O papanatismo televisivo está lanzando a persoeiros que, sen teren
oficio nin beneficio, dedícanse exclusivamente a desplumar e desmenuzar a
vida íntima doutros seres semellantes a eles; matrimonios, divorcios,
herdanzas, vida sexual e todo tipo de dimes e diretes, son o caldo
diario diante as cámaras. Claro está cobrando para vivir.
Estamos diante a copia burda do que acontecía en tempos no río
comunitario lavando a roupa, ou na perruquería. Como di o meu fillo
Anselmo estes persoeiros dedícanse a “rajar a los demás”.
Cando nos anos oitenta pasamos da televisión herdada do franquismo á
competencia televisiva das cadeas privadas, eu non pensaba que este
medio, que serve para informar, formar e divertir, serviría soamente
para desculturizar e facer de patio de vecindade no máis burdo sentido
da palabra.
Durante o franquismo, lembro que os curas facían mediante a confesión de
psicólogos dos cidadáns da parroquia. E cando escoitaban, preguntaban
cousas moi indiscretas. Agora certos programas da televisión serven para
ir dicirlle a unha moza que é o amor da súa vida e dinllo diante toda
España.
“Te he traído al programa para que sepas lo mucho que te quiero”.
Ou para que a famosa Belén solte groserías rozando o ridículo máis
burdo; ou fale da Campanario ou da Pantoja a cal está liada co ex
alcalde corrupto Julián Muñoz.
En fin: a España do Lazarillo de Tormes segue en plena vixencia. E
segundo parece imos ter prensa rosa para largo, pois a audiencia parece
que reclama estes programas tan formativos e ilustrativos. A verdade é
que estamos como queremos. En Galiza a Telegaita de Feijoo mantén ao
Gayoso lanzando un folclore chocalleiro e ramplón que desdi e afea
bastante nestes tempos.
Pouco avanzamos na calidade dos programas televisivos. Pouco melloramos
na calidade programática. España pregunta e Belén responde. Isto ben a
ser como dicir patio de comedias, ou facendo un paralelismo, zarzuela
barata. Remato pensando que diría Antonio Machado se vivira neste tempo:
España de pandeireta e sancristía... aún sigues durando... Que pena.