PARRAFEO 2018.- 1ª Parte
Autor:Amelia González Iglesias
PARRAFEO 2018 .- CANTO PEOR, MELLOR. - 2ª Parte
Autor: Amelia González Iglesias
Galego

Público na lectura do parrafeo 2018


PARRAFEO 2018

2ª Parte

 

Festa adicada o reloxo,

testigo e marcador do tempo na parroquia de Seixalbo,

sendo durante cen anos guía,

referente de todos os feligreses que o miraban e o oian.

Serviu de despertador, chamada para comer,

aviso de volta a casa, toque de fin de xornada.

Aviso de entrada a escola, para coller o carrito.

Aviso para os nenos e as noivas, “Era hora de volver a casa”.

Por esta celebración,

torre e mais o reloxo inmortalizados xa quedan,

gracias a arte de Mito nunhas láminas

e na parede do atrio unha placa, recordando tamén

o promotor, Párroco D. Evaristo.

 

No mes de Marzo chega unha NOVA DIRECTIVA, sometida a votación,

na que tamén participan democráticamente a Paquita e Nicanor.

Ante Pazo, “mestre de ceremonia”, con toda solemnidade,

María entrégalle o bastón, símbolo de poderío, a Carballido

e Carballido caballeroso, un ramo de flores a María dá.

Intercambianse palabras de agradecemento e bos desexos,

entre aplausos e fotógrafos.

Comenza unha nova etapa! Sorte!

 

Agromadas celebrou a FESTA da NOSA LINGUA,

adornando as rúas con textos escritos en Galego,

un canto o uso da NOSA FALA.

O 17 de Maio en Penouzos, protagonista Mª Victoria Moreno.

Alumnado de 2º, do colexio de Seixalbo,

con espontaneidade e inocencia infantil,

representan a “Festa no faiado”, obra da homenaxeada.

E logo, movendo con ritmo e control as cintas,

bailaron o tradicional baile: “Mazarico”!

 

En Maio a festa do FÚTBOL,

os ánimos están altos por a marcha do equipo.

Club de fútbol Seixalbo

recibe con grandes honores, ós amigos de Suiza.

Tras brindarlle un cruceiro por as costas de Galicia

(que seica foi un desmadre. Non o pon aquí, pero eu seino),

prepáranlle unha estancia entrañable

que comparten ca vecindade do pobo.

Lecturas de benvida,

cantos corales dirixidos por Marisa,

actuación de Xestreu que invitou a cantar e bailar.

E comida, que non ía faltar, para rematar a festa.

E poucos días despois, O SEIXALBO ascendeu!

 

Por CORPUS, a arte se impón, ano tras ano.

Só se ve a colorido, a fermosura nas prazas,

sen pensar o traballo que hai detrás…

Recollida de verde e pétalos, picar, seleccionar, separar.

Diseñar e picar no chan.

Combinar e colocar o material, porse de acordó,

para que as alfombras queden fenomenal.

Inda quedan os altares!!!

Planchar, colocar e logo volver a recoller e gardar.

Súmase ademáis, ter en conta, o tempo que fará.

E unha sentencia que non falta: ESTE O ÚLTIMO ANO SERÁ!

 

BOA NOITE DE SAN XOAN!

Ó ritmo dos perqtores, bailando,

a xente percorre o pobo olvidándose das penas,

entrenándose, para o que logo virá.

Baixo as estrellas na infesta,

ca fogata moi cerquiña, a MEIGA NATI proclama os desexos desta noite.

E baixo a calor do lume, por fora e da queimada, por dentro,

a xente fala animada e animosa!

O día seguinte… nada no seu sitio está.

E tamén algunha rúa, por algún día sen luz quedará.

 

OS FOROS, festa reina de AGROMADAS,

parida con ilusión e medo, alá por o ano dous mil seis.

Despois de anos de esforzó,

de mellorar cada ano,

a rutina se impoñía e cansaba…

Había que renovar.

Así foi como outras xeneracións entraron a formar parte da EMPRESA.

Chegou a data. Días de choiva,

pronóstico moi dudoso do tempo.

Entra o medo o fracaso.

Incertidumbre, desconcerto, desánimo.

 

Pero a ESPERANZA trinfou,

e a pesares de todo, o teatro foi un éxito,

a homenaxe a D. Miguel Fernández Grande, tamén.

E non digamos o resto!

Os Foros deron disfrute e ganancias!!!

Que raro, ganancias en Agromadas!!!

Canto enseña a xuventude!!!

 

No Cabildo, unha noite de verán,

CEA HOMENAXE a ZON,

na que ademáis de cear, compartimos vecindade.

O acto estivo animado por palabras e un vidio.

Palabras de Carballido, Lalo e Zon.

