Novas Novembro 2022
Presentacion do libro "O lugariño"
Data: 11/11/2022

Marga Seara

 

Coincidindo co San Martiño, o poeta Iago González presentou en Seixalbo, no Local de Agromadas, o seu libro O lugariño, publicado po Chan da pólvora.

Malia a xuventude do autor, o libro é extenso e profundo, e, chamativamente enraizado nas nosas orixes máis rurais e ancestrais.

A obra, prologada pola galardoada Olga Novo, recolle poemas de Iago González escritos ao longo destes últimos anos dos que recitou tres no acto, presentado pola propia Olga Novo.

En Agromadas estamos orgullosos e agradecidos de ter acollido a estes dous grandes poetas cos que esperamos contar noutras actividades do futuro.


         

Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadas@seixalbo.com
alzia.net