A primeira das actividades programadas desde Agromadas para este
trimestre foi valorada moi poistivamente pola directiva e polo público
asistente: “Cumpríronse de sobra as expectativas”, aformou o Presidente
Manuel Herminio.
O público gosou dunha presentación interesante e amena das propostas de
Miguel Karballo, co que se abriu un pequeno debate. Despois foron Daniel
Alexandre Iglesias Losada e Leonardo Branco os que fixeron vibrar ó
público que enchía a sala: un programa difícil, pero exquisito con obras
coma as de Piazzola, executado con mestría. Para o bis requerido
insistentemente polos asistenten Leonardo e Daniel reservaron unha
versión da coñecida peza “Lelia” con arranxos de Manuel Herminio. Para
rematar, Agromadas ofrecía petiscos e bebidas, momento idóneo para o
intercambio de ideas, parabéns e futuras colaboracións.