Con frecuencia ocurren feitos que fan reflexionar sobre a condición humana: tan imprevisible, tan incontrolable, tan contradictoria, tan extraordinaria, tan capaz, tan domesticable, tan mezquina…Os humanos somos capaces de sentir amor, apaixonamento, tenrura, solidaridade, pena…e á vez cometer verdadeiras atrocidades que contradin estes e outros sentimentos.
Hai actitudes colectivas de todo tipo, positivas e negativas. Pero o que me impresiona moi especialmente é o comportamento individual.
Que complexos somos!
Incomprensible parece que existan violacions de todo tipo protagonizadas por persoas as que se lle supoñen bos sentementos e que en moitas ocasións, non parecen sospeitosas. O maior enemigo dos humanos son os propios humanos, os que son capaces de vivir varias vidas o mesmo tempo.
Fai pouco oin unha frase que vou permitirme facela miña: “Crecer é unha soedade crónica”. Creo que cada quen marca e dirixe a propia vida, anque sexa luchando cas influencias. O xermen dos defectos e virtudes do ser humano son comúns. Todos temos medos, temos sentimentos racistas, sentimos celos, somos egoístas…Naide é tan, tan perfecto, nin tan, tan ruín. Costa asumir a propia responsabilidade, sempre buscamos xustificación ós nosos actos. É duro asumir a culpa.
Pero cada persona, dirixe a súa conducta, según a escala de valores que vai forxando o longo da vida, incluso a pesares das circunstancias que o rodean e debe asumir as consecuencias.
Nas mans de cada quen está facer esta sociedade máis ilusionada, máis relaxada, máis feliz, máis humana...
En cada un de nós está a esperanza.