CANTO DE NADAL
IMOS CANTANDO
Imos todos cantando
na mellor festa que hai
o nacemento do Neno
que está no colo da nai.
Esta canto de Nadal tradicional extraído do cancioneiro de Gustavo Freire pareceume moi interesante tanto pola música como polo texto. Arranxeino para guitarra, coa intención de que , ademais de cantalo empregando as acordes da tonalidade, se poida tocar nestas festas tan entrañables dunha maneira máis guitarrística.
O Nadal é un tempo morriñento que hai que animar xuntándonos para arredar a saudade que temos ao lembrar aos ausentes.
Só queda animar aos guitarristas a interpretala, seguro que lles gustará. Igualmente aqueles que o desexen poden mandarme a través do correo de Agromadas, ou do meu as consideracións que estimen oportunas. Anticípolles que as lerei con atención e as tomarei en conta.
mhiseixalbo@gmail.com
¡FELIZ NADAL E OS MELLORES DEXESOS DE
PAZ E PROSPERIDADE PARA O 2010 !!!