Antes que nada, Perdón,
creo que hai unha equivocación,
dixéronme que tiña que imitar
o discurso do Rei en Nadal.
Eu non acordo parrafeo nin nada tal,
puxen a televisión e copiando ó Borbón
fixen esta especie de pregón
que non sei si vos vai gustar.
Bueno, pois agora xa está,
que o que conta é a intención
e a boa voluntá.
Dixéronme que nada de versos
Que en prosa tiña que ser
Pero eu como son poeta
Outra cousa non sei facer.
Comecemos xa.
Nesta noite de alegría
imos seguir coa tradición
de lerlles o parrafeo,
algo así como un pregón.
Ai,
Acabáronse os tempos
de festas e de ilusión,
de andar pedindo cartos
pra organizar un folión:
moito lles custa agora ós mozos,
erguer o seu cu do sillón
Que se o twiter, i o twenti,
e facebook i o wasap,
no seu Iphon, todo o mundo
ao alcance da súa man.
Premendo só nun boton
podemos incluso ligar
pra que imos facer festas
co traballo que iso da¡
É por iso que esta noite
ó pé deste vello balcón,/no local da asociacón
só están uns cantos vellos
agás a que lea o pregón
Ben...
Imos deixar este tema,
Basta de lamentacións,
se lles van co conto ós mozos,
correranme a pescozóns.
(Non lles ha faltar razón,
polo menos a uns poucos
os da nova asociación
eses que traen artistas
sen teren un patacón,
ben que recreamos a vista
sacando fotos co Riós)
En vez de crear unha nova
ben puideron se integrar
noutra calquera das vellas
que están a agonizar
e non por falta de ideas
ou ganas de traballar
máis ben por non termos un peso
co que se poida contar.
Deixémonos de contos
que non veñen nin van
imos con esas palabras
copiando ó rei en Nadal.
Vimos despedir este ano,
no que nada bo pasou,
e saudar o ano novo,
que nos traiga algo mellor.
Españoles e españolas
xuntos imos despedir
este ano que está murcho
e que nos fixo sufrir.
Ui, cero que me atranco
que en vez de imitar ó rei
estou a copiar a Franco.
En fín, aínda así seguirei.
Descubrimos que había
unha prima que é un pendon
da que ninguén nada sabía
da que ninguén nos falou.
Oxalá ninguén a mente,
porque cada vez que o fan,
non é para nada bo:
baixa o soldo, sube o pan,
os pufos das preferentes
e perda de prestacións
e o paro, como medrou.
A Merkel ordena e manda,
Mariano non di que non,
i en Galicia un paso adiante,
liderados por Feixoo
que dito sexa de paso,
estanos tocando os....
(non entendo,
que pon aquí?
vou de novo repetir
a ver se lendo...)
A Merkel ordena e manda,
Mariano non di que non,
i en Galicia un paso adiante,
liderados por Feixoo,
que dito sea de paso,
estanos tocando os...
ui, que están a decir?
a ver, a ver ese talante:
non é o que pon aquí,
eu so dixen un paso adiante
liderados por Feixoo
e a palabra malsonante
"os collóns" puxéstela vós¡¡¡
Mirade que se alguén chama
por insultar a Feixoo
mandan ós antidisturbios
disolver a manifestación.
Igual os compre saber
non sei si foi por desgana
ou tal vez por deixadez
pero non temos o permiso
da subdelegación
e estamos máis de tres
facendo caso omiso
do que nos manda a lei
que no que toca a esta cuestión
e moi dura de roer.
Primeiro pidénche o carné
e se acaso non o tes
pasas a noite en prisión
e iso no caso mellor
que todo pode suceder
pois como che pillen droga
da que tomas pra dormir
ou pra baixar a tensión
ou algún trankimazín
vai che caer unha boa
haste de fartar de rir.
Volvamos pronto ó tema,
que xa quero acabar,
vai unha noite fermosa
pra cantar e troulear.
Deciamos...ah si
que había que seguir
Denantes eramos ricos (ou case)
e agora non temos un can,
pero haber hai cartos forros,
porque a xente non sae do bar.
Pero non todo é señores
servir cafés e cantar
que apiques estivo algún
de acabar por tolear
xa que hai quen, mira tú,
se lles deu por denunciar
por onde poñían o cu
cando sentaban no bar.
Poñían fóra as sillas
e así querían seguir
pegados como ladillas
e por joder, é un decir,
esta terraza tiña
que seguir por sempre alí.
A terraza do Recanto
a piques estivo de ser
un preito con máis historia
ca de todos os foros a vez.
Menos mal que a xustiza
anque cega funcionou
e seguimos coa terraza
quéirao "fulanito" ou non.
Primeiro ós fumadores
a lei botounos á rúa
quitaron mesas e sillas
coma se as levara a grúa.
Chova, neve, noite ou día,
fóra de pé mirando a lúa.
Pobres, pobres, meu señores.
Hai que mirar ben as cartas
antes de pórse a xogar¡
deixar que o conto cale
perder algo pra gañar.
E que non sabemos todos
canto máis si fuches cargo
(tenente alcalde, ou algo,)
que en ningunha destas rúas
se pode o coche aparcar?
Nin coche, nin carro, nin burro,
e de furgonetas nin falar.
E se alguén lle molesta
a xoldra que se fai no lugar,
que sente a tomar un vaso
e se deixe de porfiar.
Mentres nos paguen o paro
poderémolo convidar
e se non lle chega o paso
pois terase que amolar.
E xa que tocamos o tema
aprendede ben a lección
pois non marchan os de enfronte
sin darlle a isto solución.
