Volume 11 Número 3 Ano 2008
Autor:Maria Elena Ases
Soria de sur a norte
Autor: Maria Elena Ases
Galego Valenciano
A realidade demográfica soriana, cen mil habitantes en total, dos que corenta mil na capital, representaba unhas cifras moi exóticas para uns levantinos e disparárannos a imaxinación. Poucas veces nos foi regalado apreciar esta ausencia humana.
Fai clic para agrandar...
Romanillos de Medinacelli

En efecto, atravesamos ducias de quilómetros sen nada, unhas estradas secundarias estreitas e desertas baixo a inmensidade do ceo e do gra. Ningún diseminado de casas, ningún polígono, ningún entrañado periférico, nin urbanizacións, a penas os postes da rede eléctrica e telefónica. Este predominio da realidade non antrópica facíanos sentir coma formigas camiñando sobre veludo.

Soria alberga grandes extremos climáticos, frío, calor e tanto aire que acciona espectacular e silenciosamente as nubes coma único elemento en movemento. Entre terra e ceo, as únicas diverxencias paisaxísticas aparecían relacionadas con un río e o seu regueiro que axiña anunciaba un núcleo urbano preto, o esquema poboacional era sempre o mesmo, e a certeza de que estas estampas non variaran a penas desde a Idade Media.

Este minimalismo, esta realidade do case que nada agranada por ventos terribles, seguramente contribuíu á construcción do xeito castelán: unha mestura d’aixutesa, de palabras escasas desprovistas de amabilidade. “A dónde vais con este invento” foron as palabras de acollida que nos dirixiu un mozo obreiro a quen lle pedimos prestado un soldador para reforzar a barra de tiro do carro. Medinacelli foi a primeira etapa soriana, unha cidade fortaleza que fora un importante cruceiro desde a época romana, e que cando lle tocou o gordo de Nadal no 2006, tivo o seu cuarto de hora de gloria mediática. Falamos cunha señora dignamente maior, destas que cheiran a escola da República. Narrounos a relación coa súa ama de chaves, que dende vai máis de vinte anos lle coida a casa durante as longas tempadas que pasa en Madrid. Unha señora que todo este tempo nunca compartira máis palabras que as estrictamente necesarias para a tarefa asignada. Coma os outros veciños, volveuse millonaria dun día para o outro. A nosa conversadora plantexoulle a continuidade deste traballo tan normal e por primeira vez en tantos anos, a ama de chaves faloulle dende o corazón asegurándolle que, a pesar dos cambios, ela seguía igual e disposta a coidarlle da casa o tempo que ela quixera... .
Fai clic para agrandar...
Romanillos de Medinacelli


Non obstante, poucos quilómetros máis arriba, en Romanillos de Medinacelli, atopámonos cunha aldea que nos desmontou a teoría do carácter castelán, cousa que nos deixou encantados. Entramos á vila pola curiosidade de coñecer o museo de etnografía, aparcamos na praza da igrexa e, a pouco minutos, comezaron a acudir sonoramente veciños e veciñas entusiasmados pola nosa irrupción. Unhas vinte persoas duns 60 anos de media que representan a realidade demográfica actual. Pero, a diferencia de tantos sitios, o envellimento xeneralizado non era a sensación predominante. Rapidamente nos percatamos de que os unía algo máis ca súa realidade veciñal. E en efecto, todos eles, toda a vila en definitiva, forma parte da asociación cultural que tanto os enchía de orgullo colectivo. A recollida de obxectos tradicionais, a restauración dun local para albergar o museo da memoria do pobo fora a primeira iniciativa. Hoxe contan con outras actividades como a semana dos oficios antigos, que transforma á vila nunha obra teatral de sabor tradicional no mes de agosto, un concurso de poesía que anuncian orgullosos por ser de ámbito nacional, ou un programa de charlas e excursións ambientais e patrimoniais. Neste deserto humano que é Soria, Romanillos de Medinacelli permanecerá coma un oasis de identidade colectiva.

