Parrafeo 2016
Autor:Marisol Delgado Rodríguez
Parrafeo 2016
Autor: Marisol Delgado Rodríguez
Galego

PARRAFEO 2016

Antes de nada, dar as grazas a Agromadas por confiar en min para decir o parafeo de este ano, é un honor e un placer poder estar hoxe eiqui.

Aínda que con moitos nervos e preocupada para que todo saia ben, que non tartamudee, que me quede en branco, que non chore, e que por riba coa presión de dicilo despois do señor que vive na casa de María, a que esta o lado da casa da Julia e do Julio, e dicir o sr. Carballido, é tamén de Chus, Mela e Marga .... moita presión, pero que non se diga, alá imos.

Antes de nada, preguntarédesvos para que din un papeliño, pois e pra que escribades, o que desexades para o 2017, ao rematar recólleos a Mela, e cerramos o sobre, e non se pode abrir ata ano que ben.

Por certo teño un problema, María díxome que tiña que falar 3 horas, e eu creino. Xa me vedes escribindoe escribindo, noites sen durmir. Despois vexo no cartel, que só teño media hora. Media hora e agora que fago eu co que tiña preparado? ............... Non sei si serei capaz de resumilo, vou intentalo, polo menos que me leve dúas horas e tres cuartos ... so digo que teñades paciencia.

Comecemos entón o parrafeo 2016:

O ano comeza cunha triste nova, Gloria deixábanos, como diceMela, foise a sorriso de Seixalbo, pois por ela é todos os que nos deixaron este año, aínda que sempre con nos queden osseus recordos e os seus sorrisos, vai este parrafeo.

Xa sabedes que os parafeos teñen que  facer un resumo do ano, con retranca e divertidos... cando comencei a facelo dinme conta que a maioría dos acontecemos deste ano, eran noticias tristes, desgarradoras .. direivos algúns titulares:

·        Neste ano van 44 mulleres asasinadas en man das súas parellas, mortes sen sentido, que nos producen impotencia.

·        Atentados terroristas que deixan familias rotas de dor... atentados en nome de que .... si a violencia nunca leva a ningunha parte.

·        Miles de persoas migrantes desprazadas dos seus países de orixe, porque neles non teñen posibilidades, pero que encontran en cambio ou a morte, porque o  mar xa se encarga diso, ou unha terra hostil que non é a terra prometida que eles cren.

·        A guerra de Siria,que nos deixa imaxes agustiosas, de nenos desvalidos, rúas bombardeadas, cidadesdestruídas, miles de persoas sen fogar ... é ninguén fai nada por evitalo.

·        Os campos de refuxiados, cheos de  xente vivindo en condicións infrahumanas, e os políticos mirando para outro lado.

·        Desastres naturais, terremotos, inundaciónsetc. son inevitables, pero non por iso menos dolorosas.

·        Políticos corruptos, eses si, levantas unha pedra e saen mil, non se salva ninguén.... este tema si que da pra tres horas, pero mellor o deixamos, e falamos de outra cousa.

En fin unha larga lista de noticias que só producen desazón

E como o dice título do corto doAndrésé ‘’como escribir en el agua’’, as noticias bórranse en seguida, as noticias pasan, unha noticia borra a outra, así como os sentimentos que nos provocaron ..... ao mellor tiñamos que escribir en formigón para que non se nos olviden tan pronto.

E difícil falar de todo isto é non emocionarse, así que como teño que resumir, resumirei nun parrafeo máis divertido.

XANEIRO.

O tres de xaneiro estrea o grupo ‘’Cantigas de Seixo’’  un grupo de mozos garridos ..

Foi tal o éxito que tiveron no seu estreo, que xa están pensado en sacar disco.  É como para sacar un disco fai falta cartos, están pensando en facer un calendario, xa sabedes un calendario, un calendario de eses ....  sexys ... si, si ... sexys..... eu xa reservei o meu na Solaina, non vai ser que me quede sen él, estade atentos.

O seis de xaneiro, como fai xa 12 anos,fíxose a representación de reis. Si xa 12 anos dende queMela xuntouaun grupovariopinto de xente para facernos actores, buenoactores,mellor titiriteiros, non sabía ela moi ben onde se estaba metendo.Pois este ano tocoulle a ‘’ Os cabritiños e os lobos’’ e tamén había unha xirafa, e como sempre foi un éxito ... un éxito de convivencia e de amistade.

