Volume 2 Número 1 Ano 2005
Autor:Ernesto Carratalá
Laetitia
Autor: Ernesto Carratalá
Galego
Franco pensou deixar todo atado e ben atado.Pero o seu erro estaba na palabra "todo". Á súa morte, aquel estado retrógrado, escurantista a máis non poder que el impuxo, deu paso a unha dinámica progresista de normas e costumes liberais das que nunca antes disfrutara España.

Unha cousa que el nunca quixo para si, deixóunola sen embargo ós demais atada e ben atada: a monarquía hereditaria. A gran paréntese que se abre o 14 de abril de 1931 foi pechada polas Cortes franquistas o 22 de novembro de 1975, despois de 44 anos de ausencia real e de saltarse "á torera" un eslabón da dinastía borbónica chamado Juan de Borbón.Así, os repulicanos, vencidos sen retroactividade, non puidemos máis que pechar coa institución que nos legaba o dictador.

Entre o inevitable de tal imposición e os xestos democráticos de D. Xoán Carlos ó longo do último cuarto de século, encabezados sobre todo polo 23 de febreiro de 1981, boa parte dos republicanos españois sentímonos agora xoancarlistas no noso fuero interno.Iso quere dicir que, no suposto dun hipotético referéndum que puxese a proba a ratificación dunha monarquía vitalicia a favor de don Xoán Carlos de Borbón, moitos de nós dariámoslle o noso consenso.Salvando todas as diferencias existentes, temos o caso cercano do ex rei Simeón de Bulgaria promovido agora a xefe de goberno.

O paciente e agudo lector deste artigo, seguro que xa ten reparado no adxectivo "vitalicia" co que adornei a palabra monarquía.É ben sabido que en democracia os cargos púbricos exércense durante prudentes prazos preestablecidos convencionalmente, agotados os cales, elíxense novos responsables.Son insólitos os postos vitalicios: tal vez algúns presidentes honoríficos de institucións culturais, artísticas ou deportivas. Pois ben, un deses cargos podería ser o rei electo vitalicio ou presidente da república, segundo como se prefira chamarlle e consideralo.Pero o que repugna ó espírito democrático auténtico é o pretendido carácter hereditario de calquer cargo que sexa. Se non se herda o de presidente do Parlamento ou da Academia da Lingua, nin o da Xefatura do Estado Maior, ¿ por que se vai herdar o de rei? ¿ Que méritos reúne unha persoa polo simple feito de ser fillo doutra?

Este preámbulo vén a conto polas palabras que mascullou o príncipe don Felipe ata facelas case inintelixibles ante un grupo de xornalistas o fausto día da pedida de dona Letizia: "Este enlace suporá dar continuidade á Coroa, un eslabón máis na cadea dinástica". ( Cito de memoria, e tal vez a miña transcripción non sexa fiel, pero non importa agora a literalidade.)

Calquer estudiante de bacharelato de Letras, cando aínda se ensinaba latín en secundaria, ou que teña un diccionario escolar desa lingua ó seu alcance, saberá dende o día 6 de novembro que a palabra con que titulo este artigo significa "alegría".A Real Academia Española recóllea na súa forma castelá "leticia", advertíndonos que é pouco empregada.E ten razón a Academia, pois refírese ó substantivo común e non ó nome propio, non descoñecido en España e menos que o será de agora en diante. Letizia Ortiz escríbeo con zeta porque gustoulle o erro ortográfico dalgún amanuense e ademais, xa vemos que lle cadra ben coa de Ortiz.

Pois ben, esta moza, despois de anos de ancandilar ós telespectadores coa súa oratoria fluída e o seu xesto convincente levoulle a ledicia ás boas amas de casa do pobo chan.Observo nisto un certo paralelismo coa saga de Eva Duarte de Perón, personaxe en quen os "descamisados", con simpatía e orgullo vían encumbrada a un dos seus.

