Historial Premio "Freire Carril"
Autor:José Manuel Álvarez
HISTORIAL PREMIO FREIRE CARRIL
Autor: José Manuel Álvarez
Galego
                                            O PREMIO “FREIRE CARRIL”  
 

            1.   Historia 
            2.   Bases 
            3.   Cadro de Honra 
            4.   Premiados 
            5.   Reflexión      


                        

             1.-Historia:                                                

                                                    Premio Freire Carril                  
        A participación  e dinamización  da   comunidade social, nos aspectos referidos á defensa  dos valores democráticos,  da cultura en xeral e da galega en particular, e do interese público,  engrandece ás persoas, ás entidades e  aos pobos.
                                            
                                                   PREMIO FREIRE CARRIL 
                                         da Asociación  Cultural Agromadas

 A Directiva da Asociación Cultural Agromadas,  despois dun longo tempo de debate, acordou, na xuntanza ordinaria do 21 de Xaneiro do ano 2.009 ,  por unanimidade dos seus membros,  poñer en marcha o premio anual  FREIRE CARRIL  para distinguir ás entidades e persoas que en Galicia desenvolven labores a favor da comunidade social, e que abranguen  aspectos referidos á participación na vida comunitaria,  defensa dos principios da democracia, espallamento da cultura galega...

As labores que realizan  estas persoas,  case sempre de maneira altruísta,  na defensa do interese  público; as Asociacións  de todo tipo que afrontan labores de dinamización  e espallamento da cultura en xeral e en particular da galega, do deporte e mesmo as reivindicativas nos barrios, pobos e aldeas; as que teñen iniciativas e  que actúan de animadoras socioculturais,  son a base social dun país que se quere superar en tódolos ámbitos da vida.

 E, tomando como base e referencia da Festa dos Foros, festa que nos lembra a loita dos veciños  da antiga Vila e Couto de Seixalbo contra o bispado e o Cabido da Catedral de Ourense para desterrar  a inxustiza deste imposto, que obrigaba a pagar 500 moios de viño aos veciños deste lugar, a Asociación Cultural Agromadas chegou á conclusión de que era necesario institucionalizar este premio, o cal será de carácter simbólico, ao carecer de contía económica. A teima do principal impulsor daquela reivindicación que eliminou o abusivo pago das rendas ao bispo e  Cabido da Catedral de Ourense no ano de 1858  foi Fernando Freire Carril

 E a súa loita e a dos  138  veciños que foron a un xuízo que durou 20 anos,  foi para nós un fito que  trazou un paralelismo entre os feitos daquela época,  cos  labores que moitas persoas e entidades realizan  hoxe na defensa dos bens públicos das comunidades sociais.  Este  traballo colectivo para mellorar e dignificar a vida das xentes en moitos lugares da nosa terra é un labor que  debe de ser potenciado e recoñecido publicamente.

 A Directiva de Agromadas entende que, ao tomar esta iniciativa e tentala consolidar no tempo, realiza unha  tarefa moi importante para Seixalbo, pois este  lugar emblemático e singular do Concello de Ourense terá a posibilidade de ser coñecido en toda Galicia e alén das nosas fronteiras.

Bases:

1.-O premio anual FREIRE CARRIL terá un carácter simbólico, polo que carecerá de dotación económica. Constará de diploma acreditativo e figura con inscrición.

2.-Todos os socios da Asociación Cultural Agromadas, así  como calquera  entidade asociativa ou  cidadá  a título particular,   poderán propor candidatos para optar a este premio, dous meses antes da Festa dos Foros, que se celebra unha semana despois do 24 de  San Xoán.

3.-A Directiva da Asociación Cultural  constituirase en xurado para escoller á persoa ou entidade premiada. Para un mellor funcionamento,  o xurado,  poderá recadar a presenza  ou opinión de persoas idóneas  co fin de asesorarse nunha determinada materia, antes de emitir o seu veredicto. 

4.-As propostas para participar no premio presentaranse sempre  por escrito, estarán  dirixidas ao presidente da Asociación Cultural Agromadas e, obrigatoriamente, virán argumentadas, co obxecto de  facilitarlle o traballo ao xurado. Só se aceptará unha proposta por entidade ou persoa. 

