Volume 15 Número 1 Ano 2014
Autor:M. Herminio Iglesias Vázquez
Unha muller á fronte de San Breixo
Autor: M. Herminio Iglesias Vázquez
Galego

A Asociación San Breixo renovou a súa directiva e por primeira vez, ademáis de incorporar algunhas caras novas, está presidida por unha moza: María Nóvoa Gómez. Desta maneira, ó frente dun equipo que mestura xente nova e outra con moita experiencia, aparece unha muller coa intención de darlle continuidade a unha entidade que naceu no ano de 1980 e que despois de estar adormitada uns anos, empezou a súa andaina efectiva en Novembro de 1985.

María Nóvoa Gómez, a primeira Presidenta de San Breixo.

Dende aquela data a Asociación foi peza fundamental e polo tanto protagonista activa nas reivindicacións dos seixalbeses. Polo que esta entidade é unha das máis antigas e que máis prestíxio ten no concello de Ourense, e iso conleva implícita unha responsabilidade pois, nun lugar emblemático con Seixalbo, manter viva unha institución como esta xa é de por si unha tarefa importante.

Horas de traballo esperan a esta nova directiva, pois hai problemas importantes que solucionar e que, por estar baixo a responsabilidade de diversas administración, serán difíciles de encauzar. E, cando esto escribo lembro dous que ao meu xuizo son importantes: A solución do aparcamento dos vehículos dentro do casco urbano, cuestión que tamén afecta á seguridade peonil no interior do casco. E os problemas derivados da falla de rotondas na estrada Ou-105. En fin, seguro que María e os seus colaboradores saberán manter viva a chama da esperanza e irán arranxando as demandas dos veciños. Desexo que, nesta nova andaina, a nova directiva teña moito éxito e con elo a súa presidenta.

Tamén dende esta páxina quero agradecer ó anterior presidente Juan Cid Boo o seu bo facer durante varios anos á fronte desta institución veciñal. E, sobre todo, recalcar a inmellorable relación de colaboración que houbo nestes anos coa Asociación Cultural Agromadas, a que teño a honra de presidir. Polo que espero que ana nova andaida esta relación de colaboración siga e se é posible se amplie e mellore.


13 de Febreiro de 2014
Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadass@gmail.com
alzia.net