A ausencia de Anselmo Iglesias e a chegada de Xoan Manuel

A morte de Anselmo

Anselmo Iglesias

A morte inesperada de Anselmo Iglesias, en Agosto de 1995, obriga a asumir a dirección de Agromadas a Xoán Manuel Iglesias. AGROMADAS empeza unha nova etapa dentro da continuídade que supoñía que o director saíra de dentro da mesma agrupación.
A desaparición de Anselmo, aínda que sendo un trauma polo inesperado e polo baleiro que musicalmente e humanamente se producía, foi superada co bo facer do novo Director e o gran interese dos coristas.

O labor musical de Anselmo

Durante os anos que van dende o 1987 ó 1995 Anselmo desevolve un fecundo labor musical en Agromadas. Estes case oito anos serven para formar unha coral na que el conseguiu imprimir unha dinámica de traballo e unha estética musical alonxada do chocalleirismo no que se atopan moitas corais que interpretan a música en xeral, e, a galega, en particular. Anselmo sempre tratou de facer as cousas con gusto artistico. Era un director exquisito que dicía que o popular non ten que ser sinónimo de chocalleiro e zafio.
Esa estética musical deulle certa satisfacción ós coristas e xunto co repertorio apuntalou a persoalidade musical de Agromadas no mundo coral.

A época de Xoán Manuel

Xoán Manuel, aporta un aire novo

á Coral.

Foi en Ferrol, no mes de Abril, no Festival de Habaneras cando Anselmo Iglesias dirixiu o coro que fundara por última vez. A partir desa data Xoán Manuel, o seu sobriño, colle a responsabilidade de levar o timón de Agromadas. Xoán ten vinteún anos e no mes de xuño nas festas de Corpus de Ourense ten que dirixir o coro no Orfeón ourensá. O novo director ten gañas de facer cousas. A chegada de Xoán obriga á a agrupación a asumir un maior índice de compromiso para mellorar tecnicamente e un repertorio máis complexo. Se Agromadas na época de Anselmo tiña un nivel aceptable e recoñecido por toda a provincia, Xoán que sempre fora corista baixo a dirección do seu tío, irrumpe coa intención de dar un salto e subir o nivel musical da agrupación que agora dirixía.


Os primeiros premios

Foto da Coral Agromadas baixo a dirección

de Anselmo

E será baixo a dirección de Xoán Manuel cando cheguen os primeiros recoñecementos: O festival de Panxoliñas do concello de Ourense onde no ano 1995 Agromadas acada o segundo premio. No 1996 acada no mesmo festival o 1º premio e o especial do público. Naquel mesmo ano obtén ó 1º no XXXI festival de panxolíñas de Caixavigo, final que se celebrou no teatro Garcia Barbón e no teatro Rosalia de Castro na Coruña.
No ano de 1999 acada Agromadas no Festival coral Vila de Marín o segundo premio. Igualmente no ano 2000 foi seleccionada para participar no XXXII festival coral de Egea de los Caballeros no que participaban corais de toda España.

Xoán Manuel, seguindo o que xa era unha tradición en Agromadas, tamén aporta diversas composicións e harmonizacións que obrigan ó coro a participar en festivais de composición e interpretación de Galicia celebrados en Vigo no teatro Garcia Barbón, onde Xoán gaña dous premios: Segundo no ano 1999 e o primeiro no ano 2000 coa obra Sentimentos amorosos.

Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadass@gmail.com
alzia.net