PARRAFEO 2013
Hola amigos!
Pregáronme os colegas
que procurase alargarme.
Estaba preocupada
de non poder complacelos,
mais chegoume o terror
de cómo dar fin a esto…
dado os acontecementos
que cada día suceden…
Non sei se esto é, verso ou
prosa,
non sei se esto é un parrafeo,
ou quizais unha proclama.
O meu desexo si que é,
pasar un rato agradable.
No
ano 2013 houbo traxedias
e faltas moi sentidas,
mais coido que é mellor
doar un tono de humor e desenfado
para quitarlle dramatismo
o negativo da vida.
As follas do calendario
foron caendo unha a unha
e
aquí nos vemos de novo
ás costas con moitas cousas
que foron facendo historia neste pobo,
en Ourense, en Galicia, en España
e tamén no mundo enteiro.
Alguén dimitiu, caso insólito,
Pablo VI deixa o Baticano
e aparece en escena,
un novo papa: Francisco!
que co seu comportamento
descoloca a mais de un
e ó que, entendemos moi ben
Pronto aparece unha exnovia,
confésase exporteiro de discoteca,
renuncia a previlexios,
defende outros valores e principios
partidario do preservativo,
tolerante e comprensivo,
con outras formas de parella e de
familia
¿Qué pensa Rouco, este galego
tan serio e sombrio? Xa calo
e que dure, o novo papa Francisco
No
funeral de Mandela
as formas ben se gardaron,
víronse caras moi coñecidas,
altas personalidades e entre elas,
un falso traductor de signos,
que a case todos enganou.
Un homenaxe a Mandela era
este funeral.
Mais o noso Presidente estaba
tan emocionado
de que o lugar da homenaxe
fora o campo no que a ROXA
se convertiu en campeona,
que a homenaxe de Rajoy
foi a Iniesta polo gol.
Unha sombra, a da crise,
sigue cubrindo a vida
de tantos españolitos
que se manifestan na rúa
resignados e pacientes.
O ano 13 xa acaba
estamos saindo da crise
según nos di o Goberno:
Vense luces
Da prima xa non se fala
A Mérkel está calmada,
os bancos xa saneados,
as exportacións aumentan,
cómpranse mais coches novos,
baixou un pouquiño o paro…
Eso dí o Goberno
Non sei de que nos queixamos!
Non será que ós españois
nos gusta a rúa e a festa
por eso nos disfrazamos
e con frecuencia saimos
vestidos de verde, blanco,
laranxa ou roxo…
para dar colorido a calle
e logo irnos de copas…?
E coidado con moverse
con alzar as nosas voces
que aprobaron unha lei
pra que vixiantes xurados
controlen ós exaltados
que berren un pouco mais.
Que tomadura de pelo !
Anímannos a emprender,
tamén a esto atención
có negocio que emprendemos
igual inventan impostos
que lle levan as ganancias
porque axudar, non axudan
pero si poñen as travas
os ciudadans de a pé.
Ós de arriba os previlexios
Os pringados ben atados
que son dados a vivir
moi por enriba do que poden…
Eso dín.
Que ironía digo eu!
Que responsables se sinten!
Canto mediño nos teñen!
Non queren nada con nos,
nin darnos explicacións.
Xa non chegan policias
o vallado insuficiente
non lles gusta vernos xuntos
polo que poida pasar
por eso pra dispersarnos
porán camións de auga a aspersión
e dirán logo, que ca ducha colectiva,
aforrarase auga e luz
que é polo ben común…
Porque a enerxía é un luxo
O que a queira que a pague!
Os demais a pasar frío
e volver ós sabañóns
Tamén hai que ter coidado
co que tratan de emprender.
Non, non pensedes que esaxero.
Aí temos o que está a pasar
cos cigarrillos eléctricos
Mais de un cantaba victoria,
Uns pola cura do vicio,
e outros frotándose as mans co negocio
que farían cos adictos o tabaco.
E que me dín de Eurovegas,
fracaso de Esperanza Aguirre
a mais grande emprendedora,
a que puxo tanto empeño
en que o magnate elixira
como noiva a Madrid,
dando de lado a capital catalana
Da LEITEIRA foi este conto,
e neste caso quizais,
o leite fose veneno
e por eso eu direi:
Non
hai mal que por ben non veña.
Foi este ano pra Madrid
un ano de calabazas
porque ademais de Eurovegas,
outra, a dos Xogos Olímpicos,
que deixaron a capital,
non digamos a Botella,
ca mel nos labios
e co disgusto na cara.
Tanto é así, que ós músicos
decidiron restrinxir,
facéndolles pasar un castin,
entre outras condicións,
pra poder tocar na calle
Foi un ano movidiño,
e está sendo, con moitos protagonistas.
A
cadeira do Monarca
diu a lata o que quixo,
afectada por disgustos e excesos,
que unha vez mais
se confirman os refráns,
“cria corvos,neste caso xenros,
que che quitarán os ollos”
e “Boas foran as paparotas,
se non foran as pagarotas”
(dígase cacerías e joderías)
Menos mal que un galego
puxo remedio os seus males
facendo que o Rei camiñe
ca axuda
de un bastón.
O doutor aconsellou ó Rei
se tome a vida con calma,
que o de cazar e dar saltos,
con esta idade,
non son moi aconsellables.