5.-Entre as propostas presentadas para ser premiadas,  o xurado  fallará  e  dará a coñecer o nome da entidade ou  da persoa ou persoas ás que se outorga este premio, dúas semanas antes da Festa dos Foros. Os premios entregaranse  publicamente na Festa dos Foros, que organiza  anualmente esta Asociación Cultural. O fallo do xurado  será inapelable. 

6.-Se o xurado  o considerase oportuno, o premio poderá quedar deserto,  por carecer de candidatos ou non reunir estes as calidades necesarias que emanan do  espírito para o que foi creada esta distinción.

7.-A interpretación destas bases corresponde ao xurado.

8.-A modificación destas bases corresponde á  Xunta Directiva da    Asociación  Cultural Agromadas.

 

              21 de Xaneiro do ano 2.009 




3.-Cadro de Honra:

Ano 2009.- D. Maximino Cid

Ano 2010.- D. Pablo Rodriguez Oitaben

Ano 2011.- D. Xosé Lois González “O Carrabouxo”

Ano 2012.- Dª. Carmen Abendaño Otero

Ano 2013.- D. Carlos Varela García

Ano 2014.- D. Adolfo Zon Pereira

Ano 2015.- Organización Ecoloxista “Amigos da Terra”


4.-Premiados:

1º  Ano 2009.- D. Maximino Cid

       Por os méritos contraídos na súa inquedanza a favor da boa compatibilidade entre os coches e peóns, dentro da propia vila de Seixalbo, acadando para a mesma a denominada “zona 30”, todas as entradas da vila.


2º  Ano 2010.- D. Pablo Rodriguez Oitaben

Boas tardes a todos:

Gracias por participar nesta festa tan singular como é a dos foros, e dentro da mesma, no acto de entrega do premio “Freire Carril 2010”.

A maioría dos que estamos aquí, coñecemos ó premiado diste ano, polas súas conferencias nas diferentes semanas culturais celebradas pola asociación de veciños en anos pasados, incluído a solta de algún paxaro recuperado no centro de recuperación de aves do Rodicio, centro, que por certo, promoveu o propio premiado; pero posiblemente, nos sea menos coñecido pola súa labor a o frente de RIDIMOAS.

Unha labor tenaz e calada, pero importantísima para a conservación da nosa flora e fauna autóctona.

E digo tenaz pola constancia do premiado en vivir, hora a hora, día a día, no feudo de RIDIMOAS; e digo calada, porque, non é o premiado amigo de agasallos nin de alaracas, nin de sair moito da zona, ainda que sempre disposto a divulgar a súa experiencia e o seu coñecemento, como o demostran as súas conferencias e os libros escritos por él.

No recordo, ainda reciente, do premiado do 2009, Maximino Cid, é unha honra, para a Asociación Cultural Agromadas, concederlle o premio “Freire Carril 2010”, á persoa a que nos estamos a referir.

Maestro Oitaben: admiramos profundamente a obra que fundaches e que segues a coidar e engrandecer en RIDIMOAS. Persoas coma tí, son merecentes do premio, pero tamén o premio “Freire Carril”, énchese de orgullo, ó contar, no seu historial, con premiados coma tí.

Gracias  Maestro, por mimar e coidar a natureza, como o facedes en RIDIMOAS, tú e o teu equipo, sodes un exemplo de comportamento excepcional e pouco corrente, oxalá que vos salgan moitos imitadores; todos saldríamos gañando.

A Asociación Cultural Agromadas e por ende, todo o pobo de Seixalbo, quere agradecercho, dunha forma sinxela pero emotiva.

Aínda que sexa a costa de que deixes por unhas horas, de contar cantas veces cantou o cuco, ou de ver por onde anda a raposa, cousa que sabemos que che costa moito, e que nós valoramos, quere agradecercho como digo, da forma que esta asociación ten máis preciada, que é  concedéndoche o premio “Freire Carril 2010”.

Gracias.


3º   Ano 2011.-D. Xose Lois González (O Carrabouxo)

Presentacion do Homenaxeado

Un ano máis, o xurado do premio Freire Carril, viuse na obriga de levar a fín o fallo do premio, entre as diferentes candidaturas que foron presentadas o mesmo por diversas persoas e entidades, tarefa árdua e complicada, dado a categoría dos diferentes candidatos o mesmo, debida a súa traxectoria individual ou colectiva, que os fixera merecedores deste galardón.

