Volume 15 Número 1 Ano 2014
Autor:Emilio González Iglesias
Lembrando a Félix Rodríguez Pavón
Autor: Emilio González Iglesias
Galego
Está a piques de chegar a primavera, e con ela un novo Entroido en Seixalbo. Os nosos entroidos, Paquita e Nicanor xa presiden o balcón na Praza Maior, como autoridades que son. A súa faciana foi cambiando cos anos e os de agora teñen á penas nove anos.
             Os vellos entroidos



No ano 2005 presidiron a Praza, de xeito excepcional dúas parellas de Paquita e Nicanor: despedíanse os vellos e dabamos a benvida a uns novos tallados polo veciño, xa finado, Félix Rodríguez Pavón. Ese ano, escibín uns versos en lembranza e agradecemento do traballo de Félix. Os versos, rescatados hoxe da caixa dos recordos eran estes:
Meus Entroidos queridiños
feitos de pau de amieiro
temos que falar con vós,
que nacestes en Porteiro.
Ti aínda estás de bo ver,
non estás apolillado,
mais a señora Paquita
de castiñeiro ben curado
non quere Nicanor vello,
quéreo duro, novo e bravo.
Por iso Félix Rodríguez
fillo do muiñeiro
tivo que traballar fino
para undigno relevo.
Tallou unha parella
pola que non pasase o tempo
e aguantar anos e anos
frío, neve e tamén vento.
Félix Rodríguez Pavón
xa o Nicanor tallara
alá polos anos cincoenta
cando o outro se apolillara.
(Xa todos o sabemos,
os homes duran menos).
Á Pedreira foi buscar
dous anacos de castiñeiro
de vigas de moitos anos.
Púxose a traballar
e a dar vida aos paus
con paciencia e moita maña,
para que dende un lugar senlleiro
a xustiza garantan.
E eiquí tedes meus amigos
o que fixo o artesán.
Maus de santo
alma de artista
aquí te quedas
inmortal:
Félix Rodríguez Pavón:
sen ti non hai Carnaval.

A nova Paquita

  O novo Nicanor




Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadass@gmail.com
alzia.net