Premio
Freire Carril 
 A participación  e dinamización  da  
comunidade social, nos aspectos 
referidos á defensa  dos valores
democráticos,  da cultura en xeral e da 
galega en particular, e do interese
público,  engrandece ás persoas, ás
entidades e  aos pobos.
 
 
PREMIO FREIRE CARRIL
        da Asociación  Cultural Agromadas 
     A Directiva da Asociación Cultural
Agromadas,  despois dun longo tempo de
debate, acordou, na xuntanza ordinaria do 21 de Xaneiro do ano 2.009 ,  por unanimidade dos seus membros,  poñer en marcha o premio anual  FREIRE CARRIL para distinguir ás
entidades e persoas que en Galicia desenvolven labores a favor da comunidade
social, e que abranguen  aspectos
referidos á participación na vida comunitaria,  defensa dos principios da democracia,
espallamento da cultura galega... 
     As labores que realizan  estas persoas,  case sempre de maneira altruísta,  na defensa do interese  público; as Asociacións  de todo tipo que afrontan labores de
dinamización  e espallamento da cultura
en xeral e en particular da galega, do deporte e mesmo as reivindicativas nos
barrios, pobos e aldeas; as que teñen iniciativas e  que actúan de animadoras socioculturais,  son a base social dun país que se quere
superar en tódolos ámbitos da vida.
        E, tomando como base e referencia a Festa dos Foros, festa que nos lembra a loita dos veciños da antigua Vila e Couto de Seixalbo, contra o bispado e o Cabildo da Catedral de Ourense para desterrar a inxustiza deste imposto, que obrigaba a pagar 500 moios de viño a os veciños de este lugar, a Asociación Cultural Agromadas chegou á conclusión de que era necesario institucionalizar este premio, , o cal será de carácter simbólico, ao carecer
de contía económica.
        A teima do principal impulsor daquela reivindicación que
eliminou o abusivo pago das rendas ao bispo e 
Cabildo da Catedral de Ourense no ano de1858  foi Fernando Freire Carril.
        E a súa loita e a
dos  138 
veciños que foron a un xuízo que durou 20 anos,  foi para nós un fito que  trazou un paralelismo entre os feitos daquela
época,  cos  labores que moitas persoas e entidades
realizan  hoxe na defensa dos bens
públicos das comunidades sociais.  
        Este  traballo colectivo para mellorar e dignificar
a vida das xentes en moitos lugares da nosa terra é un labor que  debe de ser potenciado e recoñecido
publicamente.
        A Directiva de Agromadas entende que, ao tomar
esta iniciativa e tentala consolidar no tempo, realiza unha  tarefa moi importante para Seixalbo, pois
este  lugar emblemático e singular do
Concello de Ourense terá a posibilidade de ser coñecido en toda Galicia e alén
das nosas fronteiras.
BASES:
1.- O premio anual FREIRE CARRIL terá un carácter simbólico, polo que
carecerá de dotación económica. Constará de diploma acreditativo e figura con
inscrición.
2.- Todos os socios da Asociación Cultural Agromadas, así  como calquera 
entidade asociativa ou 
cidadá  a título particular,   poderán propor candidatos para optar a este
premio, dous meses antes da Festa dos Foros, que se celebra unha semana despois
do 24 de  San Xoán.
3.- A Directiva da Asociación Cultural 
constituirase en xurado para escoller á persoa ou entidade premiada.
Para un mellor funcionamento,  o xurado,  poderá recadar a presenza  ou opinión de persoas idóneas  co fin de asesorarse nunha determinada
materia, antes de emitir o seu veredicto.   
4.- As propostas para participar no
premio presentaranse sempre  por escrito,
estarán  dirixidas ao presidente da
Asociación Cultural Agromadas e, obrigatoriamente, virán argumentadas, co
obxecto de  facilitarlle o traballo ao xurado.
Só se aceptará unha proposta por entidade ou persoa.
5.- Entre as propostas presentadas para ser premiadas,  o xurado 
fallará  e  dará a coñecer o nome da entidade ou  da persoa ou persoas ás que se outorga este premio,
dúas semanas antes da Festa dos Foros. Os premios entregaranse  publicamente na Festa dos Foros, que
organiza  anualmente esta Asociación
Cultural. O fallo do xurado  será
inapelable.
6.- Se o xurado  o considerase
oportuno, o premio poderá quedar deserto, 
por carecer de candidatos ou non reunir estes as calidades necesarias
que emanan do  espírito para o que foi
creada esta distinción.
7.- A interpretación destas bases corresponde ao xurado.
8.- A modificación destas bases
corresponde á  Xunta Directiva da
Asociación  Cultural Agromadas.
                                   Seixalbo, a
18 de Febreiro de 2009.