Un ano máis tamén, creo que o xurado acertou plenamente no seu fallo, o nomear para o III Premio Freire Carril, a D. Xosé Lois González Vázquez, creador do entrañable, sinpático e retranqueiro, persoaxe do “Carrabouxo”, e non só por a creación do singular persoaxe, senon tamén, e principalmente valorada por o xurado, a súa defensa incondicional da nosa lingua, tendo en conta os tempos que corren, nada doados para a mesma, cando se acaba de cerrar o último xornal escrito en galego, tempos que dende as propias institucións, que teñen a obriga de, non só de conservala, senón de usala e potenciala, como seña propia de identidade de todos os galegos e galegas, se escatiman esforzos e se lle poñen trabas para o seu uso en igualdade de trato cas outras linguas do estado.

¿Ou quizais sería entendible en Cataluña ou no Pais Vasco ou mesmo en Francia ou noutro país calquera, que os propios mandatarios, elexidos por os cidadáns de esas comunidades, fixeran leis en contra ou non favorecedoras da súa propia lingua?, entón ¿Porqué en Galicia?.

É pois en esa tesitura, na que nos corresponde a todos, pero especialmente a persoas singulares, como é caso de Xosé Lois, que a través do seu persoaxe “O Carrabouxo”, ou persoalmente, como nos consta que ven facendo dende hai moito tempo, nas súas conferencias e nos seus libros, en primeiro falala, e logo conservala e trasmitirlla os nosos herdeiros, como un ben patrimonial e único, que só algúns pobos privelexiados disfrutan, sendo motivo de orgullo para todos os galegos.

Amigos e vecinos, de verdade que nos farían falta trescentos Xosé Lois, e sentalos nos sofás dos despachos onde se cocen as leis que influen nestas materias, para que impegnaran ca súa sapiencia, ca súa retranca, a sábea da nosa lingua, en todas as institucións, en todas as salas de xuntas dos edificios oficiais, en todos os despachos dos, como diría Castelao, “señoritos”, e en definitiva en toda Galicia.

Amigo Xosé Lois, e permítome a licencia de decirche amigo, porque dende hoxe, como premio Freire Carril, xa és amigo, e quedas vencellado o pobo de Seixalbo para sempre, pídoche en nome de Agromadas e de Seixalbo, que sigas defendendo a nosa lingua con todas as forzas nas túas conferencias, nos teus libros, e tamén que lle fagas chegar o teu Parente “O Carrabouxo”, o noso recoñecemento como divulgador da nosa lingua, que ca súa retranca e sapiencia tanto nos fai disfrutar cada día.

Iste premio “Freire Carril”, que como sabes non ten dotación económica, ten por outra banda, un enorme sentido emocional para todos os vecinos de Seixalbo, pois leva o nome de quen loitou, durante vinte anos nun xuizo para abolir os foros, que tiñan que pagar o bispado e a igrexa, e que ca súa constancia, e ca axuda dos veciños, soubo lograr o obxetivo. É polo tanto, un premio apropiado para a constancia na defensa que ti fás da lingua galega, da nosa lingua.

A Asociación Cultural Agromadas, tén a satisfación dende hoxe, de contar entre os premiados co “Freire Carril”, a D. Xosé Lois González Vázquez, medalla Castelao 2008, membro directivo e presidente doutra asociación cultural de “pro” como é a “Auriense”, defensor da nosa lingua e creador do persoaxe “O Carrabouxo”, quen ademais contou coa amizade de persoas tan relevantes como D. Ramón Otero Pedraio, D. Xoaquín Lorenzo Fernández “Xocas”, ou D. Xesús Ferro Couselo, todos eles defensores e impulsores da nosa lingua, de quen posiblemente, recollera ensinanzas importantes nos seus momentos de tertulia e amizade.

Amigo Xosé Lois, en hora boa.

Moitas gracias.

 

4º  Ano 2012.- Dª Carmen Abendaño Otero

Premio “Freire Carril 2012”

Boas noites

Aproveitando que Fernando Freire vai a Madrid a intentar solucionar o do xuizo da exención dos foros, vamos entregar o premio que leva o seu nome.

