Parrafeo 2.014(
27 de nadal)
Queridos amigos,
veciños, compañeiros, comezo xa
malamente, este parrafeo añorando os tempos en que sendo eu adolescente e moza,
o Nolete se subía ó balcón do Luís, e dende alí discurseaba mostrándonos o seu inxenio e a súa chispa.
Tempos de tranquilidade, aceptación,
resignación, emigración…
(
Non parece que pasaran 40 anos…)
Añoranza, digo, pola tranquilidade daqueles
tempos, mestura de
inocencia e ignorancia polamiña parte.Pero eu percibía que todo
estaba
no seu sitio.Os pais mandaban, os avós
mandaban, o cura mandaba, o
alcalde mandaba, a mestra mandaba, a
garda civil mandaba…todos a
mandar , e nós a obedecer , fácil.!!
Hoxe, o mundo desmorónase ó noso arredor.
Os país son colegas e non
mandan nada, os avós, gañan o afecto dos
netos e dos fillos, que non a
autoridade, grazas ás esmolas domingueras cos que agasallan ós netos e
á pensión da que, en moitos casos, viven
os fillos. As autoridades tanto
eclesiásticas como civís, desprestixiadas,
criticadas ,minusvaloradas…
queren mandar, intentan mandar, propóñense
mandar….E tristemente, conségueno
(Lei de seguridade cidadá, por exemplo,
do goberno do señor Rajoy, que, sabendo o
Que ía facer e en previsión das súas consecuencias,
pensou en amordazarnos coma en
épocas pretéritas, non moi lonxanas.
Ademais de con añoranza ,veño con
espíritu derrotado, porque por máis
Que intentei darlle a este parrafeo un
aire festivo, simpático como sería o
do añorado Nolete, ou os das miñas compañeiras
anteriores,
non houbo maneira. Non fun quen. Non é
de estrañar: eu son
persoa seria e circunspecta, xa me
coñecedes , e ademais, os tempos
están para poucas risas e pouca valentía.Porque como diría o noso
egrexio escritor, Álvaro Cunqueiro: “
eviuse ave quen fora home, aínda
que ficaba o remedio da peregrinaxe a
Santiago, onde era sabido que
aqués de pluma de antaño, volverán á
natural forma”. ..Fostes a
Santiago?, ai, non…!!Pois seguiredes con plumas, e cacarexando no
bar
do Toño ou ladrando o voso rancor polas rúas, que diría o señor
Aznar.
Non hai nada que nos anime, que nos
console ou que nos mova!!
Ata o Barça perdeu a liga, a copa, a
champions!! La roja non pasa do
primeiro partido no Brasil. O noso equipiño
ourensán desaparece…Ten
razón a miña tía Maruja, que cada vez
que vén á casa da miña nai, me
repete o mesmo. “ Eu non sei o que
está a pasar hoxe no mundo e a
onde imos
parar” Que está pasando?Pois que Alemania 7, Brasil 1,
metáfora mortífera que doeu, eh, doeumoito,
aínda que sósexa fútbol…
Bueno, e volvendo ó cacarexo, ás plumas,
á falta de valentía …
Algo, algo de valentía hai. Tanto, que
la señora Tacher del Sur, versus
Esperanza Aguirre, e a sú amiga da alma,
( percíbase a ironía) chámanlle ás
manifestacións: terrorismo callejero, e
quixeron mandar ós
yayaflautas terroristas callejeros, a un
manifestódromo. Non debe de
estrañarnos: Madrid leva case que 3.000 manifestacións este ano.
Comprendede que á señora excelsa e electa
alcaldesa la tengamos
muertita de los nervios.Tanto, tanto que
xa se presentou como non
candidata para as próximas municipais.
Que disgusto se levou o señor
presidente e a súa amiga Aguirre!!
Haibos, exemplos contrarios á
insultante expresión gallinácea : a marea
branca en Madrid, o barrio do Gamonal en Burgos ,algún que outro
paro
no desafiuzamento das xentiñas, gracias
á sorganización só caso e miles
de manifestacións en Madrid, o que como
dicía antes, xustificarían as
dores de cabeza de la señora alcandesa, herdeira
ela do señor Ruíz
Gallardón, que parece que tiña un
magnífico plan para solucionar os
problemas do envellecemento da poboación
española , iso si, contando, e case
exclusivamente, coa inextimable axuda de
Deus…
Moi cristiano el, e moi progresista.