Como xa sabedes nesta época estaban tratando de pórse de acordo o Psoe, Ciudadanos e Podemos .... uffff un pacto a tres, pero si e difícil pórse de acordo un só. Un exemplo, meu pai pregúntame vas o ximnasio, digo vou, o cabo de un rato, non ías o ximnasio?. Non cambiei de idea. Vou facer uns recados.Ao final, nin ximnasio, ni recados, vou tomar un café coa Nuria ... En fin, que édifícilpórse un mesmo de acordo. Imaxinarse tres partidos políticos... A si foi, que non o lograron .... e segue o paripe... Xa se prevían novas eleccións.

O 23 de xaneiro ascenso a 2º do Club Deportivo de Seixalbo.Aafición saíu a rúa, un frenesí total, non houbo autobús para recoller aos xogadores, pero si houbo tractor e paseo honorífico polas rúas de Seixalbo. O que non pase na vila de Seixalbo!. Alegrámonos por eles, polo ascenso e pola ilusión que xenera.

Tamén en xaneiro nace a revista Troula para acompañar a un xornal serio como é ‘’The SeixalboPost’’ ( o editor e redactor é anónimo,  algún día sairá a luz).

A revista Troula informa: Paquita e Nicanor estiveron en Ibiza, un despiporre total ....  os veciños escandalizados e preocupados de que non apareceran, foron  a esperalos a infesta ..... os nervios a flor de pel, e se non parecían, o Entroido sen Paquita e Nicanor non ten sentido, e os seixalbeses outra cousa non pero entroideros si .... Apareceron e xa non houbo volta atrás,inaugurado o Entroidorecordando os anos 60.

FEBREIRO

E chega febreiro, con él a festa da Santa Águeda e o Entroido. Sé en Seixalbodamos para todo, se hai que ir a misa, imos a misa e si hai que ir de parranda imos de parrada.

O 5 de febreiro, verbena na infesta na honra da Santa Agueda, unha noite de frío. Eu dicíalle a Tuti, pero pra onde imos, que na infesta xia de narices. A miña irma díxome, si hai verbena no pobo, hai que ir a verbena.Encima pensando, poucos loucos imos estar de festas con este frío. Pois mira por onde, si había uns cantos, a carpa estaba aborratada, bailoteo e chocalatada, sacaban o frío, a verdade unha boa noite de festa.Agradecerlle a comisión de festas por todo o traballo que levaron, que a  veces e tan pouco agradecido.

O domingo de Entroido,inaugurousecoa tradicional comida na infesta, comida que inaguraron os Irmandiños xa fai uns cantos anos, e que sigan así por moitos mais. Foi un éxito total de asistencia, noncollía un alfiler, o ambiente era bo, o cocido e o bailoteo axudou a que así fora....

E xa chega o martes de Entroido, con choiva incluída, porque este ano deunos tela a choiva, pero nin a choiva pode cos entroideiros, e se teño que nombrar alguén dos entroideiros, teño que nombrar as Aguilladas, que levan anos levantando o Entroido, tanto mas épocas malas,como nas boas,  é dicirlle que non valen escusas. Hai que saír si ou si, que as tradicións non se poden perder, que lin o outro día que as ‘’composicións sátiras do entroido’’ veñen dende o século XI, e agora non se van perder .... Xa sabedes,este ano ide preparando unhas boas sátiras, que contamos con vos.

Tamén llo digo As Ovellas negras,os Pequenos entroideiros que este ano fixeron de perqutores, moi ben por certo. Tampouco podemos perder as parodias dos mozos, que este ano nos delitaron con un exótico baile, e creo que mais dun colleu un bo resfriado, porque os modelitos, o que se dice tea, tea, tiñan pouca, eso si, meudostipazos ... e como non, o  Roberto,outro fiel entroideiro, que xuntou unha pandilla, e meudapandilla, este ano case temos que chamar os bombeiros, xa nos informaba a revista ‘’The SeixalboPost.’’: ‘’ Unha pandilla de titiriteiros obrigou a desaloxar a dúas mil persoas da carpa .... etc’’ ..... a policía non sabía que facer con eles, a final saíronsen cargos, só con traballos a comunidade, é dicir volver facer das súas.

En fin que rematamos o entroido cunha boa sardiñada.