         Por certo, ¿algunha vez se vos ocurriu pensar os reaños que tivo iste veciño noso, Fernando Freire, para poñerse o frente desta misión, en principio case que imposible, de plantexar un pleito contra o Bispado e o Cabildo da Catedral de Ourense, para liberarnos de pagar os foros?.

         Situémonos por un momento, nos anos 1850/60, cando Fernando Freire, farto de pagar, as rendas que estaban estipuladas, en viño e outras especies, decide, ca axuda dun centenar e pico de vecinos, encabezar o grupo, e comenzar unha loita desigual, pero teimuda, e que durou 20 anos, para poder eximir de pagar os vecinos de Seixalbo, os foros o Bispado e o Cabildo; o final, con moito traballo, conseguiuno;  esa é a festa que nos rememoramos, a loita de Fernando Freire e os vecinos frente o Bispo e Cabildo da Catedral de Ourense.

         Pois, máis ou menos 160 anos despois, outra persoa, noutras circustancias, por outros motivos, pero cos mismos reaños, soupo canalizar a inquedanza, a vergoña que sentía o ver que as autoridades non se querían dar conta do que estaba a acontecer, co repugnante tema da droga en Galicia, donde, a conta dos que morrían, física ou mentalmente, os que traficaban con ela, facíanse con unha noxenta,  abafante e descomunal fortuna en diñeiro e patrimonio.

         E vela eiquí a concordancia na vida distes doús persoeiros Fernando Freire e a persoa a que hoxe galardoamos co premio que leva o seu nome, que, separados no tempo, pero semellantes nas traxectorias, concluen no traballo por o ben común e a xustiza social.

Si tivéramos un marco donde poidéramos poñer as heroínas de Galicia, que por certo, hai moitas e moi importantes, seguro que nun lugar destacado, estaría escrito con letras maiúsculas, o nome de Carmen Avendaño Otero.

A esta muller, nacida no varrio de lavadores de Vigo, débelle Galicia principalmente pero tamén a nivel nacional todo o pais, o comenzo da concienzación, a nivel público e da xusticia, do enorme problema que representaba a droga para comunidade en xeral, e para a xuventude en particular, o profundo cataclismo que se xeneraba dentro das  familias que se vían afectadas por ista descomunal e inxusta conmoción, e que ela viviu e padeceu  en carne propia, cando se entera que os seus propios fillos están metidos de cheo no problema.

Esta nai, que en algún xornal lin que se lle denominaba como “madre coraxe”, eu creo que é moito máis, pois a súa preocupación e o seu traballo non foron só para salvar  os seus fillos, senon que foi para toda a comunidade, entendendo que a solución non era meter os drogadictos na cárcere, senon perseguir e erradicar os traficantes, e axudar con programas de reinserción os afectados por a dependencia.

         Foi Carmen Avendaño quen, con outras nais de afectados, empezou a loitar para que os xueces e autoridades, tomaran conciencia do que estaba a acontecer, e que por fín a sensibilidade de persoas como o Xuez Baltasar Garzón, se percatasen do enorme problema que se lle viña encima a sociedade en xeral, e empezaran a tomar medidas para, polo menos, atallalo.

         De esa sensibilidade, surxiron as operacións contra adroga, como a conocida  operación “nécora”  e outras, como a devolución do “Pazo Bayon” para, en parte a recuperación de persoas afectadas pola drogadicción.

         Dona Carmen Avendaño, dende Seixalbo, dende Agromadas, pedímosche con todo o respeto, pero con toda rotundidade, que xunto co equipo que te acompaña en ERGUETE”,  non desfallezcades na loita polo obxetivo: axuda efectiva os drogo-dependentes, a erradicación das drogas, pero tamen a persecución das persoas que, sen escrúpulos se fan deshonestamente ricas a costa da desgracia dos seus semellantes.

