Síntese unha personaxe famosa (home ou muller), famosa con razón ou sen ela. Os medios mímana, móstrana coma modelo de bo facer, de bo estar. Perseguida polas cámaras, os fotógrafos, os periodistas en busca dun xesto, unha palabra, unha opinión.
Entre os cidadáns de a pé goza de prestixio, é observada con envexa e tamén coma modelo a seguir. Os menos contémplana con escepticismo. Todo lle vai ben, moi ben. Síntese alagada, nun pedestal.
Pero as vidas, as de todos, teñen varias caras e non todo o que se mostra responde a nosa realidade. Cada quen ten a súa cara oculta, os seus bos ou malos segredos. Tamén a nosa personaxe famosa… E un bo día vese descuberta, cae en desgracia. Os mesmos medios que cantaron a súa grandeza, convértena na súa carnada. Tiran á famosa do pedestal e rómpese. Sí, porque unha cousa é saír do armario e outra moi diferente que te saquen del (non ten porqué ser no plano sexual).
Cando descobren, sen nós querer, o máis íntimo, aquelo que creemos só noso, aquelo que non desexamos airear, entón sentímonos espidos e algúns co cu o aire…