Co video moi entrañable, puidemos coñecer O CRECEMENTO de Adolfo,

a través de familiares,

amigos e membros do grupo “Así canta o noso pobo”.

Recordamos, comparamos e a nostalxia nos invade.

 

O MES CULTURAL. A lo grande!

Pasamos de unha semana, a un mes…

Poesía, música e Teatro

xogos, andaina e fútbol

convivencia, historia…Cultivo de mente e corpo.

Nada faltou para pequenos e grandes.

Excelente organización,

traballo de algunha xente e colaboración de todos.

 

Sempre activa a ASOCIACIÓN, organiza o SAMAIN.

Negrua, cabazas, medo,

misterio e moita parranda,

para disfrute dos nenos e maiores.

Viva a festa!. Todo un éxito.

 

No MAGOSTO, en Novembro, protagonista a castaña.

Ja, Ja, Ja.Eso era antes.

Presente, si que está, pero é postre.

Primeiro chourizos e viño, polo menos…

E cómo non? Moita charla…

O día catro o de Agromadas en Penouzos

e na Asociación o once.

Convivencia e bon rollo, trae o MAGOSTO.

 

A primavera deixou camiños

cheos de herba e maleza.

O concello non se entera, ou non quere enterarse.

A Directiva indignada, unha chamada fai a vecindade.

As “BRIGADAS VERDES” que forman homes fornidos, (uns mais que outros)

limpan a rúa da Igrexa, Picota e Verea Real,

sendo exemplo pro Cocello e para os que o queiran ver.

 

Seixalbo ten historia e os seus fillos recordan.

Por eso, dentro do mes cultural, o día sete de Outubro,

con toda solemnidade, ríndeselle un HOMENAXE a JOSÉ PEREIRA RODRIGUEZ

En presenza de familiares, veciños e autoridades,

unha placa se coloca na casa onde naceu e viviu,

o que foi Alcalde de Ourense nos anos 1916-1917.

 

Está ben ter autoestima,

mais en Seixalbo tamén hai cousas que non están ben.

Só é preciso non mirar para outro lado, cando vemos algo mal,

en nos e tamén nos outros.

 

Tres SAIDAS se fixeron.

A PRIMEIRA azonz de Celanova:

Castro de Castromau, Vilanova dos Infantes,

Casa de Curros Enríquez, Mosteiro de San Salvador, Capela de San Miguel.

Que ledicia! Canto arte! Canta historia!

E dúas cousas queremos facer notar referentes a Vila Nova:

o recordó ó Padre Silva, que alí está enterrado

e a Virxe do Cristal, unha ausente involuntaria.

 

A SEGUNDA saida, esta foi pola zona do Ribeiro.

A mañá, disfrutamos da paisaxe dos viñedos,

coñecimos o esforzó e entusiasmo dos cultivan o viño

e exploramos metidos no interior, as adegas.

Que perfección! Cuanta técnica!

Pola tarde, ai pola tarde!

Cos vapores do Riveiro, e cos grados da calor do día,

asistimos a un concertiño e a unha charla.

Os cantores empapados, chorreándolle o suor,

con un público dormido,

resistiron e mantiveron o tipo,

cumplindo como podían,

o programa que o director marcou.

Pobre Felipe Senén! Canto costaba atendelo!

Non estábamos para “historias”.

Cando pasamos ó TEMPLO de VERACRUZ,

un pouco mais relaxados e fresquiños,

escoitamos con atención a charla do historiador Senen.

 

A TERCEIRA fíxose a Praia do Vao e a Illa de San Simón.

Nesta última saída contemplamos a nosa historia e riqueza.

Oríxenes de progreso xa na época romana, preto a Praia do Vao.

Maldades inhumanas, xa en pleno S.XX, na Illa de San Simón.

De aquí levamos o recordó de Manolo Seara, donde él perdeu a vida.

Disfrutamos de impresionantes paisaxes de Praia e mar!

 

No mes de Febreiro, recibimos ó Obispo

que por primeira vez visitaba Seixalbo.

Entrevistouse, citados por o Párroco,

con algúns sectores da Parroquia.

Comprobouse a súa cercanía

e o descoñecemento que da Parroquia tiña.

Comentamos, explicamos, recibiu información.

Parecia receptivo, escoitou…

 

O colexio de Seixalbo, con Mestres, menos e país,

deciden facer un trociño de camino,

dende o Cumial a Fontenova, seguindo a Ruta da Prata.

“Aprendendo xuntos facemos camino”,

así o titulan as mestras que o organizaron.

Pediron colaboración e Seixalbo respondeu:

os actores representaron esceas de outros tempos,

ambientando a historia do Camiño.

A Asociación facilitou, que unha placa na Fontenova quedara

como testigo da súa historia.

 

Este Camiño da Prata, canto reclamo nos da!