Un actor moi destacable,
sen dúbida, foi señor Bárcenas
Que movida! Os papeis,
discos duros destruídos,
sobres, cobros en B…
As luchas con Cospedal…
Aquela imaxen declarando,
él na cárcel, en imaxen,
a través da pantalla (de plasma),
ela moi digna na sala,
E de pronto, el pide,
cal neno de primaria,
permiso para ir ó water.
Dame a risa cando penso
a mensaxe que Bárcenas deixaría
escrita tras a porta,
despois de evacuar…
Esta historia parece
a letra de un desafío
entre o PP e señor Bárcenas.
Unha cura de autoestima para nós
a difusión das mensaxes que
intercambian
“personaxes tan ilustres” entre sí
pedindo, concedendo, reprochando
favores a nos costa
con
lenguaxe tan mezquino,
que fan nos sintamos grandes
e moi dignos
cas meteduras de pata que teñamos
os ciudadáns de a pé.
Con tono de mais baixa intensidade
apareceron tamén os desencontros
de Solves e Zapatero
que a través dos seus libros respectivos
intentan xustificar as decisións
que eles tomaron ou non,
cando eles, en nós mandaban.
Eu teño que confesar
que me sinto defraudada
por estes dous personaxes.
Resúltanme aburridos
porque non lle vexo a gracia
a que ninguén queira as culpas.
Canta demagoxia, canto populismo.
A veces penso señores
si as personas que dirixen
están a arreglar as cousas
ou quizás a empeoralas.
Resistiremos señores,
que nos diexen camiñar,
que nos deixen o que é noso
que se conformen co deles,
que nos traten como adultos
e que nos diexen vivir
e tomar as nosas propias decisións,
tamén a nós, ás mulleres.
A movida andaluza
ten letra pra moita copla
falando de UXT e os ERES,
da podredumbre e vergoña
que só a alegría flamenca
sobreleva, como pode, dando palmas
para non dar bofetadas.
E que podemos decir da movida catalana
Que cullóns!
Levantan as mans e con pasiños moi curtos
dados na punta do pé
entrelazadas as mans
e ó ritmo da sardana
vanse alexando de España…
Só Galicia está en calma,
baixo a guía de Feijoo
que ata Cuba se foi
a interesarse pola nosa xente alí
e buscando mais mercado…
Que importa?
Astilleros, Pescanova, Preferentes…
e nosa caixa, a Venezuela se vai…
Ai deus meu!
Galeguiños, os aforriños
deben volver ó colchón.
Fai 8 días que vin
A Feijoo en televisión.
Xa comenzara a entrevista
e chamoume a atención
que o Presi estaba afónico
e pregunteime, señores
se viría de algunha manifestación.
Tranquilo o vín e elocuente,
pra todo ten explicación.
Do
malo, a culpa sigue a tendo
o goberno Zapatero, como non.
E xa temos a sentencia do PRESTIGE
Non hai responsables, non.
Foi o tempo! Ou quizás cousa de Meigas!
« Mexan por nós e dicen que Chove”
Outro lio o do Concello!
Frotando as mans o PP,
Democracia, qué é o que dí?
o Bloque que vai e ven, despistado
e o PSOE dividido e mezquino.
Un Alcalde que se foi,
un partido en dous bandos,
dividido se quedou e non se poñen de acordo
mantendo o pulso uns os outros.
Que vergoña!
E onde vamos así?...
E sabedes que vos digo,
Que non estou pra adicarlle,
nin un minutiño mais
En
Seixalbo non paramos en liortas
ca Xunta e co Concello
Tolos nos trae a todos a OU 105
observando, con asombro,
como a Xunta e o Concello
eluden responsabilidades
Sentímonos como fillos
de parella divorciada
E agora para arreglalo o PXOM
Nunca pensei que o regato de
Amendo
tanto caudal pondera ter
pra donarlle tanto cauce
que nin o río Miño ten.
Que autoridades mais listas!
Como nos coidan señores!
Entre o tren, os viales e o futurible caudal
quedaremos recluídos e pechados.
Non será que nos temen
E queren poñernos chaves
pra ternos ben controlados
Temos que estar en alerta
E por eso precisamos
Que as novas xeneracións
se enteren que “vale un peine”
e que tamén Zalamea
ó frente tivo un alcaide
Seixalbesas, seixalbeses!
Unidos sí que podemos
e por eso precisamos
que “esta xuventude eterna”
se movilice e implique
na próxima DIRECTIVA
que Seixalbo necesita.
…e logo tamén a festa
que o ocio é necesario
pero despois do esforzo
Valedes, si que valedes
E só vos falta, valor.
Iste ano tamén cambiou
A fisonomía do pobo
Cambiaron as pedras da praza
por macetas quita e pon
pra darlle facilidades
“ós ocupas” comodóns.
Xa temos a CASA GRANDE,
(alta
diría eu)
símbolo do noso pobo.
Quizás vendría moi ben
por na última terraza
sendas garitas refuxio
pra dous amantes do pobo,
altruistas, xenerosos, vixiantes do
común,
tenaces, observadores,
negociadores: PRESIDENTES
Para que collan infragantes
ós amantes do alleo
que entran por tellados e balcóns,
ós que corren mais da conta polas rúas,
cando usan ás mans o volante,
chocando contra o que encontran
e logo son tan valentes, que se esconden…
Que menos pedirlle esto ós PRESIS
co que cobran!...
Permitídeme, veciños
Mostrar agradecemento
a Manolo e mais a Juan
suxetos dos meus piropos,
os que a veces mortifico
cas miñas intransixencias.
PIDO un aplauso para eles,
para todos e
porque non, para mín.
BO 2014
e ata o ano que ven!