Longas horas sentado no peirao fitando o mar,
inundándome co seu son e observando o ir e vir dos barcos.
O tempo.
Semella que para o mar non pasa o tempo.
A súa eterna memoria é testemuña de xeracións e xeracións de homes e mulleres.
Coñecedor dos seus amores e das súas inquedanzas.
Dos erros e das glorias esquecidas.
En silecio.
Semella que para o mar non pasa o tempo.
Sempre co seu constante pálpito.
O meu avó morreu no mar.
E os meus tíos.
Nas noites sen lúa, cando se acende a luz do faro e calou a derradeira gaivota pódense oir os cantos das nereidas dende as illas.
O mar.
E como sentirá ela o mar?
Como explicarlle a ela o son do mar?
Foxo, faixa, feixe, fuxe...
Non. Iso non é o mar.