Festa de Agromadas 2003
Como cada 1º domingo de setembro, Agromadas celebrou o seu día grande. E como cada ano, o lugar e o menú non variaron: Acearrica de Allariz e polbo e empanada para todos. Sen esquecer o bo viño e os deliciosos e variados postres que cada un ou unha se encarga de aportar á celebración. Porque , como cada ano, ademais do paseo ,a misa de campaña oficiada polo párroco D. Luís e as conversas e xogos que teñen lugar á beira do río. a tradición manda que a boa mesa e o bo xantar poñan o punto culminante a toda celebración que se precie.
N in sequera houbo novidade no tempo, que nos acompañou chuvioso e grisento...coma cada ano.
Os sabores da terra : ben, as empanadas feitas con esmero por Roberto, o polbo ¿ que dicir do noso prato por excelencia? Se non fose tan caro...
O lugar fermoso e acolledor: salgueiros, amieiros e as cristalinas augas do Arnoia.
Allariz, coma sempre: unha vila para pasear, para disfrutar, para vivir. Pero o mellor de todo: a xente, a nosa xente, os socios e amigos de Agromadas, que co seu calor humano, a súa amizade, a camaradería e os lazos de afecto que nos unen, fan que perdure no tempo unha sociedade, que sen ánimo de lucro, se adica a cultivar a música, o teatro e outros aspectos da nosa cultura.
¡Feliz comezo de tempada, que agromen novos proxectos e ata o ano que vén, amigos !