Volume 7 Número 2 Ano 2009
Autor:Amelia González Iglesias
A VIDA
Autor: Amelia González Iglesias
Galego
Sempre lle custou desprenderse das cousas e de forma especial das pequenas cousas.
Un dilema á hora de tirar:
unhas cousas poden ter un valor práctico e as máis un valor afectivo, forman parte da súa historia, cada unha delas é un anaquiño da súa vida.
O caso é que a acompañaron nos traslados infinidade de cousas que só teñen valor para ela: cartas, escritos, prensa, traballos profesionais, roupa...

Encóntrase nunha etapa de facer balance, de ordenar as súas cousas.
Abre bolsas e carpetas, vacía caixas e aparece de todo.
Revisa, recorda e revive.
Afloran sentimentos mortos, case todos moi agradables e algúns moi felices.
Intenta clasificar e ordenar.
Agóbiase.
¿Como facer sitio a todo?
Quere as cousas á vista e sen que a estancia pareza un almacén.
“¡Teño que tirar cousas!”
Ordénase. E á vez percibe o eco das voces que llo aconsellan e pensa no cabreo que lle entrará os herdeiros.
Pero...
¿Como seleccionar o que tirar, se todo forma parte da súa memoria?
Sente que todo son referentes que lle servirán para seguir viva e ver un futuro ilusionante.
“Sobre a marcha”, di.
E segue acumulando…
Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadass@gmail.com
alzia.net