(Ó dos aparcadoiros
por se alguén se dispistou)
Xa puxeron unhas pedras
moi malísimas de mover
que queira que alí as puxera
deberiámolo prender.
Pero calquera que sexa
a razón de as poñer
que no las quiten de inmediato
que non nos faga quecer,
pra que non pase na praza
o do cabildo outra vez:
nin farolillos, nin bancos,
macetas con caraveis:
nin pelouros alí chantados
porque os imos mover.
Non coñecen ós de Seixalbo?
Pois hannos de coñecer¡
Din que os roubaron
dos que move o temporal
no peirao de Ribeira,
alá a carón do mar
Estache ben o invento,
dixo isoutro día o meu can:
puxéronnos estas pedras
pra temos onde mexar,
pois co invento das botellas
que nos poñen no portal
xa non queda unha esquina
onde podernos arrimar.
Xa estamos fartos¡
E agora que imos trazar
con estes artefactos
á parte de protestar?
pois xa foi tomar por saco
a procesión de San Xoán.
Malo para esta festa
e pra do Corpus pior,
e tan só as do cabildo
aplauden a solución:
fonte, bancos, papeleiras
e polo medio a procesión
tanta e tanta trapallada
estorbando mogollón.
Xa coas pedras da praza,
van saberen o que é bo
van ter que poñer o altar
pendurado dun balcón.
E é que este mundo de agora
está botado a perder,
non hai máis que mal nacidos
que non deixan de foder
deron co Carqueixal,
e veña gamberradas,
arruinaron ó concello
de tanto repor as vallas.
E non só foron as vallas,
árbores e fonte tamén.
E que se aburren coitadiños
e non se saben entreter?
Darlle unhas labazadas,
iso é o que hai que facer.
Que se deixen de antiviadas
e de tanto romper por romper.
Non ven as consecuencias
de tamaña aberación?
gasta niso o Concello
e non dan nada ás Asociacións.
Pois que baixen o lombo a terra,
que é mellor ocupación,
e agora cos programas europeos,
ata poden sacar algún patacón.
Porque non sei si saben señores
que o Concello vén de argallarar
que os seixalbeses volvan todos
de novo as leiras sachar.
Non lle vexo eu moitas trazas
de que esto vaia funcionar
a non ser que o receite o médico
en vez de tanto pasear,
e cos cambios no concello
dáme que en nada vai quedar.
E é que esto do copago
non e boa solución,
non tes cartos prás receitas,
pois espera que vén o peor.
Non te podes poñer malo
nin que che suba a tensión,
non te queixes que é de vicio:
dobra o lombo, so cabrón
que mentres meneas o sacho
non che sube o colesterol.
Así con tanto recorte
hai que buscou que facer,
entrar nas casas alleas
que bonita cousa de ver.
Durmiamos cun ollo aberto
e o outro por pechar,
pensando que esta noite
íannos a asaltar.
Aforramos moitos cartos,
ós que non nos tocou,
porque non saimos da casa
por medo a que entrara o ladrón.
Pillárono coas maus na masa,
outro que non contou
que neste pobo de Seixalbo
non nos toman o pelo NON¡
E non foi este o único
que nos contaba embolar,
dándolle voltas o asunto,
coma quen quere axudar.
Deixo un metro pró camiño
dous máis catro lévome dez.
Pero tampouco a este tipo
lle saíu ben esta vez.
Porque en Seixalbo señores,
temos o que hai que ter
e se alguén caza o corenta
nós calzamos o corenta e tres.
E o que queira entender que entenda,
e que sexa como hai que ser.
Non queremos dar a lata
co do rei e o Urdangarín
xa falaremos diles no entroido
pero iso ainda está por vir.
Citar debemos se acaso
a nova circunvalación
gastáronse tantos cartos
mal pagaron as expropiacións.
Pra que non pase por ela
nin bici, nin un só carro
nin coche nin camión.
Vaia este un despilfarro
así nos vai a esta nación.
E falando de cartos tirados
quedaban por mencionar
esta estupenda casa
que acaban de arranxar.
Que inauguren canto antes
o novo centro social
que baleiro non pinta nada
tan lindo e senlleiro local.
Poucas máis cousas pasaron
pero como non vou referir
un conto que pasou na igrexa
co que nos fartamos de rir.
Chamaron con urxencia
ó párraco do lugar
porque alguén amigo do alleo
parecía dentro estar
rompendo a fiestra
do sacrosanto lugar.
Chegou animoso e cheo
acompañado da autoridá
porque coa súa presenza
o ladrón íase entregar
Date, que xa te teño¡
berrou o cura desde o altar
¡que é o que ven meus ollos
se é o propio supermán¡
Ou é esta unha farsa
das que fan neste lugar?
dixo o ladrón de guasa
que alí entrara a roubar.
Miraron por todas partes
para descubrir o ladrón
ata lle ergueron a túnica
ó pobre do santo Antón,
e hai quen di que tamén miraron
pero antes pediron perdón
debaixo do mesmo manto
da Purísima Concepción.
Como alí ninguén bulía
nin unha rata nun rincón
o cura máis o polcicía
decidiron zanxar a cuestión.
Cerraron todas as portas
todos cheos de razón
déronlle voltas as chaves
deixando dentro o ladrón,
que saiu pola porta grande
despois de meter man no caixón.
E así acabou a historia
do malo e de supermán,
xa sabedes se outra pasa
a quen non hai que chamar.
En fin, así acaba este ano
e con el este pregón
que xa se está facendo largo
de tan horrible que foi.
Agora vaiamos todos
a comer e cantar
que nos sorprenda o ano novo
cheos de felicidad.
Seixalbo 2012