Tanto, tanto, que ata o votariamos se
non fosemos de esquerda. Que mal ollo!!
Como di o Roto :“Tinguían o cabelo para parecer máis novos, pero
notábaselle
a idade nas ideas…”
É tan boiño que ata indultou a 77 corruptos nos dous últimos
anos….! E
pau
álei da xustiza universal.Pero ten razón, para castigar xa temos a
deus. De momento aforemos ós príncipes e
á raíña, ó rei vello
rapidamente, non sexa que lle saian por
aí asuntos desagradables. Iso si,
ás mulleres hai que endereitalas que nos
secuestran en Nixeria,
emprégannos coma mulas de carga en
Marrocos…que nos pagan menos
caos homes facendo o mesmo traballo, que
nos vilipendian a troche e
moche Cañetes, presidentas de
organización empresarias…que nos
queren conxelar os óvulos, para que
retrasemos a maternidade e
traballemos nos anos máis fértiles….
Que tempos! A min vóltame a añoranza e
penso nos tempos en que un
tiña os fillos que deus mandaba, ou os
tempos do invento da marabillosa
píldora, cando, coma sempre, o meu
escritor de cabeceira, o meu
maxinativo Cunqueiro, nos daba a
solución.: “mesturar
semente
de loureiro, un pouco de zucre, algo de aspirina…Claro que o
mellor
era capalas a todas!!”… Antes capalas, hoxe obrigalas, ou matalas,
porque como di o cura paisano aquí do
señor Rosendo, “Antes, si el
marío
venía borracho podía darle una paliza, pero no se las mataba
porque
había temor de dios, estaba el quinto mandamiento, ahora no
hai
moral ni haina”. ..Está visto que ás mulleres mátanas porque os
homes non saben o catecismo….!!
Ai, ai, ai,esas catequistas, eh, Nieves?
Bueno, e volvendo ó señor ministro,
vai o pobre e dimite .A nós que se nos
enchía a boca dicindo que aquí non
dimitía ni dios). Pois, si, si, dimite
dicindo que non soubo servir ó seu
presidente…E o seu presidente descorazoado
bailando a muiñeira.
Pero ós que aínda lle gardades certo
afecto ó noso exministro, non
Vos preocupedes nin pola súa economía nin
polo seu futuro. Nomeárono
conselleiro
consultivo da autonomía de Madrid, iso si, cun miserable
soldo de 8.500 € ó mes.Meu pobre!!! Como
se pode vivir con isto!!!
Bueno,xa vedes que non é tan dramática a cousa. Aparece un
papa este
ano, Francisco Bergollio, que parece
querer darle outro aire á igrexa e
deixar a excomuñón e o inferno só para
os políticos.( Bueno, isto é cousa
miña).Que foi ata Oriente Medio, e a
Cuba a ver se mediaba…excomunga
ós da mafia…, pide perdón polos abusos
sexuais do clero e toma medidas
contundentes.. Tamén o andan rondando a
ver se deixan casar ós curas.
Propaganda?, verdadeira renovación?
Deixaremos a solución para futuros
parrafeos.
De todas formas, non vos preocupedes os
puristas, que vos queda Rouco,
que anda por aí, un pouco xubilado iso
si, anunciando unha posible
guerra civil e defendendo os
seus dereitos, si, señor, que el non se vai, que
a el non o desafiuzan coma a tanto pobre misirable,
que el se reserva la
zona noble del arzobispado, aínda que
teña que saír pola porta de atrás…
A señora Merkel, a mandamais de Europa,
cando gobernaba con maioría,
…que se recortes por aquí, que se recortar por alá, que se vivimos por
riba das nosas posibilidades, que se
temos que pagar o que debemos
aínda que morramos de fame, que
xubilación ós 70, baixar os soldos,…
Agora que goberna en coalición : que se xubilación
ós 63, que se axudas
Áspensións máis baixas, suba do salario
mínimo…No seu país, claro!
Porque
ós demais, hai que exprimilos. Parece ser
que temos unha
débeda que non baixará do 100 % do PIB
antes de 30 anos.!!!
Pero que
fixestes? Como fostes capaces de deixarlle débedas ós vosos
netos? En que
estabades pensando? Ah! Que non, que non fostes vós?
Pois é igual.Gañastes
a expulsión do paradiso europeo por
despilfarradores. Pero aínda que nos saia o cabreo polas orellas
e
botemos fume
coma as vacas na corte. Os galegos dámoslle un enfoque máis positivo ós problemas.
