Volume 4 Número 2 Ano 2006
Autor:Xosé Lois Valcárcel Valcárcel
NADA ME ESCURECE
Autor: Xosé Lois Valcárcel Valcárcel
Galego
Como a Uxía, nada me escurece.
Ratos roeron o meu corazón,
pero o Amor non puido escapar polos buratos.

As perdas exprimiron os meus ollos,
que liberan á terra da seca.
A intensidade colapsa o centro dos meus sentidos
pois todo decorrer deixa nel a súa pegada.

Navego na mar que semella,
mais non vexo penas,
e coido que sigo ancorado no fondo,
pero agora mesmo sigo e persigo a felicidade que vexo tan lonxe.

Non vou só.
Escollo seres que me arrodean,
A todos eles vomito as miñas espiñas,
porque preciso ordealas de novo.

Ningunha tenrura queda sen dar,
ningún alento a miña boca retén.
E así no derradeiro instante,
non ter ningún asunto pendurado e sen curar.

Sigo sendo Luz feble, pero que alumea.
Insisto e persisto neste mundo.
Sen que ningunha sombra me escureza.

Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadass@gmail.com
alzia.net