Novas Abril 2023
Bases Premio Freire Carril
Data: 15/04/2023

 

Bases  e sistema de elección para o

Premio Freire Carril

1º.- O premio anual Freire Carril créase co obxetivo de distinguir a aquela persoa ou entidade que, residente en Galicia ou non, se distinga por a defensa da lingua e a cultura galega, asi como das súas tradición, ou que de algunha maneira, axude a engrandecer o pobo galego e ás súas xentes, tanto no eido cultural como social.

2º.- O premio Freire Carril terá un carácter simbólico, polo que carecerá de dotación económica. Constará de diploma acreditativo e figura con inscripción.

3º.- Todos os socios da Asociación Cultural AGROMADAS, asi como calquera entidade asociativa ou cidadá a título particular, poderán propor candidatos para optar a este premio, dous meses antes da festa dos Foros, que se celebra unha semana despois da festa de San Xoan, (24 de xuño).

4º.- Datas:

A.  : 1 de Abril, convocatoria, por parte da Asociación Cultural Agromadas do    premio Freire Carril do ano correspondente, por medio de carteis e medios de comunicación o alcance da Asociación.

B.   : 2 de Abril a 15 de Maio, tempo de presentación de candidaturas.

C.   : 16 a 30 de Maio, debate e fallo do xurado.

D.  : 30 de Maio, faise público o fallo.

E.   : Festa dos Foros, entrega do premio.

5º.- A Directiva da Asociación Cultural constituirase en xurado para escoller á persoa ou entidade premiada. Para un mellor funcionamento, o xurado poderá

recadar a presenza ou opinión de persoas idóneas co fin de asesorarse nunha determinada materia, antes de emitir o seu veredicto.

 

6º.- As propostas para participar no premio presentaranse sempre por escrito, estarán obrigatoriamente o mellor posible argumentadas e irán 

dirixidas ao presidente da Asociación Cultural Agromadas, en sobre

cerrado e facendo constar no exterior o seguinte: “Proposta para o premio Freire Carril ano xxxx”.

Só se aceptará unha proposta por entidade ou persoa.

7º.- Entre as propostas presentadas o premio Freire Carril, o xurado no tempo establecido, examinará, valorará, fallará e dará a coñecer o nome da entidade, persoa ou persoas ás que se otorga este premio, un mes antes da festa dos Foros. Os premios entregaranse nun acto público no día dos Foros, que organiza anualmente esta Asociación Cultural. O fallo do xurado será inapelable.

8º.- Se o xurado o considera oprtuno, o premio poderá quedar deserto, por carecer de candidatos ou non reunir estes as calidades necesarias que emanan do espíritu para o que foi creada esta distinción.

9º.- A interpretación destas bases corresponde o xurado.

10º.- A modificación destas bases corresponde á Xunta Directiva da Asociación Cultural AGROMADAS.

 

 

 

Asd.     José M. Alvarez                              Vº.Bº    Manuel Hermino Iglesias

 

 

           Secretario                                              Presidente


Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadass@gmail.com
alzia.net