Novas Outubro 2012
As Canellas: "Cando o sol quenta máis"
Data: 25/10/2012
A Asociación xuvenil As Canellas de Seixalbo comeza a súa andaina convocando a todos os veciños e amigos á proxección do documental "Cando o sol quenta máis". 
O acto tivo lugar no Local da Asociación de Veciños San Breixo, e ademais da película a Asociación invitou á súa autora Alba Cid.


Eleccións Autonómicas 2012
Data: 20/10/2012
A xornada transcurriu sen ningún tipo de incidentes.
Censo..................................................................763
Votos................................................................... 564
Abstencións...................................................... 199
Votos Nulos......................................................... 17
Votos en Branco.................................................... 8

Partido Socialista de Gailicia........................... 202
Partido Popular................................................... 161
Bloque Nacionalista Galego.............................. 62
Compromiso por Galicia..................................... 36
Alternativa Galega de Esquerda........................ 29
Democrácia Ourensana..................................... 27
Sociedad Civil y Democracia............................. 10
Pitaras da Galiza.................................................... 1

Nova iniciativa para liberar espazos nas rúas
Data: 08/10/2012

O problema de rúas ateigadas de coches non é exclusivo de Seixalbo, porén aquí percíbese un aumento vertixinoso de coches aparcados que ocupan un espazo ás veces imprescindible para desenvolver unha vida normal. Os veciños vense ás veces obrigados a ir buscar alguén á casa ou ó bar para poder facer uso da porta de entrada na casa; tampouco os ususrios son moi conscientes do drama que pode orixinarse de ter que achegar unha ambulancia o un coche de bombeiros a certos lugares dos casco vello
As tentativas para aliviar ou paliar a situación veñen de lonxe: cando se arranxou a Praza do Cabido quedou prohibido o estacionamento nese lugar: ademais dos sinais colocáronse bancos para estorbar a libre circulación e o estacionamento, feito que non foi moi ben recibido por algúns veciños. Se ben era certo que había casas ás que quedaba impedido o vado ós baixos onde se gardan vehículos, a iniciativa semellaba ser razonable e acorde coa vida tranquila e rural. Pero non callou e pouco a pouco o Cabido voveu a converterse en cómodo aparcadoiro.

Agora tocoulle á Praza Maior. Esta vez optouse pola colocación de bloques de pedra que permitan o acceso ós baixos pero que estorben a acumulación de coches aparcados, ó tempo que serven de asentos. 

Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadass@gmail.com
alzia.net