CEN ANOS Ó SERVIZO DOS FREGUESES
Autor:M. Herminio Iglesias Vázquez
CEN ANOS Ó SERVIZO DOS FREGUESES
Autor: M. Herminio Iglesias Vázquez
Galego

CEN ANOS Ó SERVIZO DOS FREGUESES

Manuel Herminio Iglesias

Un dito sentencia : quen descoñece o seu pasado difilmente pode entender o presente e melloralo.

Neste mes de marzo, cúmprense cen anos da posta en marcha do reló da Igrexa de Seixalbo. O crego, párroco daquela de San Breixo, don Luciano Eavaristo Vaamonde (1912-1918), xunto con 191 veciños da antiga Vila e Couto, decidirón mercar un Reloxo e unha campá para poñer na torre da reconstruída e reformada Igrexa de San Breixo, a cal caera a finais do século XIX. Pretendían saber a hora en que vivían ainda que fora noite, chovera ou houbese néboa. Desexaban así mellorar a calidade de vida dos Seixalbeses. Compre subliñar que daquela, salvando o concello de Ourense, poucos concellos da provincia tiñan casa propia e menos un reloxo para darlle as horas ós seus habitantes. Mais nesta vila, os veciños, ó igual que o fixeran cen anos antes, na loita para eliminar os foros que machacaban a súa feble economía, uníanse para mellorar. E sabedores de que os concellos andaban moi escasos de cartos para investir, recurrían a aportación económica pois era a única forma de mellorar e situarse na modernidade dos tempos. E ter un o reló público era o obxectivo daquel momento. Así, aportando moi diversas cantidades, segundo a súa economía particular, foron quen de mercar un reloxo na casa Hijos de Ignacio MURÚA o cal servira e montara, anos atrás, o da Catedral de Ourense.

O reloxo de 400 kilos de peso tivo un coste toal de 2030 pts. A continuación mercaron unha campá que custou 1200. Ademais de asumir a veciñanza o custo de pagarlle anualmente unha cantidade a un veciño para darlle corda cada oito días e facerlle o mantemento da maquinaria, pois as institucións públicas era alleas a istes asuntos.

O reloxo en cuestión aguantou ben ate a década dos setenta. A partires desa data Antonio Rivo asumiu o traballo de axustalo e de facerlle o mantemento sen cobrar nada por tal tarefa. Logo, anos adiante o reloxo foi electrificado, incluíndo tamén todos os toques propios das celebracións da igrexa polo mismo Antonio Rivo e Jose Manuel Alvarez e, actualmente, sigue a funcionar dando as horas con repetición e as medias con toda normalidade.

Esta podería ser a síntese dunha historia que aconteceu nun lugar ónde, ate a década dos sesenta do século pasado, todas as melloras colectivas que se acadaron chegaron da man da axuda económica e o traballo dos propios veciños mediante prestación persoal.

Por tal motivo, a Asociación Cultural Agromadas e a Asociación de Veciños San Breixo queren lembrar o centenario cunha placa no Atrio da Igrexa e, rematar o acto, cun concerto onde se significaran a esas dúas persoas.

En fin, coñecer o pasado implica entender mellor o noso presente. E, se iste se lle transmite ás xerancións máis novas, estas entenderán que non todas as melloras sociais cairon do ceo. Se non que foron acadadas co traballo e o esforzo colectivo en base a unidade veciñal.

Nos tempos en que vivimos, o reloxo público non é tan preciso como hai cen anos, Daquela case era vital para a vida diaria. Mais o fondo da historia ben merece unha lembranza como exemplo de aspiración á modernidade deste núcleo rural e tamén como unha homenaxe ós nosos bisavós, avós e pais que traballaron sempre coa teima e o obxectivo de ter un Seixalbo mellor.


Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadass@gmail.com
alzia.net