Mais noticias de fútbol, o Club Deportivo Seixalbo, campión de Liga, e como non, mais festa.Iso si a final foi de infarto, a cinco minutos da final marca gol o equipo contrario. A tensión era palpable. Que 5 minutos más longos.... O final como sabedes Seixalbo vencedor. O triunfo dedicáronllo a afición pero principalmente As Meigas, polo seu apoio incondicional.

MARZO.

En marzo, cortaron as árbores da estrada, varios sentimentos entre eles tristeza pola perda das árbores, de árbores de mais de 70 anos ... e sen razóns, como se solo valera o formigón

Asociación de Veciños piden mais seguridade vial en vez de tala de árbores, en fin ... é sabedes que lle contestaron, que se cortaron para previr incendios ...

Se limparan os montes que teñen que limpar ....

ABRIL

En abril pasou algo incrible, non houbo ningún acontecemento especial en Seixalbo, non daba crédito, e agora que conto ....

Dareivos conta dalgún titular, e cada un que reflexione pra si:

-         O Papa arroupa aos refuxiados de Lesbo, e acolle tres familias sirias (creo que no Vaticano collen unhas cantas mais)

-         Mario Conde volve a ingresar en prisión por blanqueo de 13 millóns de euros ( xa sabedes despois sae e da conferencias, as conferencias serán‘’como branquear e non te pillen’’)

-         José Manuel Soria dimite como ministro de Industria en funciones (seica tiña empresas en paraísosfiscais) menos mal que non era ministro de facenda.

-         O que esta claro que no caso dos ‘’papeis de Panamá’’ non se salva ninguén, políticos, personalidades das finanzas, deportistas, artistas etc.  Iso si, a culpa non e deles, pobres incautos, sempre son dos xestores. 

-         Xa sabedes, si facedes algo, primeiro buscade a quen votarlle a culpa.

Deixou así a cousa e xa pasamos pra maio.

MAIO

Partido Seixalbo – One B Laussane

Fran o fillo daToña, o sobriño da Chus, quixo traer aos seus amigos a coñecer a súa terra, porque presume de Seixalbo, e moito, e que mellor escusa que un partido de fútbol.

Gañaron os de Seixalbo, pero o resultado era o de menos, o obxectivo era pasalo ben, e pasárono, e tamén os digo que os suízosfliparon,: recepción doAlcalde, os veciños entregados, as gradas cheas cunha aficción entregada, ata un baile no descanso, comida e bebida a varrer........... digo que fliparon, fliparon ....

E como non Seixalbo, volveu namorar ......

O día das Letras Galegas, Agromadas, organizou un debate entre Cervantes e Manuel de María, Melatróuxoos do mais ala, para facer unha reflexión das súas obras. Ademais da reflexión, unha exposición de material de refugallo dos mais pequenos (unha boa maneira de aprender)

E chega corpus, e a choiva volve facer das súas, as que fan as alfombras andaban preocupadas, todo preparado pero a choiva non daba tregua.

De noite non se puido pintar,  así que confiaron que a maña se puidera, as sete da maña quedada na praza, e veña a chover, pero nada, elas non se desanimaban, nova quedada as 10, o móbildice que as 10 paraba. Estaban decidas a facer unha, aínda que fora pequena, comoían a quedar os nenos da comunión sen alfombra. Así que as dez da maña de novo na praza, aíndachuviscaba, pero xa estaba decidido, facíase a alfombra. Veña, chamade o Mito para que veña a pintar. E cunha enerxía desbordante comezouse a facer a alfombra: a Pura da praza, a Pura da praza das Laxas , Ana Mari, Lili, Carmiña, Marisa, Paquita, Milagros, Mela, Rocio o Pepe o Julio , a todo meter para acabar a alfombra antes de que sairán os da misa. Eandivo cerca, acabouse 5 minutos antes de que sairan da misa, ... e como sempre quedou unha alfombra preciosa,

A historia no cabildo foi parecida, a Olga, Pilar, Ana Belén, Mari Carmen, a Toña,Nieves, Adelaida,Lita, Marisa,Lolita,Pepita, Maria Rosa, Flora etc. ... tampouco lle tiveron medo a choiva, alí estaban madrugadoras, traballando a destaco, e como non outra alfombra preciosa ...

