Hai situacións difíciles de explicar, é
preciso vivilas, sentilas, e máis cando o marco no que se desenvolven
corresponde a unha sociedade tan diferente á nosa, moito máis espontánea,
alegre, participativa, coas emocións a flor de pel, que busca o contacto
físico, os abrazos, o sorriso; formada por xente humilde que goza e fai gozar. Este é o ambiente de Abaetetuba, Diocese na
que exerceu Adolfo como párroco de diferentes parroquias, deixando nestas
parroquias e na diocese unha forte e
positiva pegada.
Cerimonia emocionante,moi emocionante,polo ambiente caloroso que se respiraba,
por Adolfo tan expresivo e natural, por sentir a Seixalbo cerca a través
das ondas, por o grupo de ourensáns que o acompañábamos neses momentos e nos
sentíamos representantes de tantos amigos que Adolfo ten, por ver a Adolfo onde se merece…
Hai moitos momentos inesquecibles da cerimonia: a APARICIÓN de ADOLFO no recinto entre sacerdotes e bispos, xunto con outros membros da comunidade que á vez que solemne, facían que o momento resultase moi entrañable. Cando Raquel, con moita enteireza lle ENTREGA o ANEL a Adolfo. A LECTURA da MENSAXE de SEIXALBO por o D. Adelino Álvarez Gayo. A PARTICIPACIÓN no CORO por parte de Luís e Raquel para cantar “Un caxato para o camiño”, peza creada por A. Fernández León, Párroco da Valenzá, que Adolfo levara e ensinara aos seus fregreses, con anterioridade. E como non, A SESIÓN DE FOTOS despois da cerimonia. Todos querían unha foto con Adolfo que pacientemente pousaba unha e outra vez, cuns e outros, co sorriso de sempre...
Adolfo é unha persoa única. Asombra a súa vitalidade e dinamismo que entrega ó servizo dos demais con xenerosidade e alegría. É camaleónico, adaptable a tódolos ambientes e situacións, poñéndose ao nivel dos que o rodean con humildade e naturalidade. Con igual naturalidade e nobreza, podemos ver a Adolfo celebrando misa, que nun escenario cantando e movéndose, “cual roquero”; tratando aos seus superiores e compañeiros, que atendendo e saudando ao último fregrés, sen diferenza. Saca tempo para todo e para todos. Por ser como é, polo que transmite e fai, estou segura que el e XESÚS son cómplices!