Por exemplo, nós
témolo máis fácil para solucionar o problema do paro…
Podémonos converter todos en emprendedores. Porque como para
Emprender hai que maxinar.. Eu , por se
por aquí hai algún emprendedor,
ou que queira selo, remítovos de novo a
Cunqueiro, que en maxinar
ninguén lle gaña.
Conta el en boca dun dos seus personaxes:
“Voltaba eu de Madrid-iso si, hai que ir
a Madrid ,- pois voltaba eu de
Madrid, cun libro que ensinaba a predicir
o tempo, a curar as doenzas do
gando, e unha oración contra o pedrisco.”
Home, o do gando e o do tempo está
bastante evolucionado, pero a
oración contra o pedrisco… non vos
parece que ten futuro.?
Tamén vos recomendo que, como fixo o
Coxo de Estrebo, outro personaxe
De Cunqueiro, subades ó cumio das nosas
montañas, cabilade sobre os
males do mundo.: paro xuvenil, e paro en
xeral,fame e miseria,
independentismo catalán,( non me digades
que non, que el temita nos
tiene un tanto arrepiados, menos al
señor Rajoy y a Mas, eles saberán por
que, corrupción xeneralizada ( seica
estamos na Champions Li) :…
O caso do Pujol meréceme unha reflexión
aparte. Non sei a vós, pero a
Min foime un mazazo impresionante, foi,
diríavos, coma se de repente me
din que lle aparece un fillo ilixítimo a
Fraga, ó noso Fraga!, ou que Iñaqui
Gabilondo inventa as noticias…Bueno, el
di ,que os cartos herdounos e
que el sempre traballou pola nazón catalana,e eu estou por crelo.Non
imos dicir agora que non existe o de
traballar polos ideais, ou que todos
sodes
corruptos…
.. …En fin, despois desta triste
reflexión, voltemos ó coxo de Estrebo e
subide como fixo el, ás montañas
galegas,aprobeitade o seu campo
magnético producido por meigas e trasnos
que pululan por enriba das
vosas cabezas e colaborade co plan de futuro que Europa nos ten
asignado: recuncho
do misterio, dentro dun paradiso para vellos e ricos.
Produtores
de pracer e benestar para os ricos e sufridores europeos do
frío
norte.
E baixade logo con receitas que, volvan ós
vellos, mozos, con carnes
pretas.Podedes escoller coma modelo,por
exemplo, ó xenro da Ledia e do
Ignacio, o Mito, artista polifacético.Maxináde
nos ós galegos que así
Como fomos produtores de francos, rajois, feijós, fragas, roucos,
sexamos
a punta de lanza dos emprendedores, a
cúspide dos inventores, o pico do
Everest dos innovadores. Porque non sei
se sabedes que no informe Pisa
Imos ó rabo de Europa, pero o que non
saben o resto dos europeos é que
nós no que nos especializamos é na
formación de líderes e
lideresas: ademais das excelencias anteriormente mencionadas
temos
agora alcaldesa en París e primeiro
ministro en Francia….
E se o dos emprendedores non vos
convence, porque sodes un pouco
vagos, e ademais estades cobrando o paro, non
vos preocupedes, que
entre o ascenso aterrador de Podemos e que están moi pertiñas as
eleccións, vanse crear millóns de postos
de traballos nun santiamén.
Como vedes hai solución que só valen
para Galicia, porque non todo o
mundo ten un Cunquiro en que inspirarse, pero reflexionando,
reflexionando, a unha dóelle a madre
patria,( non coma a outros que só se
lembran da madre patria cando se fala do
independentismo catalán ou
para reclamar: Xibraltar, español,!!)e
saen algunas solucións
que valen para toda España, eu diría que
para todo o mundo.
Lembrades a aquel home ,creo que
valenciano, eh, Paco? que falsificaba tan
ben os cartos que case non se
diferenciaban dos oficiais?
Creo que o meteron no cárcere.
Eu
non sei como non saímos á rúa e reivindicamos a súa saída.
Por que só teñen que valer os cartos que
queren eles? Que máis dá unha
Raíña máis ou menos…Estamos fartos de
saber que se falsifica todo,
absolutamente todo, e que o fraude só baixou
este ano o 9%.
Outra solución pode ser preguntarlle ó
presidente de Uruguay,
José Múgica, ó seu país outorgáronlle o
premio “ país do ano,
Pola súa receita para a felicidade
humana” Pero para onde estamos
mirando.?