É que son unhas artistas con maiúsculas

O que se fai neste pobo non sei fai noutro

XUÑO

E chega o mes xuño, coa competición das de arriba contra as de abaixo, que organizou Rosi, unhas probas de infarto, a competitividade estaba latente, o obxectivo era gañar, si ou si, o final non me acordo quen gañou, o que esta claro que foi unha tarde divertida, abra que repetir.

E comezan as festas, 4 días de festas, 5 orquestas e non sei cantas charangas, festa do pemento, fogataetc. ... o final saíron carteis ‘’SOBREVIVIMOS AS FESTAS EN SEIXALBO’’, pero custou.

Os da comisión de festas preocupadas, o viña moita xente ou non, o resultado, a infesta abarrotada de xente que desfrutou dunhas boas festa, noraboaa comisión pola organización e traballo, e por riba prometen Entroido de verán ...

Outras eleccións, 26 de xuño, gaña o PP, pero teñen que pactar, en fin, outra vez, pórse de acordo, un sen vivir ...paripe, é mais paripe ... ameazan coas terceiras elección, para o 25 de Decembro ... o final, caos no Psoe, que un non e un non, e un si e un si, ao final goberna o PP con axuda de Ciudadanos ..... pero elección o 25 de decembro non ... bueno, estoume adiantándomeos acontecementos ...

Tamén nesta,fan un referemdum no Reino Unido, para que o pobo decida si se saia da Unión Europea, o resultado un si, caos mundial. Ninguén  creia que saíra un si, que cousas mais misteriosas pasan nas votacións.

XULLO

Festas dos foros, este ano coa obra de teatro en Penouzos, uns estaban a favor do cambio e outros non. O caso que foi un acerto, un  público entregado que desfrutou da obra,os actores e os músicos dando o todo, bueno todos non, que houbo alguén que tivo quesaír de escea para buscar uns papeis, cousas do directo .... A verdade un bo ambiente, só houbo un fallo, que foi corta. Marga xa sabes para o ano, polo menos que dure una horiña ou así, prometemos ser responsables e estudar ...

O premio freire carril este ano recaeu en ‘’Jose Antonio RiveiraPereira’’ de PostesXeixalbo, polo apoio que presta sempre ao pobo de Seixalbo.

Chega o verán, e con él as olas de calor e casolasde calor as olas de incendios, como non. Apraga do verán non ia a fallar, a prevención de incendios fallou, non choveu no que ia de verán, so chove cando non ten que chover, os brigadistasnon dan a feito.No inverno non se traballa na limpeza de montes e no verán recortan os gastos. Eso si, o presuposto da para cortar árbores centenarios, en fin, que vemos como uns dos valores da nosa terra, que a súa paisaxe, vaisedestruíndoano tras ano ..... Pasa o verán, e volvo a dicir o mesmo ‘’escribimos sobre agua’’ ..... xa no non acordamos ata ano que ven. 

AGOSTO

Chegan as Olimpíadas de Rio de Xaneiro e o virus do zika. As olimpíadase parece que acabou o zika, ou non, pero non interesa ...

O triste das olimpíadas é que so valen as medallas o resto non. Un so segundo vale para estar na cume a pasar desapercibido, despois de tanto sacrificio, de tempo e cartos e triste volver coas mans valeiras.

Pena que so dean cartos para o fútbol, é para isocreo que nin se clasificaron.

O que está claro que as olimpíadas deixaron imaxes impresionantes de esforzo e deportividade.

SETEMBRO

Un mes repletiño, romaría de disfraces, semana cultural, eleccións da xunta de Galicia, primeira carreira popular contra o cancro.

O principio de mes comeza coa romaríade disfraces, o prometido e débeda, e os da comisión de festas prometérono e cumpriron, e sabedes que pasou?, Que non hai quen nos entenda. No Entroido oficial en febreiro soe facerfrío, e sempre décimos: o Entroido tiña que ser con calor. Chega setembro con 40 grados e décimos: o Entroido ten que ser con frío, así non presta disfrazarse. O que digo, non hai quen nos entenda. O final si que houbo disfraces aínda con calor e foi todo un éxito.

