Deste xeito nace a Asociación de Veciños San Breixo, queestará practicamente inactiva ata decembro de 1985. Nesta data empeza a camiñar reivindicando unha serie de melloras que se fan públicas nunha Táboa Reivindicativa.
A partires desa data San Breixo traballa para que se supriman ós Alcaldes de Barrio e se recoñeza ás Asociacións veciñais como entidades representativas dos veciños. Este recoñecemento virá da man do Alcalde de Ourense D. Manuel Veiga Pombo, feito que permitirá que se empecen a arranxar os problemas e se fagan en Seixalbo importantes inversións afrontando eficazmente os problemas da nosa comunidade.
Desta maneira mellorase na iluminación pública; paviméntanse pistas e accesos a Seixalbo e a Zaín; renóvase toda a rede de sumidoiros, traída de auga e cámbiase o enlousado do pobo. Igualmente faise a sede social da Asociación. Afróntanse os plans de renovación eléctrica Perga e Mega. Anchéase a rúa Seixalbo dotándoa de beirarrúas, sumidoiros e traídade auga. Recuperanse ós comunais do Carqueixal, Chao da Moa, campo de futbol do Carqueixal e as instalacións deportivas e o parque da Infesta.Dótase a Seixalbo dunha área pública na Infesta. O servicio de autobuses chega ó Cumial e un longo etc.