Para o 22 de maio do 2004 anunciouse o matrimonio morganático de Felipe de Borbón e Greciae Letizia Ortiz Rocasolano. Cando eu era mociño e lía a Salgari, cría no fondo das miñas circunvolucións cerebrais que a palabra "morganático" derivaba de Morgan, corsario inglés do século XVll. Hoxe sei, que tal adxectivo procede da palabra alemana morgen,"mañá", por referencia á dote que o patricio daba á pleveia a mañá da voda ( morgengabe ).

Estes matrimonios morganáticos son o pan de cada día actualmente en Europa.O herdeiro da Coroa noruega, príncipe Haakon casou coa pleveia Mette-Marit de ascendentes dudosos. O da Coroa holandesa, Guillermo, casou cunha pleveia arxentina de nome Máxima Zorreguieta e antecesores pronazis.Precedeunos con moito o rei de Inglaterra Eduardo Vlll, que casou por amor coa pleveia norteamericana Wallis Warfield, divorciada dúas veces ,véndose obrigado a abdicar do trono.

O pasado enlace do príncipe Felipe e da xornalista Letizia non debe chocar, pois, comparativamente.Non é o primeiro caso en Europa. Pero ¿ e en España? Eu diría que se a historia non minte é o primeiro matrimonio morganático que se dá na casa dos Borbóns entre os herdeiros da Coroa.Repasemos a lista dos monarcas desta dinastía, pero sen cantaruxar, non como o facían noutrora nas escolas para memorizar a dos reis godos.


Laetitia


O enlace Borbón-Ortiz foi, polo tanto una novidade en España, e ó seu carácter morganático engádeselle, coma no caso de Eduardo VIII, que a noiva é divorciada.Esta particularidade, que impediu que Eduardo continuara coma flamante rei de Gran Bretaña e Irlanda e emperador da India, non sabemos canto estará afectando ás autoridades gubernamentais e eclesiásticas españolas. Eu, non obstante, como membro do estado chan, sinto certa inquietude ante a perspectiva de Dona Letizia, nova para ela, de casar agora pola Igrexa.Se anos atrás o fixo só polo civil, parecería loxico pensar que non se sentía católica, polo tanto veríase obrigada a renegar das súas conviccións. Non é que isto sexa alleo ás dinastías reais: a bisavoa de Don Felipe, Victoria Euxenia de Battenberg, sería protestante anglicana ( como lle tocaba xeograficamente ) e casou cun católico; Dona Sofía de Grecia, nai de Don Felipe, sería ortodoxa ( pola mesma razón anterior ) e casou con outro católico. Estas "conversións" son comúns entre os patricios e normalmente refrendadas polas igrexas. Supoño que os suxeitos pasivos sopórtanas con resignación,cando non alardean cinicamente delo como o fixo o Vert Galant ( Enrique IV de Francia ) ó pronunciar aquilo de que París ben vale unha misa.

A conversión de Dona Letizia, é tamén insólita: do acatolicismo ó catolicismo. Descoñezo, por suposto, se Dona Letizia era ou é budista ou tal vez ciencioloxista, ou se, sentíndose posiblemente católica, accedeu por respecto humano a obviar o trámite eclesial. Pero creo saber, que se o matrimonio chegou a consumarse –mera hipótese- , Dona Letizia tivo que pasar polas horcas caudinas e confesarse do pecado de fornicación. (v. Catecismo da Igrexa Católica, 1992, párrs, 2353 e 2396 ).Se Don Felipe –decidise evitar esa humillación e renunciase a casar pola Igrexa, xesto que emularía ó do seu parente lonxano Eduardo VIII, unha boa chea de republicanos e eu entre eles, mandariámoslle comoagasallo nupcial o noso plácet para o seu nomeamentono seu día, de rei vitalicio de España. Xogando coa semántica, como o fixo recientemente algún político referíndose a Don Xoán Carlos, eu diría que nacería nese caso o republicanismo felipista.

Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadass@gmail.com
alzia.net