O 11 de setembro celebrouse a I Carrera popular contra cancro, na honra do noso veciño ‘’Mali’’,  houbo varias categorías e os mais cativos de Seixalbo levaron medalla. Ven unha boa xeneración de deportistas, o resto fixo o que puido, que según parece o recorrido era un pouco rompe pernas. O mellor foi a animación polas rúas apoiando aos deportistas, valorando o esforzo de cada un. Noraboa pola iniciativa e pola organización, todo un éxito.

Houbo eleccións ao parlamento de Galicia, e xa sabedes que gañou o Feijoo, con varias promesas, que esperemos que cumpra.

E tamén é época de vendima, e este ano a cosecha non foi boa, o mildeu fixo das súas.... e os de Agromadas xa andan preocupados por se non chega para os Foros ...... e teñan que decir ‘’señores chega a primavera e si seguimos así, imos ter que beber auga do pilón’’ ....eu só digo que maloserá que non chegue.

A semana cultura tivo que cambiar de fechas, con tanto acontecemento non había datas, empezou coa obra de teatro ‘’Greasse, nin branco ni negro, simplemente gris’’ é rematou con outro concerto de ‘’Cantigas de Seixo’’ que ata se atreveron a versionarElvis, xa estaban pensando no calendario.

Ando ben de tempo, podo contar unhas anécdotas da obra de teatro ..... Si, claro que si. ...

Decídese facer unha obra, ata aí fácil, o complicado é montar as pezas,  pero mira por onde non foi tan difícil: fai falta palets temos que nos deixe palets, fai falta coches para unha carreira, pois ahi temos dous coches, fai falta montar un vídeo, pois xa esta o Mito que o monta, que fai falta ribetes pois a Flori fai ribetes, que hai que carretar teas e mais telas, xa se encarga Mela, que hai que saquear as familiar para decorar o escenario pois saequease, que fai falta traer Ribeira a Seixalbo, traemos Ribeira, que hai bailar preparar tes bailes, pois prepáranse, hai que facer un calendario pois xa se encarga o Carballido, aínda que despois algunha impresentable.... cambiara o nome do arquivo e non se escoitara a música, uff menos mal que naide seenterou de quen fora...Sabedes que vos digo que si un día pedimos a Lúa conseguímola.

A policía veu a investigar por supostas carreiras ilegais no Carqueixal, pero si os coche ían a 20, e a un dilesestropeouse, e xa vedes o Pepe chupando da bomba da gasolina, si ata lle cantaron, ’’dáme mais gasolina’’ .... e o final foi empuxado polos nenos que estaban alí, iso si, os efectos dixitais parecían que ían polo menos a 200 km/h.

E tamén sabedes que o Mito tiña medo de saír da casa, o Miguel o fillo de Anatiñaoamenazado, ‘’no te acerques a mi madre’’, menos mal que se fixeron amigos, senón non saia da casa.

O día previsto da obra daban previsión de choivas, pero como que dan choivas? si o pavo coronel do Hectordice que non chove non chove. OHiginiodice que el vai a misa, é xa reza para quen chova. O único que dicia que chovía era meteosarat Galicia que o Carballido ten un coñecido e dábanos o parte ‘’previsión de choiva entre as 9 e as 11 dun 90% de probabilidade’’. Non podía ser a partir das 12!. Suspendese a obra. E ese día sae un sol radiante, temperatura ideal, a xente  dicíanosque non chove, non a supendades ... En fin que cando choveu as 10:10 saltamos todos de alegría.

O día do estreo, cheo total. Home xogamos con vantaxe, somos 24 entre actores e bailarines, a familia e amigos xa enchen o local. Un éxito total, polas risas e comentarios, pero o importante xuntarnos e pasalo ben.

Por certo a nai dunha amiga que veu de Vigo díxome: Que ben o facían é que corpiños tiñan as bailarinas, home non, coas nais que teñen, todas guapas e con bo tipo, non íansaíras mozas con bo tipo, non si?

OCTUBRE

Presentarse en Agromadas ‘’PHILOGELOS’’ unha obra en Grego e traducida pola nosa polifacéticaMarga Seara é Oscar Soto. O local cheo, os da editorialnon daban crédito, Marga díxolle que trouxeran 40 libros para vender, e sabedes que pensaron, que ia comprar todos ela, pois non agotaronse en 5 minutos, pero onde crían que viñan, que Seixalbo e un mundo a parte.