Ou, por exemplo, crear aínda máis paradisos
fiscais, aquí en España, e
tomar como modelo a Luxemburgo y al señor presidente de la
comisión
europea, señor Junker.
Pero aínda mellor: Imitemos ós chinos,
deixemos de demonizalos.
Ademais de traballar as 24 horas e de
comer arroz, que non é tan caro
coma a carne, por exemplo, montemos
empresas que non se sabe onde
están, que só existen nas redes, son
etéreas, aéreas… e que se chaman
“alibaba….”
E senón fagámoslle caso ó barbiñas de
coleta, ese rapaciño churrusqueiro
Que saía tanto na tele, e que di cousas
como.: auditoría pública sobre a
débeda, a ver que parte non hai que pagar….prohibición
dos
desafiuzamentos, poder político á xente,
alianza xeopolítica do sur fronte
ó norte e máis!! . A que está moi bonito? A que non hai nada de malo
nisto? Etapa interesante a que nos toca
vivir… Viviremos bastante para
velo?
Bueno, bueno,e finalmente, eu como boa
galega, presumo de Cunqueiro,
e os seus manuais maxinativos, pero
ultimamente no resto de España
teñen el método Nicolasín. Al estilo
de la marca España, moderno e
antigo á vez, é dicir, atemporal,
castizo.Iso si, só para xente moi xove,
adolescentes, diría.
Fran Nicolás, Fran para los amigos,
vendo que o futuro non está no
traballo duro e responsable, elabora un plan de vida , coma aquel que se
fai un plan de pensións, e aplicando o
vello refrán : “ al que buen árbol se
arrima, buena sombra le cobija”,comeza o
seu ascenso estelar e
meteórico. Viva o inxenio e os trepas, símbolos inequívocos de la marca
España
deste e de todos os tempos.!!
E mentras nos emocionamos creando postos
de traballo e se nos van
ocorrendo ideas emprendedoras, como andamos por aquí, pola nosa
terra?
Ventos que parecen furacáns, chuvias que
parecen diluvios, cicloxénesis
lle chaman. Que vos parece se abogamos por unha cicloxénesis á galega
que
leve toda esta panda de politiquillos de 3 al cuarto.? Pachistas por un
lado, Besteiristas por outro, xudicializado
o concello, que digo, concello!
Concellos de Lugo, Santiago, Ourense,
Porriño…… Vendez, Patos,
pokemons, carioca, campión, Eros,
Quins…Nomes ben infantís, para o
asunto co que se relacionan: corrupción
en Galicia coma no resto de
España.
Pelexan
os galos por amor ás pitas? Ou pelexan os galos para controlar o
galiñeiro?
Gran dilema da Real Academia Galega: Polbo
ou pulpo?
Non é un tema menor! Eu admitiría os
dous: primeiro un bo polvo e logo
unha boa tapa de pulpo!! Ese problema
non o teñen en Ourense:nin
noite, nin noche e celebran” La Shopping
Ning”, así se quitan de en
medio los problemas con el gallego.
… E o señor Baltar, o cacique bueno, no
banquiño dos acusados.
Vaia, vaia, durante trinta anos non lle puidestes
botar o dente, ou non
quixestes e agora de vellliño, xubilado,
nestes menesteres,..vergoña vos
tiña que dar…
Eunha gran noticia nos encheu de
orgullos e satisfacción: O rei dimite e
Os novos reis Felipe e Leticia veñen a
inaugurar o curso escolar a Galicia…
A Ourense… ó Benchosey!!! Eh???Non
aplaudides, nin vos aledades,
Nin erguedes o pescozo en sinal de
orgullo, que sosos estades!!!
Pero como vos dixen antes, un ano dá
para moito, e este ano foi prolixo en
acontencementos e non só no nosoterra.
Como sabedes cada ano celébrase o estado de la nación.
E mentres os nosos políticos discuten
sobre o sexo dos anxos, que é un
Tema moi difícil para chegar a acordos, polo sur os africanos
pican, máis
Ben rabuñan nas nosas portas,nas nosas verxas
de ferros e
concertinas.. E nós, asustados, poñendo barreiras
ó vento.