         Eu dende eiquí quero, en nome de Agromadas e do pobo de Seixalbo, agradecerlle a Dona Carmen Avendaño Otero, que tendo tantos premios como ten e tan importantes, aceptara a primeiras e sin ningún tipo de condición,  vir recoller o “Freire Carril 2012” , que sendo unha distinción, sin dotación económica, que ten unha trayectoria inda recente, nos permita que xunto a nomes como:     

 Maxi Cid, Rodriguez Oitaben ou Xose Lois González o “Carrabouxo”, adornar o cadro de honrra do premio “Freire Carril”.

Moitas gracias.

 

5º  Ano 2013.- Dº  Carlos Varela García, Fiscal Principal de       Galicia

Semblanza do premio e perfil do premiado

Amigos, invitados, veciños de Seixalbo, un ano mais, “agromadas” vai entregar o premio  “Freire Carril”, como ven facendo xa dende hai anos, a unha persoa de gran relevancia para a nosa terra,  que, como  indican as bases do propio premio, “ concédese a persoas ou asociacions, que, se distinguen na defensa do interese público, que afrontan labores de dinamización e espallamento da cultura en xeral e en particular da galega, e mesmo as reivindicativas nos barrios, pobos e aldeas, asi como as que teñen iniciativas e que actúan de animadoras socioculturais”. 

O premiado de esta edicción, Don Carlos Varela García, cumpre de sobras coas bases do “Freire Carril”, tanto a titulo individual, por que  coñecemos da súa bonhomía, como dende o posto institucional que ven desempeñando na actualidade, “Fiscal Principal de Galicia”.

Sabemos e agradecemos, a súa inquedanza na normalización da nosa lingua no campo da xustiza, pois entendemos que a primeira lei para o ciudadan, sería que cada quen se exprese na sua propia lingua dentro do seu país, para a súa defensa ou exposición dos seus razonamentos, como tamen coñecemos as leis que promoveu vostede en esta dirección, levando a nosa lingua as salas dos xulgados, para o seu uso normal dentro das mesmas.

Sabemos e agradecemos da súa defensa dos galegos,  que están atrapados en esa inxustiza que son as preferentes, demostrando a súa sensibilidade social,  promovendo normas que axuden a solucionar tan noxento tema, que mentras os pequenos aforradores se lles quere quitar a mitade dos seus aforros, os directivos das entidades vanse para casa con cantidades inxentes de diñeiro, despois de deixar a estas na mais absoluta ruina como fruto da súa incapacidade para xestionalas.

O premiado 2013, ten moita similitude co propio Fernado Freire Carril, quen soupo poñerse a o frente dos veciños para promover o pleito, durante 20 anos, que aboliu os foros que Seixalbo pagaba o bispo e cabildo da catedral de Ourense

Por todo o exposto, que por primura de tempo, é moi resumido, a asociación “Agromadas” síntese enormemente orgullosa e agradecida o contar entre os premiados co “Freire Carril 2013” a Don Carlos Varela García, Fiscal Principal de Galizia.

Señor Varela, Señor Fiscal, para defender a nosa lingua, como o está facendo vostede, para defender a todos os galegos como o está facendo vostede, conte con “Agromadas”, conte con Seixalbo.

Moitas gracias


6º  Ano 2014.- Adofo Zon Pereira

       Por o esforzó e dedicación que exerce no seu traballo como nisioneiro nas terras do norte de Brasil.

 

7º  Ano 2015.-  Organización Ecoloxista“Amigos da terra”

Boas tardes, agradecervos a todos, autoridades, amigos, veciños, a vosa presencia e participación nesta festa, como tamén na entrega do premio “Freire Carril 2015”, que faremos de seguido.

Organización Ecoloxista “Amigos da Terra”

Unha das inquedanzas  de “Agromadas”, xunto co que se refire o eido cultural, é a defensa da natureza e do medio ambente e o seu posicionamente encontra do cambio climático.

E asi o demostra a pequena historia do premio “Freire Carril” o ter entre os seus premiados,  a Pablo Rodriguez Oitabén, persoa ben coñecida como defensor da natureza,  e este ano a Organización Ecoloxista “Amigos da Terra”.

Pensamos que si conservamos o noso entorno, a natureza, os ríos, as arbores, e lle inculcamos os nosos fillos esta idea, estamos mirando por a nosa subsistencia como persoas, por a diversidade natural, e en difinitiva por a nosa propia vida.

