PUBLICACIÓNS DE AGROMADAS

A laboura cultural da Agrupación Cultural Agromadas non se cinxiu somente a dar concertos e a organizalos. Agromadas querendo ampliar o campo de acción colaborou con públicacións ademais de facer as súas propias. Este é o listado de públicacións feito ate o momento:

1º Memorial Anselmo Iglesias Vázquez de Música Coral Galega de Nova Creación.

É unha recopilación deste certame de composición e interpretación coral e recolle as obras que foron premiadas no mesmo.















Música Coral.

Contén a obra músical de Anselmo Iglesias Vázquez.















Coral Agromadas: 15 anos cantando.

Trátase dun CD que recolle unha traxectoria de 15 anos de traballo musical da Coral Agromadas.










Cantigas Galegas.

Inclue doce pezas para guitarra, de Manuel Herminio Iglesias Vázquez.















Seixalbo e os seus nomes de lugar.

Escrito por Marga Seara Pazo o libro trata sobre os nomes de lugar en Seixalbo, fai un achegamento etnográfico para nos axudar a comprender o pasado da nosa cultura rural e para preservar a microtoponimia de Seixalbo.














Desde a Xanela . Relatos e Poemas ilustrados.

Este libro e unha experiencia colectiva na que participaron quince autores, todos de Seixalbo. Uns aportaron os seus relatos e poemas, outros os seus debuxos.















Seixalbo: Anacos do pasado
O libro recolle un traballo histórico-etnográfico sobre Seixalbo coordinado por Margarita Seara Pazo, do que son coautores Elena González Iglesias e Manuel Herminio Iglesias Vázquez.

No me hubiera gustado haberme podido perder el libro, me ha encantado... mi familia por parte de mi padre también es gallega y las caras, los cuerpos, la manera de sentarse en grupo para hacer las fotos familiares y tantas cosas más, se me han venido al recuerdo.  Es fundamental hacer historia.... La historia da seguridad y confianza a los pueblos”.

Marta Duran. Universidad de Alcalá (Madrid)

"El libro es bueno en todos los sentidos: responde a una investigación tan meticulosa que poco queda ya por decir de la historia de Seixalbo... está realizado con la pasión de quienes viven intensamente su cultura y además es todo un alarde de edición, tan cuidada que hace irresistible su lectura

Manuel Amezcua. Presidente de la fundación INDEX




Nota: As persoas intersadas en adquirir este material, pódeno solicitar á dirección de Agromadas.

Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadass@gmail.com
alzia.net