Non nos damos conta, de que eles son
xoves e fortes e nós velliños e
débiles,que estamos expostos a un
montón de enfermidades crónicas
pola nosa idade e estamos moi mimosos para
responder ó ébola, por
exemplo. Que mentres a epidemia sexa en
África, alá moi buenas, pero
como se acerque … que xa se acercou, coa
auxiliar de enfermeiría galega,
miña pobre, a que montou indo á
perrucaría, que nos puxo a todos
tremendo de medo e febre, xa vemos ós laboratorios a toda mecha
buscando un antídoto global.
Se deixaramos ó norte de África en paz,
e lle deramos por exemplo
ó finado Gadafi os 5.000 millóns de
euros que nos pedía para que Europa
non fose negra, outro galo nos cantara…..
E alá un pouco máis ó leste, en lugar de
nacer o sol, e de deixarnos
gozar dos seus cálidos raios, xa na nosa
vellez europea e civilizada,
aparece o califato. Deus, volven os
árabes á conquista dos cristiáns. E nós
cagadiños de medo, antes eran os comunistas,
agora é a Yijad, e dous
demos, o Putin, e outro chamado
Netanjahu, israelí el, que fixo unha
masacre en Gaza e despois da norte de
3.000 gazatíes = 67 xudeos, di:
“misión cumplida”.Y se retira a sus
cuarteles de invierno. Por canto
tempo?
Ten razón a miña tía: “ Que está pasando no mundo hoxe?
E vén un primaveral día de maio e
celébranse as eleccións europeas.
E a sorpresa xurde coa irrupción aquí de
Podemos que supuxo para todos
os partidos coma se recibirán un
tratamento de electroxoc . Eu creo que
aínda están un pouco electrocutados, e
andan a correr modificando de
aquí, parcheando de alá. “Hai que
aprobar rapidamente que goberne
sempre a lista máis votada, por lei”!!
Elección directa de alcalde…!
Primarias para todos, novos líderes
guapos e inmaculados…
E nun parrafeo que se precie, e abusando
un pouquiño da vosa paciencia,
non poden faltar os personaxes do ano.
Bueno,bueno, la señora Aguirre e a súa
escapada xuvenil da autoridade
competente. E que contenta se puxo a
señora Botella. “La justicia es igual
para todos”. (Toma…!!.)E enriba que se presenta
como futurible alcaldesa.
Pobre Rajoi, nin en nadal o deixan en
paz!
Adolfo Zon, que volve do Brasil para
pasar unhas vacacións e de paso non
perder de todo as súas raíces, e
Agromasas concédelle o premio Freire
Carril,
e el di que lle serve de estímulo para seguir luitando polos máis
humildes, bueno, non, cos máis humildes,
que non é o mesmo. E vai o
papa e noméao bispo.! Menudo bombazo informativo
en Seixalbo.
Noraboa, Adolfo, que che chegue o noso agarimo
e o noso aplauso dende
este parrafeo.
A infanta Cristina e o xuíz Castro:
parella do ano. Un, mira que te imputo,
yo es que no sabía nada, mira que es
verdad, Castro, que estaba
namorada, que si, que non….bueno, te
imputo, pero sólo un poquito.
Creo que falar de Blesa, Rato, Granados…
é darlles demasiada categoría,
pasaremos de largo, coma se non
existisen, coma as súas tarxetas
fantasma, opacas,máxicas. Outubro negro lle
chaman, outubro,
novembro, decembro, xaneiro… ata cando?
E como non, para min os personaxes máis
importantes deste ano foron os
emigrantes, xente xove, que colle camino
e manta e vaise a producir e
vivir malamente, a maioría a Alemania,
sónavos? Séculos de ida e
volta…. Ou de ida sen volta…..?
“ Fun
ó INEM a ver as miñas posibilidades e dixéronme que estaba
demasiado preparado”.Se estás
demasiado preparado, ada, non vales
para este país.
Un ano complicado este, pero mellor có
anterior para algúns, e peor para
case todos. O caso é que foi un ano máis
e un ano menos e iso ninguén
nolovai quitar do corpo. Amigos e
vecinos: aquí poño punto final a este
parrafeo.Sexamos optimistas, moi optimistas, optimistísimos, e
celebremos
o fin da merda da crise,e dos seus trasuntos,
léase
corrupción,
corrupción , corrupción e en moitos casos, impunidade e
impunidade.
Bo fin de ano e que o ano 2.015 nos
depare menos
deplorablesacontecementos.
A vivir e a beber!Abaixo espéranos o
consolo do refrixerio.. E viva o viño e
viva a festa!!!
Como dicimos nos
foros,