Volume 12 Número 1 Ano 2009
Autor:Jesús Bande Cid
OBXETIVO TECNOPOLE . CHEGAR NON É DOADO
Autor: Jesús Bande Cid
Galego
Cando digo que non é doado chegar, non é porque estea afastado e agochado. Non; está nunha área industrial. O polígono industrial de toda a vida. Grande ou pequeno, pero o mellor que temos. Parece que a deixadez ou o descoñecemento ou ambas cousas a un tempo, fai deste lugar un obxectivo de difícil acceso.
Fai un tempo, xusto no período preelectoral das últimas eleccións para o concello de Ourense, os tres candidatos á alcaldía comparecían ante un grupo de Ourensáns que mostraban as súas inquedanzas e dúbidas ante os diferentes programas electorais de cada candidato.
O presentador ou interlocutor do grupo, a xeito do programa “Tengo una pregunta para usted”, preguntoulle ós tres candidatos: “¿ Canto custa o autobús dende Ourense ó Parque Tecnolóxico?”
O primeiro en responderr foi Henrique Novoa (Poli), candidato por o PP, coa cifra exacta do custe dun autobús urbano: “¡ 60 céntimos!”
Foi o candidato do BNG, Alexandre Sánchez Vidal quen o correxiu dicindo que non era correcta a resposta, pois o Parque Tecnolóxico estaba nas afóras e por o tanto o custe era o correspondente a un transporte interurbano.
O candidato do PP recoñeceu o seu erro ante a mirada dos Sres. Alex Sánchez Vidal, orgulloso da súa resposta e Francisco Rodríguez, ó que a contestación do anterior parece que o satisfacía.
Foi nese momento, cando parecía que xa había consenso, cando o interlocutor espetou: “¡Non existe autobús público dende o centro ata a Tecnópole¡”. A cara dos tres candidatos era digna de ver.
Esta pequena anécdota reflexa a ignorancia dos nosos dirixentes. ¿ Como é posibel que alguén que pretende ser candidato ó concello de Ourense ignore cousas que para eles deberían de ser básicas?
¿Como se pode mellorar se non se sabe o que está mal? Se se descoñecen as necesidades dos cidadáns, malamente se lles poderá poñér remedio.
Despois desta exposición, parece que queda clara a falta de infraestruturas de transportes ó máis importante centro industrial de Ourense. O que se achegue ata aquí deberá facelo, ou ben por transportes específicos proporcionados pola súa empresa, en taxi ou ben por medios propios.
Pero chegar en coche tamén ten a súa historia. Son moitas as rutas que podemos escoller para chegar.
A primeira podería ser pola estrada de Ponferrada, e acceder por Monterrey. Salvo a precaución de respectar as sinais de velocidade con alto risco de ser sancionado non habería gran cousa que obxectar.
A segunda sería pola estrada de Santa Mariña. Despois de varios anos de obras, foi inaugurado fai un par de meses un tramo que facilita o acceso. Algo se mellorou. A terceira posibilidade é a subida por Seixalbo ata o Cumial, para continuar por Reboredo ata o propio Parque Tecnolóxico. Moito se falou das curvas e da alta sinistralidade do tramo que pasa por Seixalbo. Accidentes, atropelos, saídas da estrada…
A cuarta posibilidade é o acceso polo Polígono Barreiros ata Reboredo.
É precisamente do tramo Reboredo-Parque Tecnolóxico, que comparten as alternativas tres e catro, do que quero falar.
Chegamos ó reino de taifas pertencente a San Cibrao. Un sitio onde parece que a xente está disposta a asumir todo cunha estoicidade digna de estudio. Trátase dun tramo especial, onde cada vez que chove, os buratos no firme saen como setas. É curioso como cada ano se repite o mesmo. Á saída dalgunha rotonda sempre nos esperan os mesmos buratos que como condutores habituais debemos acostumarnos a recoñecer e sortear se non queremos facer pasar o coche por riba deles con risco de rebentar a roda.
Dende que xurden os primeiros buratos ata que se arranxan poden pasar meses. Temos todo ese tempo por diante para ver diariamente o seu desenvolvemento. Cada vez facémonos máis expertos en esquivalos e o costume fai dese obstáculo algo cotiá que chega a ser normal.
A recta á altura do Parque Tecnolóxico tamén ten o seu interese. Son dous carrís que, en época de chuvia, transfórmanse en un e medio, pois a metade dun resérvase para as arquetas, buratos e esquivar os regueiros de auga que libremente ocupan parte do carril dereito.
Tamén é digna de mención a glorieta única en moitos quilómetros á redonda, na que non é necesario mover o volante para tomala, pois está situada a un lado da estrada.
Con este panorama a viaxe, cando menos, é pintoresca.
Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadass@gmail.com
alzia.net