O Concello de Ourense, en concreto, Turismo,
responde a unha vella petición das asociacións de Seixalbo: editar un pequeno
folleto turístico sobre Seixalbo.
O roteiro en forma de despregable está xa no
prelo. Constará dunha ruta polo casco urbano de Seixalbo no que se salientan os
recunchos máis fermosos e entrañables, e un sendeiro pola zona verde. A
Asociación Cultural Agromadas colaborou activamente na súa elaboración, tanto
cos textos como coas fotografías.
Con esta publicación calquera que se achegue a Seixalbo poderá descubrir parte da súa historia percorrendo rúas e camiños.
http://www.youtube.com/watch?feature=player_detailpage&v=l2pw78Tfa2g
http://www.ourensedixital.com/_novas/11/05/26_03.htm