Lugar: Ponte do Río
Todos os martes e xoves andaina polos arredores, e os domingos 6 de marzo, 3 de abril e 17 de abril pola tarde, ás cinco un percorrido algo máis largo: Noalla, Veiga, Cumial...
Consuelo Benito:O Alzeimer e a demencia senil
Data: 15/11/2004 20:00
Lugar: Local da Asociación de Veciños San Breixo