Volume 10 Número 2 Ano 2008
Carta aberta ós nosos intrépidos viaxeiros do século XXI
Autor: María Jesús Pazo
Queridos Marilén, Salva e Saül: Non sabedes con que emoción vos sabemos percorrendo os camiños. Os que vos queremos, pensamos en vós en cada intre. Onde andarán hoxe? Atoparán acubillo para esta noite? Atoparán xente amable que os trate ben, que os comprenda e os acepte? Preguntas lóxicas dende a perspectiva de persoas de certa idade que, aínda que comprendendo e aceptando a vosa aventura, teñen medo a que non todo vaia ben e que non poidamos axudarvos estando tan lonxe. Pero sabémosvos fortes, grandes, de corpo e de corazón, coa fortaleza dos soñadores, dos descubridores, dos intrépidos, dos que non se domean ante as dificultades, ante o inesperado, ante as contrariedades. Sabemos que ó longo da vosa viaxe ides atoparvos con situacións difíciles que vos desanimarán ás veces e vos darán máis forzas para seguir, outras. Neses intres sabede que estaremos con vós, que a forza do noso espírito acompáñavos e solidarizase cos vosos problemas, que vos levamos no corazón. O voso é un exemplo de vida, de autenticidade, de integridade moral e consecuencia cos propios ideais, un exemplo para seguir: a pescuda doutras posibles vidas, que sen ningunha dúbida existen, teñen que existir. E merecerá a pena, xa non polo que finalmente atopedes, senón polo lo que ó longo da viaxe vivades. Ata pronto, meus, mil abrazos e boa viaxe!