Segundo o Diccionario da Real Academia da Lingua, “rural” significa: pertencente ou relativo ó campo.
¿Es ti un deses afortunad@s que disfrutan da vivencia no medio rural? ¿Dos que aínda hoxe, polas mañás, desperta co canto dalgún galo que marca deste xeito o seu territorio e proclama ós catro ventos así o seu mando? ¿Dos que, ó asomarte pola fiestra do teu estudio podes observar diferentes especies de paxariños enon só as enormes bandadas de pombas e gaivotas que hoxe póboan as nosas cidades e, dito sexa de paso, enchen todo de suciedade? ¿Dos que poden pasear pola rúa sen pisar esa horrorosa alfombra de chicle (invento do que os norteamericanos poden estar trememendamente “orgullosos”) que se forma en cada unha delas? ¿E que me din dos inoportunos e frecuentres “encontros” con algún excremento de can, que pola pouca educación cíviva dos seus donos podemos sufrir en calquera beirarrúa, parque ou xardín das nosas modernas cidades?
¿Atópaste nese afortunado grupo de persoas que pode ler un libro ou escoitar a súa música preferida sen oír ese ronronear continuado e constante do tráfico nas cidades? ¿Dos que ó asomarte ó balcón da túa casa ves o ceo claro e limpo, sen esa néboa artificial formada pola contaminación que desprenden os fumes dos coches e das calefaccións? ¿Dos que escoitan durante todo o día as horas que marca o reloxo do campanario da igrexa do teu pobo, ou os diferentes toques de aviso cos que as badaladas chaman así a atención dos parroquianos?
¿Es dos que coñece a tódolos seus veciños, fala con eles, sabe dos seus problemas e, incluso participa deles, na parte que pode, como se foran propios? ¿Dos que vive alí onde todavía hoxe en día se celebran festas e celebracións tanto relixiosas como paganas, de longo arraigo popular pola súa antigüidade no tempo?
Se es quen de contestar a todas estas preguntas afirmativamente, felicítote. Eu tamén disfruto de todos estes privilexios e estou orgulloso de poder compartir este beneficio.
Teño a fortuna de vivir nun Entorno rural de valor etnográfico. E, aínda que a expresiónsemelle nada máis que unha formal definición de diccionario simple e fría, o certo é que engloba axeitadamente o conxunto de características que usariamos para describir tanto a súa apariencia como pobo, como a forma de vida das persoas que viven nel.
Un núcleo cunha estructura medieval moi ben conservada, coas súas canellas, recantos, atallos e rúas empedradas, coas súas casas con balconadas e portas de madeira, que viron pasar xeracións e xeracións de veciños ó longo da súa historia, e por onde o tempo parece non querer asomar, para non roubarlles o encanto da súa quietude e misterio.
Un entorno onde as xentes loitan con celo para protexer e conservar as súas tradicións, as súas festas, celebracións relixiosas, as súas costumes, a súa lingua... nunha palabra: a súa etnografía; todo aquilo que os define como un grupo humano diferenciado cunha identidade propia.
Consecuencia de todo isto é que hoxe poidamos seguir disfrutando por exemplo, coas pasaxes do seu entroido máis ancestral, onde as figuras dos dous mecos autóctonos recorren as rúas ano tras ano en animadas e festivas procesións mesturados co lume dos “fachóns” de palla que portan os veciños dándolles escolta. Ou o antergo enterro da sardiña, cos seus encontros e desencontros cos poderes fácticos locais, ós que molestaba a súa similitude con outros actos de carácter relixioso e non tiñan reparos en saír a recriminar e perseguir ós que o celebraban. Hoxe en día vivimos a paradoxa de que son precisamente as mesmas autoridades locais as que potencian este tipo de demostracións populares en tódolos pobos, como reclamo turístico.
As súas festas de Fin de Ano, nas que, aínda non hai moito tempo, celebrábase os chamados “parrafeos” e “cédulas”, que eran unha forma de acercar democraticamente, e aínda que só fora por un día, as diferentes clases socias que sempre hai nunha comunidade veciñal.
Un lugar onde ó caer a tarde, baixo á rúa, séntome na pedra e charlo cos meus veciños de todo o imaxinable, conversas sen grande trascendencia, pero profunadamente agradables e relaxantes, polo que supoñen de convivencia veciñal e olvido da dura xornada de traballo que todos temos que afrontar a diario.
Se ti, coma eu, estás encantad@ de vivir neste lugar, e gústache que o goberno municipal promulgue leis encamiñadas a protexer e coidar o entorno do que aínda disfrutamos e se habiliten medios para recuperar e adecentar zonas concretas de especial relevo, ou crear infraestructuras para a cultura, para o deporte ou o ocio, para que por lei, se respecte a conservación destes lugares e non poidan modificarse, e que nun futuro, disfruten os nosos fillos e netos de alomenos o máis semellante ó que nós disfrutamos antes, e que non prexudique nen grave só ós veciños, senón que, ó ser este un núcleo de valor etnográfico, é un ben cultural de propiedade supraveciñal e polo tanto, pasa a ser un pouco de todos, polo que é lóxico que as administracións públicas prevexan axudas e subvencións que mitiguen o prexuízo que poida representar para os veciños o non poder modificar o aspecto das súas vivendas, e ademais usar uns materiais concretos, segundo as normas que se especifican en cada plan. No noso caso, o Plan Especial de Reforma Interior para o noso pobo.
É por iso que todos temos o deber e a obriga de contribuír co noso esforzo persoal e parte dos nosos impostos á conservación do noso entorno. Por esta razón todos temos traballado e loitado a reo por conseguir, primeiro a redacción do plan, para o que tivemos que usar todos os medios que estaban ó noso alcance; firmas, escritos, pancartas... ata rematar por acadar a súa aprobación.
Este Plan, ademais de intentar conservar o aspecto xeral do medio rural no que vivimos sen renunciar á calidade de vida que hoxe en día demandamos todos os veciños, tamén supón un beneficio material para o pobo, pois tendo en conta que se habilitan subvencións para obras particulares e de infraestructuras públicas, créase tamén unha bolsa de traballo moi importante que sempre axudará á creación de emprego e beneficiará, en maior medida, ás empresas locais.
Este lugar, como imaxino que xa adiviñarías, é Seixalbo. Unlugar onde, sen renunciar a ningún dos servicios que poidan disfrutar no centro da cidade, contamos cunha calidade de vida que para si quixeran os veciños dos barrios máis céntricos.
Se seguimos respectando o noso entorno, conservando as nosas raíces, as nosas costumes e tradicións, sen renunciar loxicamente á demanda de benestar necesaria hoxe en día, poderemos legar ós nosos fillosmellor calidade de vida da que nós mesmos disfrutamos.
Pero, se isto é así, ¿onde estabas cando unha ampla maioría de veciños coas súas firmas, escritos, pancartas, etc. reclamabamos a aprobación final dun Plan Especial de ReformaInterior específico para o noso pobo?
E digo cando reclamabamos a aprobación, porque cando por fin estivo aprobada, xa sabemos todos en que lado te situaches.