A maxía dunha viaxe
Autor:José Manuel Álvarez
A maxía de unha viaxe
Autor: José Manuel Álvarez
Galego

A maxia dunha viaxe


Afición, fanatismo, diversión, experiencia puntual, ou todo iso, ou, máis sinxelo, vivir o momento, aproveitar o presente e disfrutalo; esta é a máxima da xuventude actual, que acertada ou non, faina súa e a disfruta plenamente.

!Saimos a unha e media ¡¡¡. De acordo. Non se falou máis.

E así foi, a esa hora dispuxémonos a enfrontarnos cos máis de quiñentos kilómetros que nos quedaban de viaxe.

Despois de engadir a reserva de botellas de auga para o viaxe, o “bocata” obrigatorio para ó descanso do partido, e por suposto, camisetas e bufandas coas cores do noso equipo. ¡ó la la, a emoción contida explota e a “Champion”.

As tres da tarde, deixamos a provincia de Ourense. Fai un día caloroso, Ourense rexistra as temperaturas máis altas da península, non importa, viaxamos en un coche con un aire acondicionado potente e o calor non se percibe.

Comodamente e coa impresión de vivir un acontecemento singular, cruzamos a meseta e presentámonos en Madrid arredor das 6 da tarde.

Despois de anos sen estar en Madrid, a primeira impresión é constatar a enorme densidade de tráfico, no centro da cidade, a praza de España, que eu coñecín practicamente peonil, é un fervedoiro de coches descomunal, onde, se abres a xanela do coche, só podes percibir, ao oído, un inmenso ruído do motor dos centos de coches que che rodean, e á vista, as caras dos condutores que che miran como dicíndote: aparta que teño moita presa ¡¡.

Unha boa parte do tempo total do viaxe, váisenos en cruzar Madrid ata a metade da “Castellana”.

Xa chegamos, nas inmediacións do “Santiago Bernabeu”, deixamos o coche nun aparcadoiro.

Maxestoso estadio, achegámonos para cambiar as entradas que previamente compramos por “internet”.

O ambiente nos arredores, é impresionante, a cantidade de coches da policía nacional antidisturbios, axentes a cabalo por parellas, patrullando os arredores, unha gran zona onde están instaladas as unidades móbiles das cadeas de televisión e radio de todo o ámbito nacional, así como estranxeiras.

Pero para min, o máis espectacular, é o que máis me sorprendeu, foron os grupos de afeccionados, visitantes ou locais, que cos seus cánticos e berros de apoio ao seu equipo, producen un son enxordecedor, e un espectáculo digno de ser estudado.

A miña intención de achegarme a estes grupos e poder ver de preto as súas facianas, e poder fotografar as súas expresións, viuse freada pola prudencia e por algún consello dos membros de seguridade que os rodean e protexen, no senso de que era arriscado entremeterse nestas “pandillas” sen ser membro delas, pois os cantos e os berros definen por se sós a estes.

Pero quería intentar describir o que anima a estes miles de persoas a facer a viaxe, sabendo que non poden entrar ao estadio, so a permanecer nos arredores, cos seus berros e cánticos, durante o tempo que dura o partido, rodeados por un cordón policial, e iso si, ateigados de cervexa ata as tempas, e emprender o regreso ao seu pais de orixe, unha vez rematado o evento.

Un momento álxido e emocionante é cando o autobús do equipo asoma ás proximidades do estadio, faino con parsimonia estudada e repetida nos grandes encontros; precédelle unha parella de motoristas da policía, coas súas sereas e luces destelantes, rodéano varias parellas de policía montada e pecha a caravana varios coches de antidisturbios, coas luces e todo o aparato e parafernalia, coma se fose un xefe de estado que viaxase dentro.

Todo está calculado e estudado ao milímetro, o seu percorrido, as súas paradas diante dos grupos ultra de afeccionados, que neste momento, atronan o ambiente cos seus cánticos e berros.

