Volume 15 Número 1 Ano 2014
Autor:M. Herminio Iglesias Vázquez
EXPOSICIÓN DE PINTURA E PATRIMONIO CULTURAL
Autor: M. Herminio Iglesias Vázquez
Galego

En Agromadas nestes días temos a oportunidade de dsifrutar de dúas actividades distintas, pero que no fondo manteñen un nexo que as une, pois ambas son fillas creación artística e artesana dos humanos. Os homes crean e danlle contido as formas e nacen as normas para protexer aquelo que merece a pena conservar.

Exposición de pintura Leandro Sánchez

A primeira é a exposición do pintor mallorquín Leandro Sáncher Bobillo. Este artista que reside en Ourense dende hai 12 anos, presentou no local da Asociación unha obra que reúne unha 20 e pico pinturas, todas cheas de vida, color e luminosidade que parece importada da súa trerra natal, o mediterraneo. Pintor con longa traxectoria artística que camiña dende a abtracción ó estilo hiperrealista. A espoxición está aberta dende o 15 ata o 29 do presente mes.

Conferencia de Francisco Fariña Busto

Baixo o nome de “PATRIMONIO CULTURAL, NORMAS E CONSERVACIÓN” o 29 de Marzo ás 20,30 h. no local social de Agromadas o profesor D. Francisco Fariña Busto, ex director do Museo provincial de Ourense, falará sobre a necesidade de conservar, protexer e mellorar o patrimonio monumental que temos na nosa provincia.

Conferencia que promete ser interesante pois, non en vano, Seixalbo é un lugar que está catalogado polo Concello de Ourense a conservar e mellorar, por ter un casco urbano que amosa unha estructura rural digna de mención.

Dende iste punto de vista, cabería analisar a evolución que se deu neste núcleo dende a posta en marcha do Plan Especial de Recuperación Integral PERI. Pois, lévanse restaurado un bo número de casas adaptando as súas fachadas, interiores e cubertas ó entorno urbano, o que empeza a ser considerado como moi positivo, tanto polos visitantes como polos propios veciños, que se sinten orgullosos de vivir nun espazo que é admirado pola sua coherencia urbana. Ademáis do reseñado, tamén está a nacer nos habitantes do lugar un novo concepto e valoración da estética e da arquitectura que dentro do pobo se mantén. Polo que Seixalbo, de seguir nesta liña, será o segundo casco vello do concello de Ourense e o primeiro do rural onde se está a revalorizar e a conservar a estructura urbana nacida hai moitos anos da vida agraria, das costumes e necesidades dunha forma de vivir distinta e distante á actual.

Promete a conferencia de Fariña Busto. Promete poder escoitar o saber da xente relacionada co pratrimonio para abrir un debate sobre o que temos, como melloralo, como fuxir do feísmo, etc. algo que de seguro será positivo para todos.

En fin, dúas actividades máis, no haber de Agromadas como Asociación Cultural.

Manuel Herminio Iglesias







Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadass@gmail.com
alzia.net