Novas Novembro 2011
Concerto da Capela Madrigalista
Data: 30/11/2011
Información sobre a ampliación de prazos para as ITEs, Inspeccións técnicas para casas e reforma do PERI
Data: 30/11/2011

O pasado día 23 de novembro o arquitecto encargado do PERI de Seixalbo, José Antonio Padrón, mantivo de novo unha xuntanza cos veciños na que informou da ampliación do prazo para realizar as ITEs das casas. Houbo unha prórroga de presentación  para as edificacións anteriores a 1910: amplíase ata o 31-12-2012.
Asemade recalcou que a responsabilidade da presentación das ITEs é dos propietarios polo que é moi importante ter coidado á hora de contratar os servizos dos técnicos que as realicen.
Nesta reunión informou tamén de que se están a redectar modificacións do PERI de Seixalbo para incluílas despois no novo PXOUM:
Incluír usos distintos ós de vivienda habitual nas edificacións, o que permitirá o acceso a subvencións para a apertura de establecementos de negocios animando a solicitar as subvencións para este tipo de rehabilitación.
Adaptación das fichas dos edificios ás necesidades da cidadanía: portas para garaxes máis amplas, maior altura do teito dos pisos, etc

O local social de Agromadas cobra vida
Data: 29/11/2011
30-oct-2011

Daniel Alexandre Iglesisas Losada nun momento do concerto no local de Agromadas

Daniel e Leonardo Blanco.

Miguel Karballo Álvarez presentando "Socioeconomía Humanizada"

A primeira das actividades programadas desde Agromadas para este trimestre foi valorada moi poistivamente pola directiva e polo público asistente: “Cumpríronse de sobra as expectativas”, aformou o Presidente Manuel Herminio.
O público gosou dunha presentación interesante e amena das propostas de Miguel Karballo, co que se abriu un pequeno debate. Despois foron Daniel Alexandre Iglesias Losada e Leonardo Branco os que fixeron vibrar ó público que enchía a sala: un programa difícil, pero exquisito con obras coma as de Piazzola, executado con mestría. Para o bis requerido insistentemente polos asistenten Leonardo e Daniel reservaron unha versión da coñecida peza “Lelia” con arranxos de Manuel Herminio. Para rematar, Agromadas ofrecía petiscos e bebidas, momento idóneo para o intercambio de ideas, parabéns e futuras colaboracións.

Mónica Fernández Pintos e música grega en Seixalbo
Data: 26/11/2011

O sábado 26 numerosos veciños e amigos achegáronse a Seixalbo para compartir unha velada chea de vida. Para comezar, Mónica Fernández Pintos presentou a súa novela Que los niños se vayan al campo. A obra, ambientada na Guerra Civil Española non pretende ser unha obra polémica sobre a guerra fratricida; baseada na historia da súa familia que sufriu por igual as crueldades de ambos bandos, é unha homenaxe á súa avoa, que sabe saír adiante con valentía no medio dun desastre que non acaba de comprender e non que non quixera verse involucrada.

Logo, coma sempre, houbo música en directo cun ambiente desenfadado e de festa; esta vez foi música grega, algunhas das pezas ben coñecidas por todos. Grazas a todos os que colaboraron fíxose posible este pequeno concerto: Sula Repani e Beppe Branca, Miguel Bande, Enrique, J. Mª López, Marisa Nóvoa, Isidoro Borrajo, Luís Borrajo, Raquel Zon, Chus Pazo, Andrés González Seara, Marga Seara, Amelia e Emilio González, Manuel Herminio Iglesias… Boa vontade e bo facer e unha gran dose de improvisación para sacar adiante unhas cancións que nunca ata uns minutos antes interpretaran todos xuntos: xoldra entre amigos. Aínda así, os asistentes gozaron co ambiente e a música.

 

E para celebralo, un pouco de comida grega preparada na casa: spanakópitas, halvás, lukumades, baklavás… regados con uzo e retsina. Todo un luxo.

<iframe width="420" height="315" src="//www.youtube.com/embed/7y-18YZyXTk" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>



 

A marea azúl e Seixalbo
Data: 21/11/2011

Por Manuel Herminio Iglesias

A marea azul chegou á Moncloa. Arrasou en Galiza, goberna en todo Ourense, pero non pode coa aldea “gala” de Seixalbo, onde os seguidores de Zapatero resisten.

Pois évos a verdade. Os resultados de Seixalbo son un dato curioso. Nesta anterga vila e couto de Ourense,  os populares non son capaces de rachar a maioría do PSOE. Vese, ou percíbese, que o noso pobo ten  moito cariño polo partido da rosa e do puño.

O certo é que Seixalbo segue a ter tufo a algo entre rosa e roxo. E iso que a mesa electoral  estaba presidida por un crego que veu expresamente de Roma e que eiquí case ninguén coñecía. Fixádevos que importantes somos que ate temos un crego no Vaticano. Sábedes quen era, pois Agromadas cos seus redactores,  soubo que era un dos fillos do dono do pazo que fora de Estanislao Reverter e que está no camiño de Riazón, ou sexa, fillo  do Ramos. Home sumamente correcto dirixiu a mesa moi ben, mesa na que os socialistas non mandaron a ningún representante. Pero gañaron. Cousas veredes.

Boeno este foron os resultados.

Censo de votantes …………….752

Votaron…………….582…….77,39 %

Nulos ……………………………………7

Brancos…………………………………5

PSOE………………………...……….261

PP…………………………………….227

BNG……………………………..…… 54

Esqueda Unida  ……………….……12

UPyD………………………….……….4

ECUO………………………………….4

Converxencia XXI……………...…….2

PJM……………………………………3

Partido animalista……………..….…2

Unificación comunmista……......…..1

Magostos en Penouzos
Data: 05/11/2011
6-nov-2011

O sábado pola noite os veciños reuníronse na Aira de Penouzos convocados pola Asociación San Breixo; non foi dos anos con máis concorrencia, seguramente porque a esa mesma hora o Partido Popular convocáraos a un mitín no Local dos Barreiros polo que a xente quedou algo repartida. Iso si, non faltaron autoridades: Marta Arribas, Fidalgo Areda, Laura Seara…
O domigo, no mesmo lugar celebraba a Asociación Cultural Agromadas o Magosto. Como se vén facendo estes últimos anos, aprovéitase para celebrar a Asemblea Xeral Anual, na que quedaron aprobadas as contas e o proxectos para os vindeiros meses.

Chus Pazo (secretaria), M. Herminio Iglesias (presidente), María Nóvoa, (tesoureira), Sergio Amils (vogal) nun momento da Asemblea Xeral celebrada en Penouzos o 6 de novembro.


Mentres os socios celebraban a asemblea dentro do local, fóra esperaban ansiosos a que rematara para atacar.


Arturo e Hixinio: todo o mundo colabora pero eles son os que máis carne poñen no asador cada ano.


Máis de oitenta socios e amigos déronse cita en Penouzos.


Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadass@gmail.com
alzia.net