Novas Marzo 2018
Cartel da festa do reloxo
Data: 16/03/2018


Cartel da celebración do 1º centenario do reloxo.
Celebración dos 100 anos do reloxo
Data: 15/03/2018


Triptico con algo da historia do proceso de compra e instalación do reloxo e a campá que os veciños da parroquia de Seixalbo, encabezados por o parroco, D. Evaristo Vaamonde, colocaron na torre da igrexa para disfrute de toda a parroquia e mais de toda a contorna.

HISTORIA

         A finais do ano 1917, exercendo de párroco de Seixalbo D. Luciano Evaristo Vaamonde, e acabándose de construir a nova torre da igrexa, despois de caer a vella, proponlle ós veciños da parroquia comprar un reloxo para a devandita torre e para servizo de toda a parroquia, dado que na contorna non había ningún. Os veciños, coa xenerosidade e solaridade que sempre demostraron para obras do común, aproban a proposta.

         E é asi como nos primeiros meses do 1918, D. Evaristo comeza os contatos coas mellores fábricas de reloxos do momento, a nivel nacional, e pide presuposto a Hijos de Ignacio Murúa, de Victoria por ser esta casa a que colocou o da catedral de Ourense.

         Despois de intercambiar prezos e condicóns de montaxe, (D. Evaristo esixe que sexa o mesmo montador que montou o da catedral), acordan: “comprar el reloj del nº 8 de nuestro catálogo, de 420 m/ms, la rueda de sonería con repetición de horas, sistema horizontal y ocho días de cuerda, el precio de hoy sin accesorios, son pesetas:   1430,00.

Esfera de chapa galvanizada de 80 c/ms de diámetro:  150,00.

Poleas de trasmisión, poleas con gancho, engranes de ángulo, matillo, escuadras, para su colocación:  150,00.

Pesas de hierro fundido en peso suficiente con sus correspondientes cables de acero galvanizado:  300,00.

        Total son PESETAS……………….2030,00

Los gastos de colocación será de cuenta de Vds. Consistentes en el abono de los viajes de ida y vuelta en  2ª clase, manutención durante la estancia para la colocación y 7,50 pesetas diarias de jornal para el montador que se designe para dicho montage”. (sic)

        Logo dunha carta de D. Evaristo pedíndolle unha rebaixa nas condicións económicas da posta en marcha, e ofrecéndolle a súa casa para comer e durmir ó montador, a fábrica Murúa proponlle as condicións definitivas para a montaxe:

……en atención principalmente a Vd y por las simpatías que ya tenemos adquiridas en Galicia por nuestras obras colocadas, acogemos con sumo agrado su ofrecimiento, pudiendo entonces con la mayor confianza permanecer un hijo de la casa quien será quien iría a efectuar la colocación.

No se le cobrará ni jornal ni viajes de ida y vuelta. Si para más rapidez y prontitud quisieran que se facture en gran velocidad dicho porte se pagaría a mitad. En pequeña velocidad puede tardar un mes como puede tardar tres. (sic)

        E así o 14 de febreiro, recíbese o talón para recoller o reloxo que fora remetido por gran velocidade.

         O transporte dende a estación do ferrocarril ata Seixalbo, efectúase en carro de bois, pois suponse que sería o mais económico.

         Un ano antes comprárase a campá para este reloxo, que se colocara uns meses antes, tamén polo mesmo sistema, e que D. Evaristo mais a comisión de veciños contratan a un fundidor do contorno de Celanova, chamado D. Juan Ruiz del Mazo, veciño de Celanova, co que acordan o seguinte compromiso:

En Sejalvo a veintiséis de Marzo de 1917 comparecen de mi parte D. Juan  Ruiz del Mazo, vecino de Celanova, soltero, mayor de edad, fundidor y de la otra la Comisión, compuesta de los señores:

D. José Pereira, D. Manuel Iglesias, D. Eugenio González, D. Manuel Freire González, D. José Cid, D. Manuel Vazquez, D. Antonio Rodriguez, D. Victorio Quintana, D. Cándido Iglesias, D. Herminio Yglesias, D. Antonio Freire, D. Manuel Rivo, D. Manuel Pavón, D. Gerardo Sequeiros, D. Cándido González,     D. José Iglesias Freire, todos vecinos de Sejalvo, termino municipal de Orense, mayores de edad, de profesión labradores, convinieron: en que el primero hiciese y colocase una campana para servicio de la parroquia en la torre de la iglesia con su correspondiente yugo y peso de veinte y dos arrobas por el precio de mil doscientas pesetas, incluyendo el badajo, teniendo presente la aleación de cobre y estaño, forma y pureza, cual exijen las reglas del arte, a razón de cincuenta pesetas arroba. Realizado lo expuesto se le entrega a cuenta la cantidad de quinientas veinte y tres pesetas, quedando por lo tanto adeudando al señor Ruiz la suma de seiscientas setenta y siete pesetas que se le harán efectivas en todo el mes de Agosto próximo. Asi se conformaron todos en el día de la fecha, no firma el José Cid por expresar no saber, haciéndolo a su ruego el vecino José Iglesias.

        Recibi todo

        Juan Ruiz del Mazo

Siguen las firmas de los vecinos antes nombrados. (sic)

        Logo de 50 anos funcionando, xa requiría unha reparación a fondo, pois os coxinetes de bronce gastáranse. Foron as mans expertas de Antonio Rivo, as que o arranxaron e puxeron a funcionar de novo perfectamente. Foi ó cavo de outros 40 anos, José M. Alvarez, sen tocar a parte mecánica do reloxo, montou o automatismo necesario para que collera corda en automático e as badaladas foran con martelo electromecánico eliminando os arames exteriores. Sistema que leva funcionando dende decembro do 2002. Esperamos que, cos coidados necesarios de mantemento e conservación, os nosos netos poidan celebrar o 2º centenario.

(Información recollida no Arquivo Diocesano).


100 anos do reloxo
Data: 09/03/2018
O día 17 de marzo, AGROMADAS  en colaboración coa Asociación de Veciños San Breixo colocará unha placa na fachada do adro da igrexa recordando o 1º centenario do reloxo.Con tal motivo, tamen se vai celebrar un concerto na igrexa, no que participarán os grupos: Así canta o noso pobo, Trobare e Cantigas de Seixo.

Placa que recorda a efemérides


Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadass@gmail.com
alzia.net