No ano 2.011 conmemorarase o 2º centenario do nacemento deste seixalbés
de adopción. Con este gallo haberá que programar algo para esta
efeméride.
No plano da investigación sei que Emilio González Iglesias xa ten feito
algunha cata documental que seguro nos fará máis familiar a figura de
Freire Carril. Unha primeira biografía sería o paso previo para outros
actos na súa memoria, e se alguén quere aportar algo da súa vida a
través dalgún documento, pois sería tamén importante, xa que deica agora
pouco sabemos da súa figura.
Temos que divulgar todo sobre a súa vida en Seixalbo e da súa influencia
sobre os demais veciños, así como tamén da súa personalidade e entorno
familiar, para tecer un bo contexto económico-social da época que lle
tocou vivir, e deste xeito ter a dimensión que Freire Carril merece.