O xornal "La Región" avívanos a memoria lembrando o traballo colectivo, daquela "prestación
persoal ou peonadas", que se facía
no rural para saír do bulleiro e mellorar. Traballábase, incluso os domingos,
para arranxar o primitivo e precario saneamento e o pavimentado das rúas.
Cantas lembranzas! Recordo que por esta mesma época viñan á praza do lugar
viñan os camións a cargar os pementos e tomates que marchaban para Coruña e
Vigo. Tamén lembro o único teléfono na rúa da
Regata. O saneamento e pavimentado, do que fala a crónica, renovouse na
súa totalidade nos anos 90, sendo
alcalde Manuel Veiga Pombo, e co traballo da Asociación de Veciños San Breixo.
Mais, xa daquela, 1965, aspiraban os Seixalbeses a ser vila, sen saberen,
claro, que xa tiña ese título pois, despois do fallo do xuízo dos foros,
soamente se perdera o nome de Couto, e non o de vila.