E de eso saben moito en “Amigos da terra”,

Coñecemos e compartimos con vos o esforzo por encontrar una solución a problemática dos incendios forestais, a defensa a ultranza na limpeza dos ríos, a loita contra o cambio climático.

Dende “Agromadas”, dende Seixalbo, decimosvos que adiante, que sempre nos teredes codo con codo, en todo o que se refire a defensa da natureza, empezando por o noso entorno mais inmediato, e axudando así na idea mais globalizada que defende “Amigos da terra”, para conseguir calidade de vida e progreso si, pero progreso sostible, e con esta idea, agradecemolo da forma que temos mais sinxela:

 concedendovos o Premio Freire Carril 2015


5.-Reflexión.

A idea da directiva de Agromadas, de crear e institucionalizar un premio con o nome de Freire Carril, paréceme moi acertada. En Galicia, a diferencia de outras comunidades, (Cataluña, Pais Vasco, etc.) temos a costume de esquecernos, ou polo menos de agochar as persoas que se comprometeron  na defensa do común, (léase lingua, historia ou costumes do  pobo), ou mesmo de persoas que defenderon e loitaron por cuestións que atinxen a xentes e incluso a pobos enteiros.

O caso de Fernando Freire Carril  é un deles. Esta persoa que, poñéndose a o fronte de outros 138 veciños, foi quen de encabezar e dirixir a loita, durante 20 largos anos, no xuízo contra a curia e o bispado de Ourense para suprimir a inxustiza dos foros que o pobo tiña que pagar.

A importancia deste feito é fundamental para Seixalbo, e como tal debemos valoralo. O feito de crear un agasallo co nome do tal persoeiro, comporta, a meu entender, que debe ter unha certa calidade, premio e premiado/a, por respecto a persoa da que escollemos o nome para o mesmo, Seixalbo meréceo, o persoeiro tamén e Agromadas debe de ter a suficiente sensibilidade para escoller a persoa ou entidade que por os seus méritos séa merecente do mesmo.

Partindo de esta base, si damos por feito que é un premio importante, a selección e fallo do mesmo, debe levarse a cavo dunha forma totalmente obxectiva, e  o premiado debe cumprir coas bases do mesmo en todas e cada unha delas.

En este mesmo acordo de institucionalización do premio, tamén se acorda a súa dotación que é: simbólica o non ter dotación económica, e que consta de diploma acreditativo, e figura con inscrición.

Con moi bo criterio por parte da directiva, encárgase a un artista escultor, de renomeada fama, Manuel Buciños, a realización dunha figura en bronce con placa onde conste, o nome do premio o ano e o nome do premiado, que xunto con o diploma  acreditativo, se lle entregará a o premiado, o día da celebración dos foros, como se ven facendo dende que se constituíu o mesmo.

Creo eu, e é a miña opinión, que o acto de entrega e un momento fundamental, tanto para o premiado, cousa lóxica, como ase mesmo para Agromadas, que con a solemnidade que se merece tal acto, interpreta e asume a categoría do mesmo, como tamén o mérito recoñecido do premiado.

O ambiente, o entorno e a posta en escena da entrega, debe ser acorde con a importancia do momento, o que redunda en beneficio do premiado, de todos os invitados a o acto, pero tamén en beneficio da institución, en este caso Agromadas, que o entrega.

Con tal motivo, e vendo a experiencia dos últimos anos, debemos repensar: lugar, momento, forma, etc., da entrega,  para non facer deste premio unha cousa aburrida e sen ningún interese para o premiado e mesmo para a institución Agromadas, que o creou e institucionalizou, e que os premiados espallen o nome da Vila de Seixalbo alá por onde vaian poñendo de manifesto o orgullo de ser premiado, así como o bo trato e respecto con o que foi distinguido, e que sigan as xentes que veñan despois de nos, facendo a entrega con a mesma ilusión con que nos a facemos.

Toda esta reflexión, que como é natural so representa a miña opinión, ten un único fundamento, meu cariño polo lugar onde nacín e vivín, que se chama Vila de Seixalbo, e ó respecto por as xentes que antes de nos traballaron e contribuíron o engrandecemento de esta nosa aterra, as que debemos recordar por as súas obras a favor da comunidade.

 


                       


Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadass@gmail.com
alzia.net