CAMARIÑAS
Eu pasei por Camariñas,
por Camariñas cantando.
As mozas de Camariñas
quedan no río lavando.
Esta cantiga sinxela e fermosa ten un texto cheo de beleza e singularidade, e unha melodía sinxela. Eu diría que é unha das creacións populares máis interesantes da nosa música tradicional. A día de hoxe está moi difundida, sobor de todo pola versión que fixo un grupo musical galego. Versión chea de lirismo na que a introdución do violonchelo xunto coa voz da solista teñen un papel moi destacado e interesante. Isto vén a demostrar que cando a música tradicional se interpreta fuxindo das versións chocalleiras e case ridículas, o oído noso agradéceo e goza con esas versións.
Arranxeina para guitarra nunha tonalidade na que realmente é fácil de interpretar. Pretendo que os que se inicien neste instrumento a poidan tocar.