CANTO DE NADAL
ALUMEAi
Aluméame, aluméame
estreliña da fartura.
Aluméame, aluméame
mentres que non sae a lúa.
Esta cantiga tradicional, como case todas as deste tipo, ten varias músicas. É, polo tanto, un alalá moi coñecido en Galiza. Eu, seguindo a liña habitual, escribina de oído ampliándoa para guitarra coa intención de ampliar o repertorio de cantigas galegas para este instrumento. A partitura está na tonalidade de La maior, e no seu camiñar musical pasa pola tonalidade menor. Despois de tocala varias veces resúltame agradable e penso que é interesante. Espero que os que a interpreten teñan a ben contarme o que lle parece.
mhiseixalbo@gmail.com