Riós limpos despois de estar moitos anos loitando contra os dos vertidos do Barbaña, conseguen que a fiscalía pida pena de cárcere para os que vertan sobre o Barbaña .... a ver si e verdade 

NOVEMBRO

Morre Rita Barberá a pique de declarar e dálle un infarto, acusación duns e outros. Si o infarto foi pola presión que sufriu por parte do seu partido ou por parte dos periodista, pasou de corrupta casi a santa, e xa sabedes os rumores que corren, dicen que foi asasinada para que non falara de mais .... Pero iso só pasa en estados Unidos, eiqui non ...

Tamén morre Fidel Castro, pero este por causas naturais, non digo que a Barberá non, e volvemos o mesmo, que non nos poñemos de acordo,  ,uns o consideran un santo e outro un demo, pensamos diferente  como se van por de acordo os políticos ...

Os magostos como non, pasados por auga, bo tempo toda a semana, so choveu para os magostos, e que este a ano a choiva ....

Gañou DonaltdTroump as elección dos Estados Unidos, con promesas de crear un muro que separe Estado Unidos de Mexico, de comentarios machicas, senofogosetc. ..... quen o votou?? Os votantes entendemos o que votamos? ...  o que esta claro e que non temos unha presidenta de Estados Unidos. Espero que non vaia moi mal a cousa..

DECEMBRO

Empeza decembro cunha semana un pouco rara, festivo si, festivo non, que xa non sabe si hai que traballar ou non.

Chega o día de dar contas e Asociación fai a asamblea anual, todo correcto, ninguén protestou, no The SeixalboPost, non se escribiu nada, así que este ano foi boa a xestión é non houbo queixas. Iso si, queda reflexado que si hai unha desgraza no pobo, non hai ambulancia nin bombeiros que pasen polas rúas de Seixalbo (algunha pega ten o vila de Seixalbo, os coches). Así que se volve a recoller por milésima vez a petición dun parkin e concienciar os condutores que a veces andar un pouco non ben mal.

Este ano faleceron uns cantos artistas, pero mandaron recado que non nos preocupemos, que están ben, que van facer unha versión especial de  ‘’Tu cara me suena’’pero que manden vídeos, que ala non os imos a ver.

O Club Deportivo Seixalbo Xuvenil, un equipo do mais integrador, onde confluén xogadores no só de Seixalbo, senon de outros barrios e outras nacionalidades, e dende fai pouco tamén con unha moza. E raro ver a unha moza nun equipo xuvenil, pero en Seixalbo e posible. Pois nestas datas o equipo puxo en práctica os valores nos que se sustenta o club, respecto,solidaridade, educación etc. Visitando, o Comiteanti-sida, e Asociación Afaor (ahzeimer), unha boa iniciativa dun bo proxecto.

O día 23 presentouse o corto do Andrés ‘’Como escribir en el agua’’ , o seu traballo ‘’mi vida en una caja’’ e exposición que estades vendo agora mesmo.

Todo un artista, que xa despuntaba de neno cando facía teatro coa Nila, e xa con quince anos nos sorprendeu coa adaptación do Rei León, e si segue así, xa o vexo na alfombra roxa, dos Goya ou dos Óscar, quen sabe. O que está claro que con alfombra ou senalfombra estamos orgullosos del.

E chega as festas, e as actividades para nenos e maiores;o Apalpador, chocolatada, tamén anuncian unha especial. Mariscada na Infesta, e ninguén o creu, pero que incrédulos, para os que si acreimos tivemos mariscada dobre, tocamos a mais. Señores fagan caso dos carteis, que quen os fai son xente seria e responsable, non ían a contar unha trola ... ou si.

E xa se acaba o mes, é o ano, así remato eu o parrafeo .... seguro que me quedaron cousas no tinteiro, pero non se pode falar de todo. O que está claro que lle deixo para o ano que ven, a chegada do Ave ou non, si se acaban o fondo das pensións o ou non, si derrogan a lei de Wert, sen hai revalidas ou selectivo, vai saber ....moitos temas pendentes que se resolveran no 2017.

Conclusión

Dicirvos simplemente feliz ano 2017, que este ano,que comezaeste cheo de acontecementos, para que lle compliquemos un pouco a vida a persoa que dea o parrafeo do 2017, e para que sigan decindo‘’o que non pase enSeixalbo, non pasa en ningures’’

 

Feliz 2017.

Marisol Delgado Rodríguez

Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadass@gmail.com
alzia.net