Pouco a pouco aparecen as primeiras construccións de adobe, baldosas de barro secadas ao sol, a arquitectura maioritaria das terras pobres. En Casillas de Berlanga, a única rúa habitada da vila, instalámonos baixo uns chopos centenarios. O veciño, un home “salmón”, porque a súa opción de quedarse o fai ir a contracorrente migratoria, construíu a súa casa con barro, substituíndo a fachada principal por pedra, máis vistosa, cando a súa economía llo permitiu.
Fai clic para agrandar...
Burgo de Osma
Explicounos o proceso de fabricación e comentou que a poucos quilómetros atopábase Navapalos, unha aldea que fora restaurada exclusivamente con barro... Esta nova espertounos moito interese e alá nos diriximos. Dende o alto do porto, a vista de Navapalos era desoladora, ruínas e abandono, e máis os habitantes da aldea veciña informáranos que non vivía ninguén ata o verán. As ilusións polo chan, entramos á vila. Descubrimos unha cuberta maxestosa de barro e madeira cunha cociña que tiña toda a pinta de servir para campamentos de grandes dimensións. Alí mesmo nos atopamos co Murci, que leva 12 anos vivindo na aldea, dos que 7 completamente so... Todo un currículo. E abríusenos un mundo: casas fermosamente restauradas, forno, taller de cerámica e de ebanistería todo en barro, a igrexa desacralizada e reconstruída para sala de usos polivalentes e incluso o que fora a primeira instalación eólica da península, hoxe escanastrada. Navapalos iniciouse polo ano 1980, cando dúas persoas interesadas na arquitectura popular, a cooperación e a investigación, idean a compra desta aldea abandonada cun 80% de casas de barro e outros elementos patrimoniais de interese. Estamos nos primeiros anos de socialismo, cando todo era posible, e con numerosas subencions estatais, provinciais, así coma convenios con diversas universidades, desenvolven a gran obra de reconstrucción con técnicas populares. Despois do acondicionamento das primeiras casas e da creación da cuberta e da cociña, o sitio convértese nun campamento internacional onde voluntarios de toda Europa veñen a formarse, traballar, investigar e para difundir as técnicas constructivas de barro. Estes coñecementos chegaron incluso a aplicarse en América Latina, ó servizo da reconstrucción de barrios pobres destruídos por catástrofes naturais.
Fai clic para agrandar...
Porto de Santa Inés

Toda esta descrición, sen embargo, pertence a un mundo de po e arañeiras, Murci, o último mohicano, co humor que o caracteriza, autodenomínase a pantasma de Navapalos. A nosa sensibilidade permitíanos percibir a grandeza de todo este entrañable entramado de barro, pero todo isto estaba agonizando. Pasamos dúas noites e continuamos a ruta.

Na seguinte aldea, en Burgo de Osma, un policía indícanos amablemente o parking municipal de camións xa que a normativa non permete acampada libre en toda Castela a Mancha. Despois de tantas noites divinamente pasadas dentro de fermosas paraxes, a normativa oblíganos a durmir na área industrial de Burgo de Osma. Decidimos quedarnos porque está Ramón, un xitano con mulas que tiña un á venda... O soño de Salva dende que saímos da casa. Visita a cuadra, primeiro contacto co animal e inicio do ritual do trato... pedíanos 900 euros a cambio da mula vella, pola que nos daba 300. Despois da experiencia adquirida no mundo do mular, aquel era un moi bo trato. Así que nola trae ó día seguinte e probamos a enganchala xunto á Mora. O animal facía un traballo moi breve, pero moi intenso, retiraba os bois sacrificados das places de boi. Cando o probamos, a súa forza natural sumada aos seis meses de reposo na cuadra desbórdanos. Levaba o carro a unha velocidade incrible, nin o freo podría coas súas ganas de tirar. Despois de moitas horas de indecisión, éranos evidente que o macho era perfecto para levar so o carro, se o tiveramos atopado en Valencia. Agora desequilibrábanos o ritmo, sofocábanos as burras e sobre todo reservábamoslle á mula vella unha morte que non se merecía, xa que os 300 euros eran o seu prezo en carne. Así que marchamos de Burgo co motor e a lentitude de sempre.
Fai clic para agrandar...
Porto de Santa Inés


A partir de Soria, tiñamos claro que a nosa ruta continuaba cara ao leste e non cara a Galiza, como de forma natural nos deixaríamos levar. A distancia era moita e implicaba ter que transportar toda a carruaxe e os animais en camión para estar en setembro de volta en Valencia... Inda non sabiamos que novas portas se nos abrirían, reventando previsions e calendarios.

Despedímonos de Soria polo porto de Santa Inés, que atravesa as serras de Urbión, quince quilómetros de subida pouco misericordiosa, pero de vistas espectaculares. O porto culminaa máis de 1800 metros, a nit era moi fresca e coñecimos a Jon Ander, un navarrés de viaxe coa súa autocaravana de luxe, que decidíu pasar a noite a carón noso, emocionado polo contraste e que ao día seguinte nos convidou a un suculento almorzo... (continuará).
Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadass@gmail.com
alzia.net