En Xuño, un grupo de estudantes franceses,

peregrinos a Santiago, fan parada en Seixalbo.

Mario está o corrente, coordinado con tutores responsables

e con anterioridade,

un concerto de música galega organizou.

Carteis anuncian e invitan ó concerto en Penouzos.

Algúns veciños acompañan os franceses neste evento,

que a pesar da súa adolescencia, escoitan respetuosos.

 

Tamén pasou por Seixalbo, de camino a Santiago,

un tal Francisco Ribera, fillo de Carmina e Paquirri,

ex xenro da Duquesa de Alba, e por mais señas, torero.

Pois sí, tremendo alboroto se montou

e a súa pegada no Bar Deportivo deixou.

 

Unha nota na Rexión, en pleno verán,

da fe de plaga de gatos en Seixalbo

e pasados algúns días,

aparece unha “cazadora” que con sixilo e paciencia,

recolleu gran parte deles.

(E a partires desa data, catro gatos só se ven)

 

En Agosto, misa por Margarita Arce, e despois,

citados na Asociación, entrevista con unha das súas fillas.

Houbo saudos, agarimo e agradecemento mutuo.

 

Gracias o club Padre Feijo,

cita co cine en Penozos.

Película en blanco e negro,

que baixo a luz das estrellas,

nos envolvía de nostalxia e lecer.

 

Unha Virxe mais na igrexa que podemos invocar,

que de Lourdes a trouxeron

os veciños peregrinos que alá foron.

É noviña e feitiña.

Outras imaxes desdicen.

É preciso por a punto Dolorosa e Inmaculada.

Hainas que restaurar! E así se fixo.

 

Ríos Limpos entrevistouse no mes de Agosto,

aquí en Seixalbo

con unha eurodiputada do Bloque,

para falar do que pasa co Barbaña

e dos ríos ourensáns en xeral.

Interesouse, comprometeuse para levar o asunto a Bruselas.

Acudiu a prensa.

Responsables e implicados provinciales,

convocados polo foro da Rexión,

nos días seguintes, reuníronse.

Boas intención, boas palabras…

 

En Setembro, o día 14,

faise pública, tras xuicio (Pouco xuicio)

a inmunidade, nos vertidos no Barbaña,

que en 2009 mataron tantos peixiños.

Non hai culpables!!!

 

E despois de tantos anos

e despois de tanta loita,

en Xaneiro, o día oito, no boletín,

sae a reforma da OU 105.

Sobre mediados de Agosto,

a maquinaria aparece

e comenzaron as obras.

Moi coidadosos non son

e non dudan en levar por diante

aquello que lles estorba,

anque de árboles se trate.

E comenzan as obras,

e igual cas da Pedreira

para as elección estarán!

 

Ai que susto nos levamos,

co asunto do catastrazo!

Así, a chita calando, con cariño de bon home,

o Alcalde manda as cartas.

AGROMADAS recibe as cartas e hai que pagar.

De on sacar os cartos?

Se non hai, buscar baixo as pedras.

Claro que hai que pagar o luxo

do albergue de peregrinos no centro da cidade.

Hai que vender ben Ourense!

Menos mal que Baltar foi ó rescate do cine.

Ca presenza de Tosar e as películas, podemos soñar…

 

Para luxo Vigo.

Canta luz, canto derroche!

O caso é ter visitantes que gasten.

Que importa se unha calle se funde!

Culpables non haberá…

 

Pregúntome que atractivos ten Galicia.

Abel Caballero de Madrid a Vigo veu.

Fraga aquí aterrizou,

Carolina a de Podemos, quixo vir.

E Feijo, facéndose de rogar e de forma moi solemne,

renunciou irse a Madrid. Eí o deixo…

 

Unha ixeneira rusa, afincada en Nova Zelanda,

fai unha tese sobre o relismo máxico de Galicia.

Según ela, a retranca galega é básica para este realismo.

Non sei se os nosos políticos son máxicos ou non,

pero sí, o que teñen é retranca,

nunca se sabe se veñen ou van, se suben ou baixan.

E realismo non teñen,

para eles todo vai ben…

 

E vamos a rematar, pero antes

a nosa felicitación especial

os membros do teatro,

que este ano por primeira vez,

en avós se convertiron.

 

Tamén queremos citar

outra nova esperada,

un café&bar en Seixalbo,

que se chama cento5

 

Desexamos que este ano se impoña,

cordura, sentido común, respecto.

Que os mandatarios do mundo traballen

por un mundo mais humano.

Que 2019 sexa mellor, que este ano que remata.

SORTE E BO ANO A TODOS E TODAS!

 

 

TEXTOS   de Amelia

LECTURA e APORTACIÓNS:   Hétor,   Antonio  e  Hixinio.

 

Nadal  2018

Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadass@gmail.com
alzia.net