Noto niste intre, que é un momento sumamente emotivo, deficilmente descriptible para un profano no fútbol, e case entendo a subida de “adrenalina” que produce a vista do conxunto, cando enfila a entrada do “estadio”.

Unha hora antes do comezo do partido, accedemos ao estadio, a entrada é doada e rápida e ven explicada no propio boleto de acceso, pero tampouco habería problema, pois a cantidade de empregados dispostos a axudarte é considerable e a amabilidade destes tamén é de sinalar.

O estadio vaise enchendo paulatinamente, cada vez que levanto a vista cara ás bancadas, vou vendo menos asentos libres, coma se alguén os fose pintando de diversos cores, cando ao principio eran todos azuis.

Agora entendo o medo escénico que deberían sentir os gladiadores romanos nos circos, con cinco mil almas bramando enriba dos seus oídos, e que tan ben reflicten na súa mirada, nas películas de loita cando saen ao centro do coso, figúrate con noventa mil, voceando ou aplaudindo ao unísono, no momento de saír os xugadores.

Os cánticos atroan o ambente, resoan repetidas a vez por noventa mil voces os “¡¡bien!!” que seguen a cada nome dos xogadores que se van dando pola megafonía.

E de subliñar a grada dos famosos “ultra sur”, dende o primeiro minuto ata que non queda nenguen no estadio, os cánticos, axudados por bombos que marcan o ritmo, non paran nin un intre, centos de aficionados, cantando e bailando, a modo de “sambodromo brasileiro”.

Comeza o partido, cada xogada remata sempre cun ¡¡¡ uy !!! atronador, se a pelota se vai fora, pero se a xugada remata en gol, un único resorte imaxinario, dispara a todos os corpos cara o ceo, acompañado dunha soa expresión dita cun berro enxordecedor ¡¡¡ G o o o l !!!.

E é tan contaxioso este berro que debo confesar, que persoalmente nunca me interesou o fútbol como tal, ese mesmo resorte, tamén a min me empurrou cara o ceo, bramando ¡¡¡ gooool !!.

O afeccionado que se sinta o meu lado, non se decata que está a botarlle as vaíñas das pipas que está a comer, ao espectador que se senta diante, é igual, só hai unha única mirada, ¡ ao campo!.

Chega o intermedio do partido, a hora máxica do bocadillo e de comentar as xogadas mais importantes, e coma se xurdise unha orde interna xeral, a maioría dos espectadores, sacan a súa merenda e dan conta dela, o ambiente aseméllase a un batallón de soldados, cando o xeral dá a orde de descanso a discreción, e todos os soldados disténdense, charlan e fuman en harmonía.

O equipo local gaña amplamente, non hai discusións, todo son risas, cantos e comentarios favorables ao equipo vencedor.

Abandonamos o estadio, cunha última mirada ao o gran circo, onde se acaba de celebrar a loita dos gladiadores; en tan só uns minutos estamos fora, os vomitorios do estadio están pensados para evacuar a gran cantidade de xente, e na rúa, os afeccionados apresúranse a coller o seu coche e iniciar a volta, espéranlles centos de quilómetros, e moitos terán que traballar mañá, a nós máis de quiñentos.

Coa alegría dos que gañan, iniciamos o regreso, e esa mesma alegría debíase notar na nosa faciana, pois nun control da garda civil a pouco de saír de Madrid, e o baixar a xanela do coche, e ollar as bufandas do equipo, o garda esbozou un sorriso e díxonos: del partido no?, si.

A esa hora nótase menos aglomeración de tráfico, pero aínda así o viaxe durará ata as cinco da mañá, e que felizmente se desenvolve sen ninguha dificultade.

Unha viaxe única e non repetible, porque cada partido é único e non repetible. Por certo, gañou o Real Madrid 4-0 ao Tottenham H.F.C.



Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadass@gmail.com
alzia.net