Novas Novembro 2012
Asamblea Xeral da Asociación de Veciños
Data: 30/11/2012

O día 1 de decembro tivo lugar a Asemblea xeral da Asociación de Veciños San Breixo na que están representados a meirande parte dos seixalbeses.
Presentáronse as contas, que foron aprobadas por unanimidade, fíxose o balance das moitas actividades levadas a cabo durante o ano e fixáronse obxectivos a acadar: arranxar o camiño de Riazón, o recanto do foro e da Requeixada, o lavadoiro de Amendo, buscar lugares para aparcamentos gratuítos e públicos; a este respecto deron pormenorizada conta das xestións feitas para que o novo plan de ordenamento municipal contemple e tramite a adquisición ou cesión de algunhas fincas que terían este fin e que axudarían a liberar as rúas de coches.Xa na quenda de intervencións, a meirande parte dos presentes manifestaron o su malestar pola colocación de cubos de pedra na Praza Maior para evitar a aglomeración de coches; a directiva afirmou que foran consultados sobre esa medida, que en principio pareceu ebn, pero non da localización e distribución destes e que estaban facendo trámites para reorganizalos, engadindo que, se a Praza non se empregara como aparcamento, non estarían agora os cubos alí.
Levantou tamén moita polémica a intervención dun veciño que se sinte se foi contra el de mala fe cando un grupo de veciños entregan un escrito á Directiva para que o tramitase ante o Concello preguntado se tiña autorización para o cerramento da finca situada en Amendo, a carón dos colectores de lixo, tendo en conta que xa deixaba unha media de metro e medio para o camiño respecto ó cerramento vello.
A directiva defendeuse dicindo que só se tramitara unha pregunta que se presentara no Concello e na Confederación Hidrográfica, posto que a Asociación participa activamente na Plataforma Ríos Limpos.Dáse a casualidade que a Asociación estaba tramitando a merca desa finca para que servise de aparcadoiro público. Algúns veciños interviron en defensa das xestións da Asociación, argumentando que os retranqueos e permisos deben ser tramitados por todos.Finalizou a asamblea co anuncio da convocatoria de eleccións que se levará a cabo no derradeiro trimestre do vindeiro ano e a intención de non presentarse de novo á reelección.

O cerramento dunha finca en Amendo acaparaou unha boa parte do tempo da Asamblea


Froles d'ouro unha nova obra de Manuel Herminio Iglesias
Data: 27/11/2012

O martes 27 de Novembro ás 7 da tarde no CONSERVATORIO de MÚSICA de OURENSE presentouse o libro de música para guitarra FROLES D´OURO de Manuel Herminio Iglesias.

Estivo presente pola editorial  DOS ACORDES Javier Jurado. Varias pezas foron interpretadas polo guitarrista DANIEL ALEXANDRE  IGLESIAS. 


Cursos do Concello en Seixalbo
Data: 18/11/2012
Participación cidadá do Concello de Ourense organiza cada ano unha ampla gama de actividades que coordina en Seixalbo a Asociación San Breixo. Para paraticipar neles esta asociación veciñal ten como norma que se estea asociado e que ademais se fagan efectivos dez euros.
Os cursos e horarios son os seguintes:
  • PILATES, Luns e mércores en Penouzos de 17:30 a 18:30
  • MEMORIA, os martes de 19 a 20:30  no Local Central
  • RISOTERAPIA os venres de 18 a 19:30
  • INFORMÁTICA, os mércores de 19:00 a 21:00; este curso faise en Ourense.



Rubén Riós presenta a súa última curta en Seixalbo: "coser e cantar"
Data: 17/11/2012
As Canellas, asociación cultural xuvenil que acaba de pórse en marcha (http://ascanellas.narede.gl), organiza unha charla coloquio con Rubén Riós, o polifacético actor de Prado Longo ou Vilamor. Despois do coloquio proxectarase a curtametraxe: "Cose e cantar"
Será no Local da Asociación de veciños
http://www.youtube.com/watch?v=KQOKYRpnI0Y


Magostos pasados por auga
Data: 11/11/2012
Este ano non se cumpriu aquilo de que para o magosto sempre vai bo tempo. Os primeiros en celebralo en Seixalbo foron os de Agromadas, e prevendo us chaparróns colocouse un toldo e as mesas puxéronse dentro do Local; logo non foi para tanto. 
O fin de semana seguinte tiveron peor sorte os da Asociación de veciños como organizadores e quizais por iso non houbo moita xente. Será que o clima está a cambiar.
Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadass@gmail.com
alzia.net